/RESULTADOS LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL

RESULTADOS LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL

  Practicamente descanso total do CV Zalaeta este fin de semana no que soamente xogaron a infantís que se desprazaron a Boiro para xogar a terceira xornada da Fase de Promoción Grupo E ante o Jealsa Boiro Voleibol,
   O partido comezaba ás 11:00 dirixido polo colexiado O. Matilla e tivo unha duración de 01h 51m e finalizou cun resultado de 3-2, con parciais, 26-24; 25-18; 19-25; 13-25 e 15-11.
JELASA BOIRO VOLEIBOL: Pimentel, Vidal M., Calvo, Ayelén, Ordoñez, García, Figueira, Calo e Vidal C.
Adestrador, Palacio.
CV ZALAETA: Claudia Carreja, Icía Domínguez, Marga Távara, Alba Otero, Icía Álvarez, Sara Carpintero, Paula torres, Alma Carballeira, Lucía Alonso, Laura Alvedro, Iria González e Lidia Mareque.
 
  Enfrontábanse os dous mellores clasificados do grupo, ambos con dúas vitorias, que trataban de resolver quen sería o líder. Partido moi disputado xa desde o primeiro momento, cun set incial no que as de Zalaeta dominaron o marcador, pero que finalmente o Boiro levou cun axustado 26-24. Esta sería a tónica do partido, as visitantes afrouxaron un pouco no segundo e cederon unha maior diferenza de puntos para recuperarse no terceiro, e no cuarto lograr a maior vantaxe do partido, 13-25.
  Co empate no marcador, o tie break tamén foi moi igualado, con pequenas diferenzas, 7-8 ao cambio de campo, chegamos ao final no que unha boa serie ao saque das de Palacio lles deu o triunfo no set e no partido.
  Bo partido das pupilas de Andrea, que deu entrada a todas as súas xogadoras,  e para a que o seu equipo “estivo ben ao saque a pesar dalgún fallo puntual en momentos nos que non se debía fallar, pero sobre todo destacar o traballo na rede cun bo bloqueo e unha actitude moi positiva en defensa.  O peor estivo en non saber manter a concentración no quinto para poder superar ao rival que tiñamos ao alcance da man”. 

TAGS: