/NOVA VITORIA DO FSIOMÁSZALAETA EN SF2

NOVA VITORIA DO FSIOMÁSZALAETA EN SF2

Vitoria do FisiomásZalaeta por 3-1 sobre o RGC Covadonga.

VER + FOTOS

  
Ás 19:00 comezaba o encontro dirixido polo colegiado Cordeiro Fervenza, e
cunha duración de 01h 51m finalizaba cun resultado de 3-1 con
parciais: 32-30; 25-20; 22-25 e 25-22. Adestradores, local Jorge Barrero
e visitante Saúl Pérez.

FISIOMÁSZALAETA: Cristina G. Bermejo, Alba Quirós, Andrea Rivas, Sheila
Arias, Lydia Carballo, Rocío Durán, Noa Sánchez; Patricia Santos, Irene
Vázquez, Teresa Álvarez, Sofía Hidalgo e Tania Cobos.


RGC COVADONGA: Miriam Dieguez, Cecilia Secades, Andrea Lorenzana, Lucía
Álvarez, Cristina Chamoso, Teresa Martínez, Marta Rodríguez; Paula
Sánchez, Sarai Delgado, Alba Hernández, Carolina Rodellar, e María
Martín.
   Excelente partido o xogado esta tarde no Barrio das Flores, dos que fan
afección, entre dous equipo veteranos da categoría SF2 que se coñecen
moi ben, no que houbo alternancia no marcador e oportunidades para ambos
conxuntos.
  
Cun primeiro set de infarto, as locais mandando no marcador en todos os
parciais con pequenas diferenzas, a resistencia do Grupo convértese en
épica, logra o empate e quere gañar o set para encarrilar o encontro a
un resultado favorable para apurar as súas opcións de clasificación para
a Copa, pero o temple e o acerto das xogadoras de J. Barrero
permítenlles pechar o set e poñer o 1-0 cun marcador de 32-30 en 33 m de
xogo.
  
Esta sería a tónica do encontro, ninguén daría nada por perdido,
xogábase ao límite, “Xogamos o noso mellor partido en moito tempo, di o
adestrador Barrero, cunha gran intensidade e metidas no xogo desde o
primeiro punto, aínda que nalgunhas facetas do xogo non estivemos moi
acertadas, en liñas xerais realizamos un gran partido, merecedor da
vitoria”.

  
O segundo set foi parecido ao primeiro, o Zalaeta sempre por diante non
se deixou sorprender no último parcial e pechou coa maior diferenza do
partido. No terceiro as do Instituto comezaron floxo e pagárono,
trataron de remontar pero o tramo final foi de novo das de Xixón que
lograron un set que lles daba esperanzas e o 2-1 no marcador.
  
O resultado non favorecía os intereses do FisiomásZalaeta, pero no
cuarto set saíron decididas a lograr os puntos en xogo, e logo dun mal
comezo, remontan e no segundo parcial xa por diante obteñen unha vantaxe
que lles permite gañar o set e o partido.
  
Súmanse os tres puntos, pero ao encaixar un set cédese o segundo posto
da táboa ao Haris de Tenerife, que gañaba o seu partido por 3-0, e con
iso a participación en Cópa Princesa.
  
Os que nos demos cita no Barrio gozamos dun gran partido de Voleibol
entre dous equipos que non escatimaron nada e entregáronse en busca da
vitoria xogando as súas cartas e ofrecendo espectáculo.
  
A destacada xogadora do Grupo, Cristina Chamoso con 23 puntos é a máxima
realizadora do encontro. Unha vez máis catro xogadoras do Zalaeta
superan os 10 puntos, Lydia con 17, Rocío con 13, Cristina 11 e Andrea
10.
 
Excelente partido de Cristina que unha vez máis deu mostras da súa
polivalencia como xogadora, e de Lydia moi efectiva en ataque e ao
saque, e moi ben o bloqueo do conxunto, Andrea con 6 puntos, e un total
de 19 puntos e gran prestación de todas as xogadoras, moi efectivas nas
rotacions.

  “Un gran ambiente onte no pabellón do Barrio das Flores, nun partido que
tiña todos os ingredientes para ser un gran espectáculo e que en
calidade de xogo e vistosidade non defraudó.
 
Unha vitoria moi traballada e cun moi bo nivel de xogo que nos custará
recoñecer debido a non poder conseguir o 3-0 a favor que nos clasificaba
para a Copa sen depender doutros resultados.
  
