Xogaron por Autos Cancela Zalaeta: Paula Lema, Noemí Vázquez, Raquel Rey, Ana Verao, Laura Vázquez, Elisa Álvarez, Nerea Tabeayo, Inés Rivas, Valentina Dorta e Ana Calvo.
Tamén se desprazaba do equipo de Infantís que se enfrontaba ao Colexio Guillelme Brown na liguiña en que se xoga a permanencia na máxima división da categoría.
Ás 12:15 comezaba o partido no P. A Carballeira que tivo unha duración de 01h 06m e finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 17-25; 10-25 e 21-25.
Unha liga de catro equipos a que se disputa o conxunto de Cristina e na que xa suma dúas vitorias de dous partidos, con nada menos que 6 sets a favor e cero en contra. A próxima xornada toca desprazamento a Boiro, para enfrontarse ao Jealsa e finalizar con iso a primeira volta, co obxectivo de obter un resultado positivo.
Xogaron por CV Zalaeta: Claudia Carreja, Marga Cárcamo, Alma Carballeira, Sara Carpinteiro, Laura Alvedro, Andrea Alonso, Icía Domínguez, Lídia Mareque, Paula Torres, Icía Álvarez, Alba Otero e Iria González.
No Pavillón do Instituto xogaba o equipo de Cadetes, ás 11:00, o seu partido correspondente á liguiña de promoción Grupo B ante o IES Ames, que finalizou cun resultado de 2-3 con parciais: 25-16; 22-25; 25-19; 23-25 e 11-15.
Bo partido o que realizaron ambos os equipos con alternancia no marcador, no que a clave puido estar no cuarto, set no que as de Ames forzaron o tie break impoñéndose ás do Instituto cun resultado moi axustado. Xa no quinto, as locais acusaron os nervios, e xogaron unha primeira parte con moitos erros, realizando os seus puntos e as das rivais, para remontar despois do cambio de campo, pero sen lograr impoñerse cedendo un partido que tiñan ao seu favor.
Na próxima xornada recibimos ao EMEVE que con dúas vitorias encabeza provisionalmente a clasificación.
Por CV Zalaeta xogaron: Lucía Vendrell, Bea Rodríguez, Mariña Albaiceta, Inés Rúa, María Orro, Cata López, Noelia Vázquez, Salam Fernández, Andrea Rial, Ainhoa Castro e Paula Rey.
Ás 13:00 deu comezo o partido que finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 14-25; 25-20; 25-6 e 25-12.
Gran comezo do Zalaeta que se adiantou no marcador impoñéndose claramente ao EMEVE cunha diferenza substancial e un xogo de alto nivel que non deixaba lugar a dúbidas. As lucenses víanse sorprendidas na súa cancha pero responderon no segundo set non deixando xogar tan cómodas ás visitantes, ás que lles custaba superar ao conxunto de Val, e nun set con opcións para ambos os equipos, foron as locais as que finalmente lograron pechar ao seu favor o marcador e empatar o partido.
Este final a unhas deulles ás, e a outras afundiunas, o EMEVE continuou na súa liña e sen dar opción ás de Coruña impúxose no terceiro set cunha gran diferenza no marcador, nun set no que as visitantes non lograron facer outra cousa que enlazar fallo con fallo, un 25-6 dio todo. No cuarto set tentaron remontar, pero era difícil, en fronte estaba un equipo embalado pola vitoria, melloraron e maquillaron un pouco o resultado, pero as locais levaron os puntos en xogo.
Tivo dúas caras o partido, unha primeira na que as pupilas de Tania despregaron un xogo excelente, sobre todo no primeiro set, cun gran xogo de ataque e sen erros, pero que logo se estrelaron ante un equipo que logrou controlar a situación antepoñendo unha boa defensa e un grupo moi compenetrado no que sobresaíron os puntos de ataque de Lucía Prol.
Polo Autos Cancela Zalaeta xogaron: Raquel Rey, Paula Lema, Paula Castro, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Ana Verao, Valentina Dorta, Claudia Carreja, Nerea Tabeayo, Laura Vázquez, Ana Calvo e María Romero.
Tamén xogaron as máis pequenas do club que continúan a súa liga particular no Polideportivo de Monte dás Moas, onde este fin de semana xogaron as alevíns que xogaron contra Oleiros, nun partido moi rifado e no que a pesar do resultado as do Zalaeta tiveron opcións e realizaron un bo partido. Mágoa, xa estabamos afeitos gañar, pero como nos di a adestradora Patricia, “este fin de semana non puido ser e perdemos contra Oleiros 2-1, nun partido no que xogamos moi ben e foi moi axustado, no último set perdemos 16-14 despois de ter unha bóla de set e punto de partido. Encaixamos así a primeira derrota da tempada”.
O próximo fin de semana volvemos á competición co equipo benjamín, a súa segunda xornada de liga, nesta ocasión no pavillón de Calasancias. En alevíns enfrontarémonos ao Liceo.
Participaron Andrea Gónzalez, Andrea Alonso, Natalia, Daniela, Lucía Alvedro, Lucía Silva, Stefani e a benjamín Inés.