/RESULTADOS: A D LA CURTIDORA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

RESULTADOS: A D LA CURTIDORA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

   Derrota do FisiomásZalaeta no desprazamento a Avilés para xogar o partido correspondente a xornada de SF2 ante AD La Curtidora. 
  O encontro dirixido polo colexiado D. Gálvez, comenzou ás 17:30, e con unha duración de 01h 44 m finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 19-25; 25-23; 25-23 e 25-19. Adestradores, local D. Berrio e visitante J. Barrero.
  A.D. LA CURTIDORA:  Ana M. Sánchez, Patricia Franco, Sarai Vieites, Cristina Quintana,  Carla Tomé, Gloria Santos, Alba Fernández, Cristina Imargues, Alba Muñiz, Cristina López, Paula López y Jacqueline Crespo.
 FISIOMÁSZALAETA:  Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán y Noa Sánchez.

 Bo partido do La Curtidora
nos Canapés para quedar cos puntos en xogo ante o seu público e que
serviu para cortar o refacho das coruñesas. Cun xogo que non estivo ao
nivel de anteriores encontros, o Zalaeta
suma a súa cuarta derrota na liga deixándose sorprender polas asturianas
que ocupan a parte baixa da clasificación, e que a pesar de non ter
incidencia na táboa, as de J. Barreiro deixaron escapar unha oportunidade de premer nos primeiros postos nunha xornada na que o Haris
estivo a punto de claudicar ante o Grupo, aínda que finalmente só cedeu
un punto, co que as cousas seguen igual na cabeza do Grupo A.
  Bo partido de Irene Vázquez, que con 14 puntos convertese na máxima anotadora do Zalaeta seguida de Rocío con 13 e Lydia con 12, 5 puntos de bloqueo. Por parte de La Curtidora, Patricia Franco máxima anotadora do encontro con 22 puntos seguida de Cristina López con 18.
  Destacar unha nova ausencia por lesión nas filas do Instituto, a oposta Alba Quirós é baixa por unha rotura de fibras.
  Próximo partido na casa coa intención de recuperar o bo refacho no derby autonómico ante o Xuvenil Teis.

 “Cuarta
derrota da tempada despois de encarrilar un bo refacho que nos permitiu
sumar os últimos 15 puntos en xogo e que xa a xornada pasada nos consolidaba na terceira praza.

  Encontrámonos en Avilés a un
equipo con moitas ganas e que nos estudara moi ben, xa que soubo
apertar sobre os puntos débiles conseguindo así o dominio do xogo. Pola
nosa banda non nos mostramos como noutros partidos, menos presión dende a
linea de saque e menos ideas en ataque,
unido a un equipo que se nos plantou ben en defensa.  Aínda así e a pesar
de que as baixas que nos afectan sobre todo na nosa faceta máis débil
que é a ofensiva, puidemos levar o primeiro set e non estivemos lonxe
no segundo e no terceiro.   Agora quédannos os dous últimos partidos, o
fin de semana que vén a SF2 despídese do Bario das Flores por
esta tempada contra o Xuvenil Teis e o 14 de marzo concluímos a tempada contra o RGC de Covadonga.”

Resumo  de F. Cueto.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

LIGAS GALEGAS.


XUVENIL


  Desprazamento a Ourense para xogar tres partidos de Liga Galega, Juvenil, 2ª Div A e Infantil.
  Ás 10:00 comezaba no Paco Paz o partido correspondente á xornada n.º 18 de categoría xuvenil que dirixido polos colexiados Domínguez, Cordeiro e Dominguez,
e cunha duración de 01 h 44 m., finalizaba cun resultado de 3-1, con
parciais: 25-22; 20-25; 25-22 y 25-6. Adestradores, local Pérez e visitante Hermida.

VOLEYOURENSE: Giraldez G., Giraldez I., López, Dasilva, Mariño, Estatuet, Oliveira, Gónzalez e López.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Susana Suarez, Paula Lema, Ana Calvo, Noemí Vázquez, Inés Rivas, Raquel Rey, Nerea Tabeayo e Lidia Gudge.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

  A continuación xogábase o partido e Infantís, que dirixido polo colexiado Domínguez, tivo unha duración de 01 h 20 m e finalizou cun resultado de 3-0, con parciais: 25-21; 26-24 y 25-23. Adestradores, local Sánchez e visitante Cristina.

VOLEYOURENSE: Pérez, Barreiro, Luancos, Carneiro, López, Rey, González, Fernández e Losada.

C. I. ZALAETA: Claudia, Celia, Eva, Marga, Laura, Lucía R., Inés, Íria, Noelia, Lucía V. e Paula.

 Bo partido do Zalaeta a pesar do resultado. Foi un partido igualado no que as de Ourense souberon aproveitar o factor cancha e finalizaron os sets ao seu favor cuns marcadores moi axustados. O Zalaeta
non se entregou en ningún momento e realizou un xogo coordinado conseguindo elaborar as xogadas a tres toques e con boa distribución.
Pero en fronte encontrouse cun equipo que non daba un balón por perdido e
que ocupa a quinta posición con 9 vitorias.

……………………………………………………………………………………………………………………………………………..

 O partido de 2ª Div A, dirixido polo colexiado Cordeiro, finalizou en hora e media cun resultado de 3-1 e con parciais: 25-21; 25-12; 18-25 y 25-21. Adestradores, local Pérez e visitante Hermida.

CALDARIA VOLEYOURENSE: Outeiriño, Rodríguez, Mariño, Dasilva, Giráldez I., Kruse, Giráldez G., González, Oliveira, Estatuet e Alonso.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara, Paula, Susana, Ana, Noemí, Inés, Raquel, Nerea e Lidia G.
…………………………………………………………………………………………………

  Na Liga Zonal Cadete Grupo A, os equipos do Instituto xogaron os seus partidos no Pavillón de Zalaeta cos seguintes resultados:
 
                  C. I. ZALAETA  A   0       FISIO CHE BEN S. SADURNIÑO   3
                      C. I. ZALAETA  B   3       C. V. A. B.   1

TAGS: