2ª DIV A
Con atraso sobre a hora prevista, daba comezo no Pombal de Cambados o encontro entre o X.A.V. Cambados e o Autos Cancela Zalaeta correspondente á xornada n.º 5, que dirixido polos colexiados Cordeiro, Moreira e Devesa, finalizou en 01 h 02 m cun resultado de 0-3 con parciais: 15-25; 8-25 y 20-25.
Adestradores, local Varela e Oubiña e visitante D. Hermida.
X.A.V. CAMBADOS: Oubiña, Silva, Gómez, Charlín, Alfonso, Prado, Barreiro V., Barreiro M., Abal AL., Abal AN., e Prego.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara R. Amarelle, Paula Lema, Ana Fraga, Raquel Rey, Inés Rivas, Ana Calvo, Noemí Vázquez, Susana Suarez, Noemí Giudice e Lidia Gudge.
LIGA GALEGA XUVENIL
O domingo día 9 pola mañá xogábase o encontro de Liga Galega Xuvenil correspondente á xornada n.º 5 entre os equipos CV Santiago e C.I Zalaeta.
Ás 12:00 comezaba no Restollal de Santiago o partido dirixido polo colexiado O. Matilla que cunha duración de 59 m finalizao cun resultado de 0-3 con parciais: 13-25; 13-25 y 8-25. Adestradores, local Zas e visitante Hermida.
CV SANTIAGO: Nogareda, Corrales, Suarez, Alvir T., Alvir I., Neira, Souto, Mariño, Mohamed e Gutierrez.
C.I ZALAETA: Susana Suarez, Noemí Vázquez, Ana Calvo, Sara Armesto, Paula Lema, Raquel Rey, Ana Mª Ceba, Inés Rivas, Lidia Gudge e Nerea Tabeayo.
C.I ZALAETA: Susana Suarez, Noemí Vázquez, Ana Calvo, Sara Armesto, Paula Lema, Raquel Rey, Ana Mª Ceba, Inés Rivas, Lidia Gudge e Nerea Tabeayo.
Victoria cómoda do Zalaeta sobre o Santiago,
equipo co que existe unha importante diferenza, e que lle permite
continuar á cabeza da táboa, imbatido e sen encaixar ningún set.
Destacar que os problemas de saúde da central Nerea non lle permitiron xogar, o que motivou a rotación dalgunhas xogadoras, “efectivamente, explica D. Hermida, Lidia Gudge tivo que pasar a xogar de central, papel que cumpriu á perfección e que facilitou o bo saque que realizou o equipo,”.
………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….
LIGA ZONAL CADETE
O sábado pola mañá xogaron os dous equipos cadetes no Pavillón do Instituto os partidos correspondentes á 3ª xornada.
Ás 10:00 comezaba o encontro que enfrontaba ao C.I Zalaeta B co CV Narón Volea, que dirixido pola colexiada L. Lago Rivas tivo unha duración de 01 h 25 m e finalizou cun resultado de 1-3, con parciais: 15-25; 25-17; 17-25 y 17-25.
Adestradores, local Mery e visitante Seco.
C.I ZALAETA: María Orro, Blanca Orro, Alejandra Rivera, Xoana González, Natalia Arriaza, Mariña Rivas, Eva Jáudenes, Claudia Carreja, Isabela Ecarri, Silvia Couce e Iria Pérez.
C V NARÓN VOLEA: Requena, Almeida, Gil, García, Lago, Pico, Armada, Romeiro, Rivas e Santamariña.
Victoria visitante que lle permite ao Narón continuar de líder do grupo A
despois de impoñerse con claridade nun partido que a pesar do marcador,
non resultou tan doado. As do Instituto fixeron un primeiro set frouxo,
falto de concentración que lle permitiu facer o seu partido ás de Narón.
No segundo cambiaron o chip e con acerto no saque dominaron o xogo e
leváronse o set. A partir de aquí impúxose a experiencia das
visitantes, que se mostraron máis seguras e souberon aproveitar os erros
do Zalaeta e con bos refachos de saque se levaron os dous seguintes sets e o partido.
…………………………………………
A continuación xogábase o partido entre o C.I Zalaeta A e o XiriaVolei, tamén pertencente ao grupo A. O Xiria necesitou 01 h e 38 m para gañar un partido compilcado por 2-3, con parciais: 19-25; 25-22; 14-25; 25-23 y 9-15.
C.I ZALAETA: Andrea Rial, Noemí Alvarado, Paula Crespí, Mariña Dans, Natalia Di Piazza, Bea Rodríguez, Salam Fernández, Cata López, Inés Rúa, Paula rei e Lucía Vendrell.
XIRIAVOLEI: Aldana, Bastón, Cobas, Fernández, Gómez, Martínez, Miras, Queijo, Ramos e Verdes.
Adestradores, local Mery e visitante Mariño e Souto.
Entretido partido o que presenciamos no Instituto con alternancia no marcador e posibilidades para ambos os dous equipos.
O
equipo local xogou con dúbidas e tivo diferentes fases de xogo que lle
impediron levar unha liña regular, así no primeiro set e no terceiro
cederon ante un Xiria que realizou o seu xogo pensando unicamente en superar o rival, mentres que nos sets pares, aguantaron e superaron ás de Carballo no marcador e aínda que axustadamente, lograron un empate para ir ao quinto con posibilidades. No Tie-break (impar) de novo as dúbidas, e as de Mariño e Souto non o pensaron, adiantáronse no marcador e cando as de Coruña
se decataron xa se fóran. Decidiu, sen dúbida a maior experiencia do
equipo visitante que ademais mantivo unha liña constante de xogo mentres
o C.I Zalaeta vaise adaptando ás esixencias dos adestradores co novo sistema de xogo.