/LIGAS GALEGAS: RESULTADOS DA XORNADA Nº 8.

LIGAS GALEGAS: RESULTADOS DA XORNADA Nº 8.

 O equipo xuvenil Autos Cancela Zalaeta imponse por 0-3 ao Ibericar TurboTracción Xuvenil Teis a domicilio en partido correspondente á xornada 8ª da Liga Galega xogado no Municipal de Teis o venres ás 19:15.
Encontro dirixido polos colexiados Moreira e Rodríguez, e cunha duración de 01 h 15 m finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 13-25; 20-25 y 23-25. Adestradores, local Hernández e Lago e visitante Hermida.

  IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS: Rodríguez, Martínez, Veiga, Lois, Verez-Fraguela, Vázquez, Moreno, Vilela e Fuentes.

  AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea, Paula, Alba, Susana, Nerea, Inés, Noemí, Raquel, Ana, Sara e Lidia.

  Partido
de trámite para o equipo do Instituto que se mostrou superior ao seu
rival, que presentou un equipo xoven cuxa mellor arma foi o saque,
insuficiente para gañarlle a un Zalaeta que a pesar de non realizar o seu mellor partido se levou os puntos en xogo.
  Sete
vitorias de 8 partidos sérvenlle ao Autos Cancela para mandar na
clasificación compartindo o primeiro posto co VoleyOurense, ambos os
dous con 15 puntos.

…………………………………………………………………………………………………….

VER + FOTOS

  Segundo desprazamento a Teis en dous días, nesta ocasión para xogar o partido correspondente á xornada n.º 8 de 2ª División A ante o Ibericar TurboTracción Xuvenil Teis.
O encontro comezou ás 13:20, con atraso sobre a hora prevista, e
finalizou cun resultado de 1-3 con parciais: 13-25; 25-21; 19-25 y
23-25.
  Polo Autos Cancela Zalaeta xogaron: Sara R. Amarelle, Paula Lema, Inés Rivas, Noemí Giudice, Nerea Tabeayo, Raquel Rey, Susana Suarez, Ana Calvo, Romina Riveiro e Ana Fraga.
  Comezou ben o partido o Autos Cancela Zalaeta dominando o primeiro set con ampla diferenza para deixarse levar no segundo, con moitos erros, e ceder o empate ante o Xuvenil.
A partir deste momento o partido discorreu de modo que parecía que
ningún dos dous equipos fose netamente superior, e con escasas
diferenzas no marcador eran as coruñesas a que ao final de cada set
decidían pechando ao seu favor. No terceiro as locais quixeron darlle a
volta ao partido e lograron un final intenso sen conseguir o seu obxectivo.
  Nova vitoria do Autos Cancela que suma 3 puntos para situarse en terceira posición por detrás do Pontevedra, con quen terá ocasión de xogarse a praza o próximo fin de semana na Coruña.
……………………………………………………………………………………………………..

  Na categoría Cadete, o C.I. Zalaeta A gaña o seu partido de Liga Provincial  ao C.V.A.B. por 3-0 con parciales: 25-8; 25-14 e 25-16. Con este resultado sitúase, de modo provisional, o fronte da clasificación.

 ……………………………………………………………………………………………………..

   Liga Galega Infantíl: vitoria do C.I. Zalaeta no se u partido a domicilio co Manuela Rial Mouzo. O encontro xogado no Municipal de Dumbría finalizou 0-3 con parciais: 11-25; 11-25 e 8-25, resultado co que as do Insitituto estrean o seu casilleiro de vitorias.

 

TAGS: