O equipo de 1ª División Infantíl xogou o seu partido o sábado ás 13:00 no IES Valle Inclán ante As Mariñas Oleiros, e nun bo encontro das xogadoras de Crisitina, impuxéronse ás locais cun resultado de 0-3 con parciais: 18-25; 19-25 e 18-25. Isto permite sumar 3 novos puntos que suman as do Instituto ante un rival directo e que ademais ven favorecidas por outros resultados da xornada.
Non sucedeu o mesmo no partido que esta mañá disputaron no Barrio das Flores ante o CV Ribeira Sacra, en partido adiantado aproveitando a visita do club de Monforte, no que o Zalaeta cultivou unha derrota previsible ante un rival superior, que nestes momentos ocupa a segunda posición.
0-3 para as visitante con parciais: 7-25; 12-25 e 4-25.
En ambas as convocatorias do CV Zalaeta participaron as seguintes xogadoras: Claudia, Icía A., Iria, Alba, Paula, Sara, Marga, Alma, Lucía, Icía D., Laura e Andrea.
Boa defensa da segunda posición a que realizou o equipo de 2ª Div Cadete no seu partido de hoxe no Barrio ante o CV Ribeira Sacra, no que obtivo a vitoria con concluínte 3-0 con parciais 25-10; 25-9 e 25-20.
As xogadoras de Mery, que só se relaxaron o o terceiro set, continúan enganchadas á cabeza da clasificación disputándolla unicamente co CVOurense.
Foron convocadas: Andrea Rial, Mariña Dans, María Orro, Ainhoa Castro, Mariña Albaiceta, Inés Rúa, Bea Rodríguez, Salam Fernández, Noelia Carballal e Lucía Vendrell.
Continuaba o CV Zalaeta de anfitrión xogando os partidos da xornada ante o club de Monforte, ao Autos Cancela Zalaeta de 1ª Div Xuvenil, enfróntase o Ribeira Sacra nun partido comprometido pola posición que ocupan ambos os conxuntos na táboa, 4º e 5º de maneira provisional. Móvense nun tramo da clasificación na que catro equipos están separados por un punto, situación comprometida para aqueles que aspiran a xogar o playof da liga.
3-1, resultado favorable ás xogadoras de Tania, con parciais: 25-19; 21-25; 25-19 e 25-21.
Formaban a convocatoria as seguintes xogadoras: Raquel Rey, Paula Lema, Laura Vázquez, Ana Verao, Elisa Álvarez, Valentina Dorta, Ana Calvo, Inés Rivas, María Romeu, Nerea Tabeayo, Claudia Carreja e Paula Castro.
https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.youtube.com/watch?v=gxN2HKmJRnk
Nova vitoria para o Autos Cancela Zalaeta, nesta ocasión ante o AD Xiria Asesoría Cervantes na categoría de 1ª Div Senior. Tres novos puntos ante as de Carballo que lles permiten manter comodamente a terceira posición na táboa.
3-0 para as coruñesas con parciais 25-10; 25-16 e 25-22.
Convocadas: Sara Amarelle, Paula Lema, Mariña Albaiceta, Laura Vázquez, Ana Verao, Inés Álvarez, Raquel Rey, Noemí Vázquez, Ana calvo, Inés Rivas, María Romeu e Nerea Tabeayo.
3-0 para as coruñesas con parciais 25-10; 25-16 e 25-22.
Convocadas: Sara Amarelle, Paula Lema, Mariña Albaiceta, Laura Vázquez, Ana Verao, Inés Álvarez, Raquel Rey, Noemí Vázquez, Ana calvo, Inés Rivas, María Romeu e Nerea Tabeayo.