Finaliza a presente edición da Copa de España de Voleibol Cadete e Xuvenil 2018 celebrada estes días no Polideportivo Pisuerga de Valladolid na que participaron 231 equipos e o combinado do Club Instituto Zalaeta Voleibol obtivo a segunda praza e Medalla de Prata na Categoría Cadete Feminina 2 despois dunha emocionante participación no torneo.
“A Copa España de Voleibol en categoría cadete e xuvenil pechouse este domingo cunhas cifras de impacto. 17 instalacións, 49 pistas de uso simultáneo, 231 equipos e 3696 participantes son algunha das impactantes cifras que no aspecto deportivo move o evento de maior participación do voleibol nacional. Uns datos que se completan cos 155 árbitros e 100 voluntarios que fan posible que se disputen 793 encontros en apenas catro días de competición e que coroou este domingo aos seus nove novos campións”. ( RFEVB)
Destacada actuación do equipo do Instituto que participou na Copa de España Cadete Feminina 2, categoría na que se clasificou para disputar a final ante o CVC Villalba e obtivo unha merecida Medalla de Prata.
O CV Zalaeta desprazouse a Valladolid coas xogadoras Lidia Mareque, Iria González, Lucía Ferreiro, Sara Ordoñez, Sandra Castro, Valeria Álvarez, Paula torres, Alba Otero, Lucía Alonso, Rebeca, Laura Alvedro, Icía Álvarez e Carlota, coa adestradora Cristina G. Bermejo e como delegada Emma Ordoñez.
Comezou a competición encadrado no Grupo B, o xoves 27, con vitoria ante o CV Rozas por 0-2, con parciais 17-25 e 12-25, e continuou a seguinte xornada de venres, tamén con senllas vitoria ante o CVS Fustes Can Vaquer Sóller, 2-0; 25-20 e 25-23 e pola tarde mesmo resultado, 0-2 co AE Carles Vallbona B, 16-25 e 18-25. Estes resultados permítenlles clasificarse invictas como primeiras de Grupo B e pasar á seguinte rolda para disputar os postos do 1º ao 16º na que se enfrontarán ao equipo asturiano CV Cangas de Onís.
O sábado 29 na pista Pisuerga 2 impóñense con facilidade ás asturianas por 2-0, 25-10 e 25-12, dando un paso máis na clasificación e pasando á seguinte rolda, de 1º ao 8º ante o Blanc de Gris CV Manacor.
Ás 12:00 enfróntanse á mancorís nun partido a vida ou morte, o premio sería meterse na loita do 1º ao 4º, e as do instituto realizan o partido do campionato no que comezan perdendo o primeiro set, cun avultado resultado, 16-25, pero son capaces de remontar no segundo empatando o partido cun axustado 25-23. Xógana no desempate, cun irresistible inicio das de Manacor que poñen no marcador un 0-7 para que de novo as coruñesas remóntenlles e impóñanse no límite por 17-15.
Na mesma xornada de sábado, pola tarde, xóganse o pase á final ante o CV Olot, nun partido no que as catalanas aguantan o primeiro set que leva o Zalaeta cun 26-24 para impoñerse máis claramente no 2º por 25-17 e pasar á final.
A final dispútase o domingo 30 ás 12:00, e xógana o CVC Villalba e o Club Instituto Zalaeta Voleibol, na que finalmente se impoñen as madrileñas nun bo partido cun resultado de 2-0 con parciais 25-23 e 25-19 e obteñen a Medalla de Prata.
O equipo de Cristina tentouno e estivo dentro todo o encontro, pero tivo que ceder ante o empuxe do CVC Villalba que se proclama Campión desta edición 2018 da Copa de España de Voleibol Cadete Feminino 2.
Excelente clasificación, e histórica para o equipo do instituto, esta Medalla de Prata nesta edición da Copa de España Cadete, na que temos que felicitar ás xogadoras polo papel realizado así como ao corpo técnico encabezado por Cristina coa inestimable axuda de Emma. Felicitacións ao Club e públicos agradecementos ao IES Ramón Menéndez Pidal, Instituto Zalaeta.
E non debemos esquecernos do inestimable apoio de “equipo” de pais, sen eles nada disto sería posible.