/RESULTADOS LIGAS GALEGAS 31 DE XANEIRO

RESULTADOS LIGAS GALEGAS 31 DE XANEIRO

  Xogado o partido n.º 15 de Liga Galega Infantil o venres en Zalaeta que enfronto nun derby local aos equipos C.I Zalaeta e ao Liceo La Paz, dirixido polo colexiado FL Barrallo, tivo unha duración de 46 m e finalizou cun resultado de 0-3 con parciais, 3-25; 12-25 y 5-25. Adestradores, local Cristina e Andrea e visitante, Ricardo.

C.I ZALAETA: Claudia, Ainhoa, Cecilia, Alma, Alba, Iria, Paula, Celia, Noelia e Lucía.
LICEO LA PAZ: Fernández, Míguez, Barrios, García, Vázquez Mejuto, Luis, Albaicena, Otero e Rey.

  Superioridade
do visitante que encabeza a clasificación sen perder ningún encontro no
que vai de liga, demostrando o por que no Pavillón do Instituto. Cun
saque eficaz e regular combinado cun potente ataque conseguiron dobregar
rapidamente o rival, que opuxo resistencia mentres puido.
  As
xogadoras do Instituto trataron de facer o seu partido ante un equipo
moi superior, que de momento non ten rival á súa altura, e que era “unha
boa ocasión, dinos a adestradora Cristina,
para practicar o bloqueo e as posicións en defensa e para esforzarse en
ter continuidade no saque ante un equipo que practica ben todas as
facetas do xogo e en particular do xogo ofensivo”.
  Continúa o Zalaeta, cun partido menos, con 3 vitorias na liga; a próxima xornada, desprazamento a Ourense.

  A continuación xogouse o partido de Liga Zonal Cadete de Grupo A correspondente á xornada n.º 11 que enfrontaba aos equipos do Instituto A e B. Dirixido polo colexiado FL Barrallo, o partido tivo unha duración de 56 m e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais 18-25; 21-25 y 17-25. Adestradoras, Andrea e Mery.

C.I ZALAETA B: Blanca, María, Alejandra, Isabel, Sara, Xoana, Nerea, Sofía, Paola, Claudia, Cecilia e Noelia.
C.I ZALAETA A: Andrea, Noemí, Mariña, Beatriz, Cata, Candela, Salam, Iria, Paula e Lucía.

  Partido que a priori se supoñía que o equipo A tería que impoñerse pero que tivo que loitar ante un rival, o B,
que se coñecen moi ben e que lle arrepor non deixándoo xogar
comodamente pelexando todos os balóns, e facéndoo dubidar da súa
superioridade. Finalmente os puntos en xogo pasan á cuadrícula do
primeiro equipo, que á espera doutros resultados, pode escalar postos na
clasificación.
  Rotacións na cancha e minutos para todas a xogadoras nunha tarde de bo ambiente e voleibol no pavillón do Instituto.

  Deporte Escolar

  O sábado pola mañá celebrouse a xornada correspondente do Deporte Escolar no polideportivo de Monte dás Moas, na que o Instituto estivo representado por dous equipos, un Alevín e outro Infantíl.
  O equipo Alevín xogou o seu partido ante o Narón, ao que lle gañou por 2-0 nun partido adiantado á xornada por necesidades de datas dispoñibles, no que as xogadoras de Patricia
puxeron en práctica as súas destrezas e participaron dunha xornada
lúdica na que a diversión e participación de todos os xogadores foi o
mais importante.
  Para Patricia, “Este sábado temos un novo reto xa que se xogará un partido adiantado de marzo contra Narón, ás 11:45 no pavillón de Monte dás Moas,
farase todo o posible para conseguir a vitoria pero ante todo e o máis
importante, é que todos colaboren e se axuden como ata agora, que se
xogue como un equipo”.

  O equipo Alevín estivo formado polos seguintes xogadores e xogadoras:
  Paula, Mariña, Adela, Antia, Guenoa, Natalia, Andrea, Icía, Álvaro, Sara, Pablo e Icía.

 O equipo infantíl enfrontouse ao C. de Teixeiro
no que unha vez máis a experiencia marca a diferenza, e ante un equipo
que leva máis tempo competindo, as do instituto cederon un o partido por
2-0, pero as sensacións das coruñesas foron positivas. Un grupo no seu
primeiro ano practicando voleibol, en pleno proceso de aprendizaxe
necesita da competición para ver e corrixir os seus erros, e niso están.
  Para a adestradora Andrea,
“o equipo mellora todos os días e nótase que cada vez son máis grupo e
están máis integradas, nótase o esforzo que realizan no adestramentos.
Pero sobre todo apréciase que se divirten e que se enganchan ao
voleibol. “

  Xogaron: Sabela, Marga, Laura, Lucía R., Sara, Ana, Icía, María, Lola, Rosalía, Lucía A., Andrea e Nicole.

TAGS: