O equipo de 1ª División Senior Autos Cancela Zalaeta médiase ao AD Xiria Asesoría Cervantes na tarde de hoxe, a partir da 16:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta. Nun encontro de 01h 36m dirixido polo colexiado FL Barrallo, impúxose o equipo visitante por un 1-3 con parciais 25-20, 18-25; 21-25 e 19-25.
Primeiro partido da a 2ª Fase, Grupo A en o que saltou a sorpresa e o Xiria impúxose claramente ao Zalaeta nun partido no que as pupilas de T. Cobos non estiveron á altura do que se esperaba. O equipo do Instituto non foi capaz de dominar os nervios e de centrarse nun partido no que cometeron demasiados erros ante un conxunto veterano que aproveitou a ocasión que se lle presentaba e dominou o marcador con suficiencia para levar os puntos en xogo.
Complícanselle as cousas ao Zalaeta que a próxima xornada xoga co Caldaria VoleyOurense, primeiro clasificado da fase regular. As coruñesas terán que centrarse para poder realizar o xogo que son capaces de despregar, nesta liguiña a dúas voltas, e entón si que as súas posibilidades aumentarán considerablemente.
Polo CV Zalaeta xogaron: Sara Amarelle, Paula Lema, Noemí Vázquez, Inés rivas, Valentina Dorta, Nera Tabeayo, Ana Calvo, Laura Vázquez, Raquel Rey, Elisa Álvarez, Ana Verao e Paula Rey.
A Cambados desprazáronse esta mañá o equipo de 2ª División Cadete que se atopa xogando á 2ª Fase no Grupo B de Promoción. Enfrontábanse o XAV Cambados e o CV Zalaeta nun partido que comezaba ás 10:30 no Ramón Cabanillas e que finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-13; 31-29 e 25-17.
Non xogaron un bo partido as do Instituto que acusaron o iniciar a Fase fóra de casa, pero aínda así tiveron as súas opcións. Despois dun mal comezo, no segundo set metéronse no partido buscando o empate nun parcial duro e disputado que finalmente resolveron as locais nun apertado 31-29, resultado que ao cabo tamén lles deu o partido xa que as de Zalaeta non foron capaces de reaccionar.
Polo CV Zalaeta xogaron: Andrea Rial, Mariña Albaiceta, Ainhoa Castro, Mariña Dans, Salam Fernández, Cata López, María Orro, Iria Pérez, Bea Rodríguez, Inés Rúa, Lucía Vendrell e Noelia Vázquez.
Onte xogaba o único equipo de CV Zalaeta que este fin de semana fíxose cunha vitoria, o equipo infantil que xoga a Promoción de 1ª División encadrado no Grupo E, enfrontábase ao Escolapios de Monforte, no primeiro partido desta Fase.
O equipo de Cristina, nun bo partido impúxose claramente ás de Monforte por 0-3 con parciais 11-25; 20-25 e 11-25, logrando así unha importante vitoria para lograr a permanencia na categoría que lle sitúa á fronte da clasificación do seu grupo. Na próxima xornada xogamos en casa, recibimos ao Colexio Guillelme Brown.
Xogaron por CV Zalaeta as seguintes xogadoras: Claudia Carreja, Alma Carballeira, Sara Carpinteiro, Icía Álvarez, Icía Domínguez, Marga Távara, Paula Torres, Alba Otero, Andrea Alonso, Laura Alvedro e Lidia Mareque.