/REMONTADA CORUÑESA SF2: UVa 2 FISIOMÀSZALAETA 3

REMONTADA CORUÑESA SF2: UVa 2 FISIOMÀSZALAETA 3

  Ás 18:30 comezaba o encontro de SF2 no Fonte de la Mora de Valladolid, que dirixido polo colexiado Carlos Portugal, finalizou cun resultado de 2-3 con parciais 25-21; 25-16; 16-25; 17-25 e 11-25 (94-102).
 UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: Sonia Martín, Marta Olmedo, Aída Illerías, Elisa Galán, Mª Vitoria López, Ángela González, Ana Jimenez, Mónica Bermejo, Raquel Palma, Marita López de Vega, Anais Álvarez de Granada, Patricia Ramos, Rebeca García e Jimena Tamayo.
Adestrador Álvaro Hernández.

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lida Gudge, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Laura Vázquez, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Mal comezo de partido das coruñesas que perden o primeiro set ante unhas valisoletanas que fan os xusto para gañar a un Zalaeta romo en ataque que tamén se ve superado na rede polo rival. O segundo set é para esquecer, unicamente 6 puntos de ataque é toda a bagaxe das de Barrero que parece que se encamiñan a un final rápido de set e tamén de partido, o que se pode destacar é unha mellor actuación en recepción e a contención no número de erros cometidos.
  Non pode ser, o nivel é moi baixo, algo sucede, e este é o momento, agora ou nunca deberon de pensar as do Instituto, e o terceiro set é o de reacción, ou o da resurrección do equipo, e pásanlle por encima ao Uva, eficacia en recepción e o ataque recupérase e obtense a mellor porcentaxe do partido, e sobre todo cométense poucos erros o que dá seguridade no xogo e facilita a remontada.
  Imos a cuarto, o ánimo é outro, e parece que o equipo tamén. Os primeiros sets están esquecidos e ofrécennos unha repetición do set anterior, o ataque funciona e a contención de erros é máxima, só 2 erros por 11 do adversario que non as ten todas consigo. Empatan o partido e de momento levan xa 1 punto.
  Chega o desempate, o quinto e definitivo set, hai ilusión e tamén posibilidades de obter unha vitoria a domicilio, merécenno, a capacidade de reacción é importante, algo está a cambiar neste equipo. 7-8 ao cambio de campo no tie break fai augurar un bo final que se materializa cun 11-15 que lle permiten sumar dous importantes puntos nesta xornada.
  Raquel Palma do Uva máxima anotadora do partido con 20 puntos, 19 ataques, seguida de López de Vega con 12. Polo FisiomásZalaeta, repartición de anotacións, catro xogadoras por encima dos 10 puntos: Susana Suarez e Emma Ordoñez con 13 puntos cada unha e Tania Cobos e Lida Gudge 10 puntos cada unha.
  Súmase nun desprazamento complicado, e faise remontando un encontro que parecía perdido, con confianza nas posibilidades propias, deixando o mellor de cada unha na cancha, o mellor o nivel de erros que foi moi baixo, 25 nada mais en 5 sets, con soamente dous erros no cuarto e no quinto, a ter en conta.
  Súmanse dous puntos de ouro nunha xornada na que os rivais directos, Teis e Torrejón perden os seus respectivos encontros nas súas canchas, e achegámonos ao Xuvenil de Teis que agora mesmo lévanos 1 punto e co que xogaremos o último derbi da tempada na próxima xornada no Barrio da Flores.

A tarde de onte disputamos un dos mellores partidos que fixemos a domicilio esta tempada, xunto co partido de Tenerife. Chegabamos a Valladolid coa necesidade de puntuar, sabiamos que Torrejón en casa estaba a sacar bos resultados e que nos faría falta algo positivo para poder seguir fóra dos postos de descenso.
Os dous primeiros puntos do partido foron o preámbulo do que sería o encontro, 2 puntos que foron de intercambios longos con moitas defensas a ataques contundentes, apoios a bloqueo por ambos os equipos e minimizando os errores. O primeiro set foi do mellor que fixemos esta tempada, só que diante tiñamos a un equipo que pelexou ata o final por tentar meterse nos postos que dan acceso á liguiña de ascenso. Este bo xogo e ritmo permitiunos sobrepoñernos a unha vantaxe de 10 puntos que chegou a ter UVa neste set e que nos deu ás para chegar pelexando ata o final.
No segundo set mantivemos a mesma tónica, pero Valladolid mostrábase moi forte e contundente, era moi difícil pechar un punto no seu campo e foi esta a razón pola que a punto estivo de sacarnos do partido, xa que levantaban todo e esperaban a que nos precipitásemos en xogadas de ataque. O terceiro empezou moi ben para nós, rapidamente fómonos con 3-9 de vantaxe, volvemos recuperar confianza no xogo e Valladolid afrouxou un pouco. Nunha boa serie de xogo local lesiónase a colocadora titular de Valladolid e obriga ás vallisoletanas a variar o seu xogo, xa non pechan tantas pelotas en ataque e dannos máis vantaxe. Con esta tónica levámonos o terceiro e o cuarto con comodidade.
No quinto, sabiamos a importancia de gañar os 2 puntos:  practicamente deixaba lista a permanencia xa que Torrejón perdía 0-2 contra Soria en casa, aínda así empezamos algo descentradas,  o cambio 8-7 reflectía a igualdade no xogo, a partir do 11-11 un bloqueo pola nosa banda e un par de contraataques, permítennos distanciarnos e levarnos o quinto set e os dous puntos de ouro.
Con este resultado certificamos a permanencia unha tempada máis na categoría de prata do voley nacional

 
Fernando Cueto.

RESULTADOS DA XORNADA DAS LIGAS GALEGAS:

      1ª DIVISIÓN SENIOR
AUTOSCANCELA ZALAETA  3   CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS   0   (25-18; 25-14 e 25-11)
 
     1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOSCANCELA ZALAETA  3   CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS  0  (25-12; 25-8 e 25-15)
 
     2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  1   VOLEIBOL LUGO  3  (22-25; 17-25; 25-13 e 19-25)  

    1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  3  CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICA  2  (25-14; 17-25; 25-17; 19-25 e 15-6)