Empezamos un partido moi centradas, indo sempre por diante no marcador e
marcando o ritmo de xogo. O primeiro set foi unha auténtica lotería que
puido caer ao lado de calquera equipo, tendo o conxunto asturiano 3
puntos de set, pero que caeu ao noso favor. O segundo foi o máis claro
de todos, ao gañar o Zalaeta o primeiro set, ao Grupo minguábanlle
moito as súas opcións de conseguir praza para a Copa, á que eles tamén
optaban. Este set estivo marcado por un gran traballo de bloqueo, que
conseguiu parar ao seu atacante principal. No terceiro as ansias de
estar aí preto, de telo ao alcance da man provocounos entrar moi
aceleradas, o que nos facía cometer erros non forzados dándolle vantaxe
ao equipo visitante, malia todo sobrepuxémosnos e
chegamos a remontarlles no punto 15-14. Neste set ata chegamos por
diante no punto 21-19, pero dúas saídas malas en K-1 e o acerto da súa
oposta neses compases fixo caer a vitoria ao lado visitante, o que nos
deixaba sen opcións de Copa.
  
Lonxe de renderse e sabedoras da importancia dos 3 puntos, no último
volvemos dominar no xogo, o cal permitiunos conducir o set con
tranquilidade e adxudicarnos 3 puntos que nos colocan a 6 das
asturianas, un rival directo na clasificación. Deste xeito e cun bo
nivel de xogo terminamos esta primeira volta terceiras, sendo a
diferenza coas segundas o coeficiente de sets”.


 
Resumo de F.Cueto.

………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

INFANTÍS.

  
Xogouse en Calasancias o derby local da categoría infantil en partido de
liga correspondente á xornada nº 10 entre os equipos Calasancias Coruña
e C.I. Zalaeta que finalizou cun resultado de 3-1 con parciais:  25-20; 23-25; 25-22 y 25-17.

  
Polo Zalaeta xogaron: Claudia, Lucía, Inés, Alba, Ainhoa, Noelia, Iria, Eva e Paula.
  
Partido igualado entre dous conxuntos moi similares, que realmente
decidiuse favorablemente para as colegiales que mostraron maior
seguridade e ganas de levarse os puntos ante un Zalaeta que estivo lonxe
do xogo realizado no seu anterior encontro, con moitos fallos ata nunha
das súas mellores armas como é o saque.
  
O primeiro set foi de alternancias constantes no marcador, e vitoria
para Calasancias. O segundo set o empata Zalaeta mellorando o seu xogo e
apertando máis ao rival co saque. No terceiro, cambian as cousas,
durante tres rotaciones seguidas fállase ao saque, e séguense sumando
erros que lastran o xogo do equipo do Instituto o resto do partido. No
cuarto e último set o Zalaeta desaparece do campo e dá por perdido o
partido.
 
Cambiou a actitude do equipo neste encontro apreciándose a falta de
experiencia que volvía ás xogadoras inseguras e provocaba erros, pero
nada que non se poida solucionar nos adestramentos e cun aumento da
autoestima na cancha.
 

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

ALEVINES.
  
Comeza a competición para as Alevines en Monte dás Moas, pabellón de
iniciación para os máis pequenos dentro do prograna de Deporte Escolar.
No seu primeiro encontro as xogadoras alevines do equipo do Instituto
enfrontábanse ao Juan Fernández Latorre a partir da as 11:40 do sábado,
partido que se xogou aínda que o rival non presentaba o nº de xogadoras
reglamentario, a adestradora Tania cóntanos:
 
“Foi un partido que serviu para perder os nervios no pabellón no que
xogaremos toda esta liga. Malia que o outro equipo só presentouse con 7
xogadoras e se nos daba o partido gañado por 2 sets a 0, xogouse
igualmente, e o gañamos realizando un encontro moi bo, destacando no
saque, e ademais apuntar que xogadoras que empezaron este ano como Antía
ou Icía Álvarez demostraron que non lle ten medo a nada e xogaron moi
ben. Todo o equipo xogou un set completo, como establecen as normas,
podendo gozar ante un equipo novato nesta competición e que non nos puxo
en dificultades en ningún momento.
 
O próximo partido será xa en xaneiro, o 10 ás 11:35, contra Narón
Volea, rival dificil pero para o que estou segura, chegaremos ben
preparados e con moita ilusión. Este ano marcámosnos/marcámonos un
obxectivo ambicioso, estar entre os dous primeiros equipos dos 6 que
somos, ou sexa que traballaremos duro”.

TAGS: