Non puido ser, despois dun gran partido o CV Zalaeta cedeu o quinto ante un Cuesta Piedra que demostrou un gran nivel e unha capacidade de recuperación importante.
Ás 19:00 comezaba no Barrio da Flores o partido que dirixido polo colexiado Xusto Olea, tivo unha duración de 02h 07m e finalizou cun resultado de 2-3 con parciais: 25-27; 25-18; 25-20; 21-25 e 8-15.
FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Rivas, Olalla García, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Rocío Durán, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores, J. Barrero, F. Cueto e JM Sánchez.
CUESTA PIEDRA STA. CRUZ: Dulce Gestoso, Marisa Fernández, Yolanda Amoedo, Wanda Banguero, Lorena Martín, Violeta Amoedo, Alicia Fernández, Nera, Yasmina Omeragic.
Adestradores, Manu Cabrera e Alejandro Rodríguez.
Bo comezo de partido do as coruñesas que se adiantan no marcador claramente ante un Tenerife frío que parecía estar quentado despois do asubío inicial e ao que lle custa limar diferenzas e chega a un segundo parcial cun marcador 16-9, pero é capaz de remontar para impoñerse nun apertado final por 27-25 que incomprensiblemente ceden as locais.
Con todo o arranque do encontro non fora casual, o Zalaeta saca as súas armas para relucir, xogo de equipo, o mesmo que batera ao Torrelavega, e imponse claramente nos dous sets seguintes, sen dar opcións ás canarias a pesar de que as de Cabrera en ningún momento dan o partido por perdido e móstranse como un rival difícil de bater.
Entramos no cuarto set no que o Zalaeta continúa dominando, como os anteriores, aínda que con escasas diferenzas ata que no cuarto parcial, nun set no que parecía que as de Barrero podían sentenciar, cun empate de 21-21 reciben un parcial de 0-4 que significa o 2-2 e que as aboca ao tie break.
O Tenerife estaba vivo, e as herculinas acusan o cansazo, o comezo do quinto xa nos dá unha pista, 4-8 no cambio de campo é significativo, difícil de superar nun set tan curto como decisivo. Tratan de remontar arrastradas polo público, de novo fundamental no espectáculo do voleibol no Barrio, e alcanzan un 8-12 pero finalmente o equipo de Marisa e Wanda imponse grazas á experiencia da primeira e os puntos da segunda, que conseguen a vitoria nun partido con repartición de puntos, 2 para as visitantes e 1 para as locais, no que o cómputo total dá idea do igualado que foi o encontro: 104-105.
Cunhas porcentaxes de ataque parecidos, 32% por 35%, 58 puntos e 53 para as visitantes, mellor porcentaxe en recepción para o Zalaeta, 47% por 37%, a diferenza está nos erros 38 por 29, no saque 15 as locais e 5 as visitantes.
Máxima anotadora do encontro, como non, Wanda Banguero, 27 puntos seguida de Lorena Martín con 16. Por parte do FisiomásZalaeta máxima anotadora unha vez máis Paula Castro con 18 puntos seguida de Andrea Rivas con 17.
Intenso partido o vivido hoxe no Barrio das Flores, esta vez ante o Cuesta Piedra de Tenerife. O encontro comeza cun Zalaeta moi centrado, aproveitando moi ben os erros do contrario, e desta forma somos capaces de escaparnos do marcador gran parte do set, con vantaxes de ata 8 puntos, ata o momento en que nos atascamos nunha rotación con 20-15 a favor, perdemos a vantaxe e cambiamos a 21-20, e a partir de aquí o set foi moi distinto, con intercambios de puntos de break que fai que se chegue ao desempate do set cun 25-27 a favor das insulares.
No segundo set seguimos coa boa tónica, e non só somos capaces de levantarnos do mazazo levado no set anterior, senón que o gañamos con clara solvencia e dános confianza para o terceiro e gran parte do cuarto. No cuarto set outra vez unha historia parecida ao primeiro, despois dun inicio titubeante, chegamos a coller unha clara vantaxe e colocámonos cómodamente cun 19-14 a favor, a pesar diso é outro set que acabamos perdendo e que forza o quinto, nun momento no equipo desgastouse moito fisicamente e chegabamos moi xustos de forzas. O tie break, foi o único set que a tinerfeñas dominaron claramente e con elo lograron impoñerse no partido.
As sensacións do partido foron boas, sí que é certo que quedamos co mal sabor de non levarnos un partido que tivemos na man, pero creo que debemos facer unha análise destas dúas xornadas, e anotar que dos 6 puntos en xogo contra os finalistas da Copa, levámonos 3.
Despois do parón do Nadal o equipo veu coas pilas cargadas, notábase nos adestramentos e agora tamén nos partidos, xa nos queda a recta final, 5 partidos para sumar o máximo posible e tentar dar caza aos equipos que nos preceden na clasificación.
Cabe destacar a anotación de Paula e Andrea, con 18 e 17 puntos respectivamente, noutro partido no que vemos que a puntuación se reparte moito, con Sheyla tamén por encima dos 10 puntos, e Susana e Cristina quedaron ao borde, con 9 cada unha.

https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/m04gRljVLiw