/SF2: REDPISO CV TORREJÓN 1 FISIOMÁSZALAETA 3

SF2: REDPISO CV TORREJÓN 1 FISIOMÁSZALAETA 3

  Bo partido do FisiomásZalaeta que obtén unha importante vitoria a domicilio ante un rival directo sumando os tres puntos en xogo que lle serven para subir unha posición na táboa.
  Ás 19:30 comezaba no Municipal José Antonio Paraíso o partido de SF2 correspondente á 13ª xornada, dirixido polo colexiado Vicente Barranco finalizou cun resultado de 1-3 con parciais 20-25; 25-23; 13-25 e 16-25.

REDPISO CV TORREJÓNRaquel Virumbrales, Andrea García, Sonia García, Sara Castro, Eugenia Sageras, Laura Benito, Alba Hernández, Rocío Irueste, Ana do Rosario, Patricia Hernández, Ángela Delgado, Alba Doyaguez, Contín e Llorente.
Adestrador JR Canles.
 
FISIOMÁSZALAETAPatri Santos, Lida Cereijido, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
  Comeza o partido con alternancia no marcador, cunhas locais que timidamente tentan despegarse do galegas pero a partir do punto 10 son as visitantes as que se adiantan e levan as rendas do xogo ata poñer o 0-1, cun set no que superan en ataque ao Torrexón cometendo moi poucos erros. O segundo é o da reacción das locais, non deixan que o Zalaeta se adiánte, e dominan o set ata o punto 24-17 no que as de Barrero realizan un parcial de 0-6, pero que non é suficiente para facerse co segundo, 1-1 no marcador.
  Chegamos ao terceiro, as do Instituto declaran que veñen dispostas a levar os puntos en xogo e dominan o set desde o comezo, cometendo poucos erros e con refachos de 4 e 5 puntos obteñen a maior diferenza do encontro. No cuarto continúa o Zalaeta insistindo, e non lle permite ao Torrejón achegarse, unicamente logra empatar no punto 12, para ver como se abre diferenza no marcador que leva a un definitivo 1-3 que dá a vitoria ao equipo da Coruña.
  Con este resultado confírmase a liña ascendente o conxunto de Barrero, que se bate con decisión e aprende a resolver nos momentos importantes. Bos números en ataque cun 39% de eficacia e 43 puntos, 12 ACES e 12 puntos de bloqueo é o máis destacado unido aos poucos erros cometidos no partido, que serve para rendibilizar as diferenzas obtidas.
  Estamos nun cambio de ciclo de xogo, os erros propios non permitían recortar diferenzas, o cal impedía remontar e decidir en momentos craves, agora sucede ao revés, poucos erros proporcionan seguridade e o bo xogo despregado vólvese eficaz, logrando así 5 puntos nos derradeiros 3 partidos.
  Destacar a actuación da central Inés Rivas que con 20 puntos, 4 ACES e 2 bloqueos, convértese na máxima anotadora do encontro, seguida de Alba Quirós con 14 puntos, 3 ACES. Atención aos 7 bloqueos (e 8 puntos) da central Lida Gudge.
  Polo CV Torrejón, Sonia García 11 puntos e seguida de Patricia Hernández con 9 puntos.
  Parón ligueiro despois desta xornada que se reanudará o próximo 14 de xaneiro cun partido no Barrio no que recibiremos ao Cuesta Piedra Tenerife.
                           
                                         

Importante vitoria hoxe en Torrejón, volviamos repetir o duelo dos 2 últimos equipos da liga pero esta vez saímos reforzados. Viñamos con bastante presión por gañar, unha vitoria colocábanos por encima de Torrexón, en cambio calquera outro resultado deixábanos con moi poucas opcións tendo en conta os resultados que se deron na xornada de hoxe.
Chegamos a un primeiro set no que pasamos un pouco de dúbidas ao principio, estabamos a darlle a vida a Torrexón con fallos os nosos en saída de K1, polo que non conseguiamos despegarnos delas no marcador, algo que fomos conseguindo aos poucos facía o último terzo do set onde acertos en xogadas longas déronnos ese plus para levarnos a primeira manga. O segundo set foi o peor pola nosa banda, un mal comezo non tanto en marcador senón porque iamos 8-8 e o conxunto local había feito tan só 1 punto, aí colleron elas confianza e escapáronllenos, logramos maquillar o resultado cando iamos 24-17, coa entrada da cadete Laura desde o banco, nun refacho moi bo de saques, logrou colocar 25-23. Foi a partir dese momento cando reaccionamos, a importancia do partido requiríao e empezou nosa mellor fase de xogo, con Lida Gudge moi acertada no bloqueo, tiraba por terra as recepcións dobre positivas coas que o rival tentaba o ataque en primeiro tempo, aí logramos aumentar tamén a eficacia en defensa e contraatacamos con moita eficacia.
 O último set pareceuse moito ao terceiro, tivemos un inicio moi bo, pero decaemos rapidamente, o marcador mantívose igualado uns poucos puntos máis,  pero reaccionamos rapidamente para superar ás de Torrejón  e levámonos os 3 puntos sen grandes sobresaltos.
Desde o punto de vista de estatística cabe destacar o papel de Inés Rivas con 20 puntos na súa marcadora e a entrada da cadete Laura Vázquez que no segundo set tivo un papel moi importante ao final e no cuarto tamén sendo substitución de Susana.

Fernando Cueto.

 Resultados dos partidos de Liga Galega xogados este fin de semana. Todos os partidos xogados no Pavillón do Instituto.

  1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  2  XAV CAMBADOS  3  (25-18; 19-25; 6-25; 25-16 e 8-15)
 
  2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  0  VOLEYOURENSE   3  (19-25; 16-25 e 28-30)

YOUTUBE:   https://youtu.be/k_mEk2E7tu4
 
  1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOS CANCELA ZALAETA 3  VOLEYOURENSE  0  (25-13; 25-15 e 25-15)

  1ª DIVISIÓN SENIOR

AUTOS CANCELA ZALAETA 1 CALDARIA VOLEYOURENSE 3 (25-16; 23-25; 16-25 e 21-25)

YOUTUBEhttps://youtu.be/Xcd5eOYQhdk