/VITORIA DO FISIOMÁSZALAETA ANTE O CV TORRELAVEGA POR 3-2

VITORIA DO FISIOMÁSZALAETA ANTE O CV TORRELAVEGA POR 3-2


  O Zalaeta imponse ao Torrelavega nun traballado partido de SF2 no Barrio e suma dous importantes puntos nunha xornada complicada na que o Torrejón puntúa no seu partido ante o líder.
  O partido daba comezo no Barrio das Flores ás 19:00 dirixido polos colexiados Aroa García e Alberto Suarez, e finalizou cun resultado de 3-2 con parciais: 25-10; 25-22; 21-25; 23-25 e 15-13, (109 – 95).

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lida Gudge, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Laura Vázquez, Sara Díaz, Tere A. Oria, Tania Fandiño, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

CV TORRELAVEGA: María Segovia, Cristina Oyarbide, Alba Salazar, Laura Trueba, Aroa Sánchez, Lara Quevedo, Noelia Neila, Lida Dacuiña, Susana García, María Cárcaba e Isabel Egusquiza.
Adestrador Rubén Piquet.
 Comeza o partido e as do Instituto saen a por todas, sen dar opción ao Torrelavega realizan un gran primeiro set no que varren da cancha ao rival e cunha gran eficacia en ataque, 12 puntos de 24 ataques, e con poucos erros, tomban literalmente ao Torrelavega que soamente é capaz de facer 4 puntos de ataque.
  No segundo set, baixa o ritmo o Zalaeta e soben as cántabras, pero seguen sendo as locais as que dominan o marcador, o Torrelavega logra un empate no punto 10 e no punto 13, pero ás de Barrero bástalles con manter unha pequena diferenza para facerse co set e asegurarse xa 1 punto no partido.
  Bo ritmo de xogo das locais, poucos erros cometidos ante un rival que parecía que o poñía fácil e encarrilábase un partido cuxo desenlace estaba ao alcance da man. Imos polo terceiro, as coruñesas adiántanse, pero non é duradeira a vantaxe, a partir de 3-3 as de Rubén Piquet controlan o marcador e administrando unha diferenza que aos poucos van ampliando levan o set, poñen o 3-1 no marcador.
  E chega o cuarto cun arranque frouxo do Zalaeta, o que parecía fácil comeza a ser un pesadelo, o Torrelavega cobra un vantaxe de ata 6 puntos, e non é ata o punto 10 que as locais logran empatar. Estamos a revivir situacións pasadas, realizamos máis puntos que o adversario, pero os nosos erros fanlles sumar máis elas e gáñannos o set, imos ao tie break.
  O desempate non é fácil, o Zalaeta adiántase pero Torrelavega recupera, alternancia no marcador, opcións para os dous equipos ata o 12-12 a partir do que as locais deciden gañar o partido e impóñense 15-13 e levan dous importantes puntos con moito sufrimento e moita emoción.
  Bo partido de Emma Ordoñez, máxima realizadora do encontro con 20 puntos, 15 ataques, 4 ACES e 1 bloqueo, seguida de Alba Quirós con 14 puntos, todos de ataques, 13 Susana Suarez, 6 ACES e 11 Inés Rivas. Por Torrelavega, Noelia Neila con 17 puntos e Isabel Egusquiza con 12 puntos.
  Foi un partido longo, de moita tensión no que vimos as dúas caras do Zalaeta. Comezaron moi ben, dominando ante un equipo que non o puxo difícil, que cedeu un primeiro set cunha gran diferenza, pero que aos poucos soubo controlar a situación ante a ansiedade das locais por levar os tres puntos. Nos dous primeiros sets as do Instituto fixeron boa a súa eficacia e impuxéronse con facilidade, pero de novo apareceron as dúbidas e foron vítimas do seu propio xogo, demasiados erros obrigáronlle a deixar un punto no camiño.
  A ter en conta, cometéronse máis de 40 erros, deles 27 erros de saque, que se aproximan a case a metade dos puntos que realizou o contrario.

Importante vitoria a cultivada onte no Barrio ante o CV Torrelavega, un partido moi parecido ao vivido hai 3 semanas contra Lugo, mesma tónica do partido e idéntico resultado. Empezamos o partido moi intelixentes no saque, con moita intensidade nas 6 rotacións que afogaba a recepción de Torrelavega, reducindo a un (15%, 5%) a súa recepción. Sabiamos que se podían ían xogar coas centrais, e logramos anular dunha forma moi clara as súas opcións de xogo polo medio, algo que era crucial para nós, e así foi que só conseguiron realizar 3 de 17 ataques  polo centro no primeiro set.
O segundo set igualouse moito, Torrelavega saíu con máis confianza e empezou a arriscar no saque e saíulle ben ao principio de set baixando así a nosa efectividade na recepción, unido a unha baixada da eficacia de noso saque, permitiulles a elas aos poucos ir collendo confianza no seu xogo e ir entrando máis nas súas opcións coas centrais, e a pesar de non realizar a súa mellor versión, ir reforzándose para o terceiro.
Ao comezo do terceiro é cando empeza a nosa peor versión no partido, incrementamos moito os fallos nun set no que ao rival chegoulle con facer 12 puntos propios para levar o set. Torrelavega cambiou a colocadora e dedicouse a facer un xogo máis sinxelo con pelotas altas polas ás, baixaron o seu nivel de erro e dedicáronse a xogar cos nosos fallos, isto serviulles para facer o 2-1. O cuarto foi un set no que estivemos a remolque todo o tempo, elas levaban a iniciativa no marcador, ata que un refacho de Sara desde o saque permítenos poñernos por primeira vez por diante no marcador con 19-18 ao noso favor, desde este momento 3 puntos delas unidos a 3 erros nosos permítenlles facerse co cuarto set e igualar o partido.
 O quinto set foi dos máis atípicos que vin, sempre se di que o quinto llo leva o equipo que menos falla, salvo esta vez, 8 erros démoslles a Torrelavega, que con 5 puntos realizados no quinto a punto estivo de levar o partido, só 1 bloqueo nos momentos finais e un par de erros en ataque de Torrelavega, deronnos a opción de conseguir a vitoria no encontro. Este resultado unido ao 2-3 de Torrejón contra o Grupo, permítenos agora mesmo distanciarnos 1 punto respecto ao conxunto madrileño, ao que queda un partido menos para finalizar o campionato, xa que descansan na última xornada. 

O noso seguinte compromiso será en Valladolid contra a UVA o sábado 25, unha nova xornada moi intensa para a loita pola permanencia.  

Fernando Cueto.

https://www.youtube.com/watch?v=IpJFBoK2MFU

RESULTADOS LIGAS GALEGAS.

   1ª DIVISIÓN INFANTIL
EMEVE  2  CI ZALAETA  3  (25-15; 25-27; 25-16; 21-25 e 14-16)
 
    1ª DIVISIÓN XUVENIL
EMEVE  3  AUTOSCANCELA ZALAETA  2  (23-25; 25-14; 25-21; 18-25 e 15-11)