/RESULTADOS DAS LIGAS GALEGAS.

RESULTADOS DAS LIGAS GALEGAS.

  Fin de semana de descanso de Liga de SF2, a competición nacional realizou un parón esta semana e renovará a competición o vindeiro sábado día 27, no que o equipo coruñes, FisiomásZalaeta desprazarase a Soria para xogar ante o CAEP.
   Mentres tanto, as ligas autonómicas seguen o seu curso nunha xornada na que houbo de todo, vitorias e derrotas. Todos os equipos do Instituto xogaban fóra, aínda que no caso das xuvenís e as senior de 1ª, facíano sen desprazarse da cidade, cun enfrontamento co Calasancias Coruña.
  Na cancha do Colexio Calasancias xogábase a partir das 12:00 o partido que pechaba a liga regular da 1ª División Xuvenil entre o equipo titular e o Autos Cancela Zalaeta, que dirixido pola colexiada Laura Lago, finalizou cun resultado de 1-3 con parciais: 25-19; 20-25; 12-25 e 20-25.
  Cun primeiro set no que as do Instituto probaron diferentes variacións tácticas e  tardaron en asentarse na cancha e no que cometeron numerosos erros, o Calasancias realizou o seu xogo e impúxose claramente poñendo o 1-0 no marcador.
  Non tardaron as visitantes en reaccionar, necesitaban a vitoria para asegurarse o pase á seguinte fase, centráronse e xa metidas no partido lograron o empate 1-1. Metidas en refacho non afrouxaron e no terceiro realizaron o mellor set do partido no que lograron a maior diferenza no marcador, 12-25, para de novo relaxarse no cuarto, pero sen deixar de dominar lograron os puntos en xogo coa vitoria no set e no partido.
  Súmase de novo nesta xornada o que permite mellorar a posición adiantando na clasificación ao Ribeira Sacra e lograr unha meritoria cuarta praza da liga Regular, o que supón o pase á seguinte fase do Campionato Galego encadrado no Grupo A.
  Polo Autos Cancela Zalaeta xogaron: María Romero, Raquel Rey, Laura Vázquez, Paula Castro, Ana Verao, Ana Calvo, Paula Lema, Valentina Dorta, Nerea Taeayo e Inés Rivas.
   Ás 19:00 na mesma cancha disputábase o que tamén era o último encontro da  fase regular da liga de 1ª División Senior entre os mesmo equipos, Calasancias Coruña e Autos Cancela Zalaeta. O partido dirixido polo colexiado Alberto Suarez tivo unha duración de 1 hora e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-18; 25-20 e 25-19.
  Bo partido das locais que non tiveron problema para desfacerse das do Instituto en tres set e nun partido rápido. Cos comezos de set mais igualados, o equipo de Calasancias, máis veterano, non tivo problemas para pechar ao seu favor os tres sets na parte final, impoñéndose claramente e quedándose cos puntos en xogo.
  Por Zalaeta xogaron: Sara Amarelle, Marina Albaiceta, Xiana Rivas, Noemí Vázquez, Inés Rivas, Ana Verao, Nerea Tabeayo, María Romero, Laura Vázquez, Valentina Dorta, Ana Calvo e Raquel Rey.

  Desprazáronse a Lugo para xogar os partidos de peche de Liga Regular o equipo de Cadetes de 2ª División que se enfrontaba ao Voleibol Lugo, partido que se resolveu con vitoria do CV Zalaeta por 1-3 con parciais: 11-25; 9:25; 25-22 e 12-25. Con este resultado o equipo do Instituto finaliza esta fase en segunda posición. Excelente resultado que lle permite xogar a promoción de ascenso encadrado no Grupo D, nunha Liga a dúas voltas.
  En Lugo tamén xogaba o equipo de 1ª División Infantíl para xogar co EMEVE, partido que finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-20; 25-18 e 25-3. Con este resultado o equipo Infantíl queda na 7ª posición que lle obriga a xogar pola permanencia encadrado no Grupo E nunha liga a dobre volta.
  Por CV Zalaeta xogaron: Claudia, Alma Sara,  Icía Álvarez, Icía Domínguez, Marga,  Paula, Alba, Lucía, Laura e Lida. 

   

  
 Continúan xogando as máis pequenas, e o sábado pola mañá xogaron as alevíns o seu terceiro partido, nesta ocasión contra o Liceo A Paz ao que derrotaron por un axustado 2-1. “Terceira vitoria aínda que sufrida, cóntanos a adestradora Patricia, a xogadoras fixeron un gran partido para impoñerse a un equipo dos aspirantes para gañar a competición. Realizaron un gran esforzo e esa é a linea, hai que seguir por ese camiño e continuar traballando”.
  Participaron as seguintes xogadoras: Andrea González, Andrea Alonso, Natalia, Daniela, Lucía Alvedro, Lucía Silva, Stefani e a benjamín Inés.
  Tamén comezaba a competición para as benjamines, e o equipo de Zalaeta conseguía unha excelente vitoria ante o Xiria de Carballo e cultivaba unha derrota ante As Mariñas de Oleiros, repartición de puntos.
  Participaron Lara, Noa e Paulo que xogaban os seus primeiros partidos xunto ás mais veteranas Adriana, Vitoria e Inés.

  Estupenda xornada, e a seguir por ese camiño.

TAGS: