/CV TORRELAVEGA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

CV TORRELAVEGA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

  No Municipal La Habana Vieja de Torrelavega xogouse o sábado o partido correspondente á 8ª xornada de SF2, que dirixido polo colexiado Daniel Gálvez, comezou ás 18:00 e finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 25-20; 23-25; 25-19 e 25-20.

CV TORRELAVEGAMaría Segovia, Cristina Hermosa, Alba Salazar, Laura Trueba, Aroa Sánchez, Noelia Neila, Lida Dacuiña, Susana García, María Carcaba e Isabel Egusquiza.
Adestrador Rubén Piquet.

FISIOMÁSZALAETAPatri Santos, Lida Gudge, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Laura Vázquez, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

 Regresa de vacio o FisiomásZalaeta do seu desprazamento a Torrelavega onde xogou na mesma liña dos últimos encontros, desprega bo xogo pero non é capaz de conseguir que se traduza en resultados positivos. 
  Nun primeiro set igualado no que as vantaxes non foron superiores a dous ou tres puntos para cada equipo e con poucos erros, no último parcial as locais logran distanciarse e pechar ao seu favor un set no que foron superiores en ataque. O segundo set igual que o primeiro, a maior distancia conseguida por un equipo foi de tres puntos a favor do Zalaeta, as visitantes logran aproveitarse dos fallos do rival e empatan o partido para chegar ao terceiro no que o Torrelavega imponse claramente, mantén as distancias ao longo do set e cobra as maiores diferenzas do encontro a pesar de que as de Barrero logran as súas mellores porcentaxes de ataque.
  No cuarto set, de novo a igualdade vista nos primeiros sets volve ser a tónica do encontro, pequenas diferencias pero finalmente é o equipo local o que se distancia no marcador no ultimo parcial logrando a vitoria no set e no partido.
  De novo a falta de resolución final deixa ao Zalaeta fóra dos puntos neste encontro despos merecer algo máis. Nesta ocasión baixouse a porcentaxe en ataque e no saque non se estivo á altura de anteriores actuacións e á contra sufriuse a efectividade do rival.
  Polo Torrelavega, María Segovia, con 21 puntos máxima anotadora do encontro seguida de Cristina Hermosa con 14. Polo Zalaeta, Alba con 13 puntos foi a máxima anotadora seguida de Tania e Inés con 9 cada unha.

 Sétimo partido da tempada da Superliga 2, no que nos enfrontabamos ao actual campión do Grupo A de o ano pasado, o CV Torrelavega, que esta tempada preséntase con numerosas baixas respecto ao ano anterior.
 Resultou un partido certamente frío, no que a paridade no marcador, non se correspondía coa tensión que debería de haber no campo cun primeiro, segundo e cuarto sets moi parecido.
 Dous equipos moi igualados, con ataques nos  que lles custaba puntuar, e nos que os pequenos detalles deciden os sets. Excepto no terceiro set, en ningún momento houbo diferenzas maiores de 3 puntos, foi un partido con bastantes erros de saque por parte dos dous conxuntos ao longo do partido, favorecendo ás locais  neste caso. Neste  terceiro set, a pesar de ser nosa peor manga atopámonos con que ao final aínda tivemos posibilidades a pesar de que estiveramos completamente descolgados.
 Neste partido tamén temos que contar co factor de que elas teñen un bloqueo sólido, o cal non nos permitía pechar balóns en K1, obrigándonos a traballar moito cos apoios aos nosos ataque e a saídas de K2, nas que o noso rendemento é máis baixo. 

  F. Cueto. 

RESULTADOS LIGAS GALEGAS:

  1ª DIVISIÓN SENIOR

AUTOS CANCELA ZALAETA  3  CV
BRUXAS  0 
(26-24; 26-24 y 25-11).

YouTube:    https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/txk2H6Lytx8 



 
1ª DIVISIÓN JUVENIL
AUTOS CANCELA ZALAETA  3  CV
BRUXAS  0 
(25-22; 25-14 y 25-22).
 
1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  3  CV
BRUXAS  0 
(25-9; 25-9 y 25-10).

YouTube:     https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/oOs6ZtdAFaM

 
2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  3  CV
NARÓN VOLEA  0  (25-10; 25-8 y 25-9).