Ás 13:30, cun lixeiro atraso sobre o horario previsto, comezou no Valle Inclán, o partido entre As Mariñas Oleiros e CI Zalaeta, correspondente á primeira xornada de Liga Regular. Finalizou cun resultado de 3-1 favorable ao equipo de Oleiros, que consegue uns valiosos puntos na primeira xornada de liga.
Os parciais foron os seguintes: 25-18/25-19/11-25/25-17.
CI Zalaeta:
Noelia Carballal,Claudia Carreja,Alba Mosquera, Iria Perez, Paula Rey e Lucia Vendrell. Tamén xogaron Daniela Dominguez, Ainhoa Castro e Eva Jaudenes. Lesionados Inés Rua e Celia Edreira. Adestradoras: Cristina e Andrea.
O debut na Liga tivo para Cristina
“boas sensacións, as xogadoras empregáronse na cancha con vontade de
equipo, pero quédannos moito traballo para os adestramentos”.
Andrea
dinos que “O partido non estivo mal, pero hai moitas cousas que
mellorar. A actitude das xogadoras foi estupenda, a recepción foi o seu
punto forte o que lles permitía reconstruír no ataque, cousa que unhas
veces se lograba e outras non. Ao saque, houbo de todo, refachos moi bos
e momentos nos que non entraba nada, como no cuarto set, no que houbo
unha rotación completa que fallou o saque”.
………………………………………………………………
Os equipos de Liga Xuvenil Galega e 2ª División A, comezaron onte a súa andaina na competición da tempada 14-15 con visita á cancha de Calasancias Coruña, onde ambos os dous conxuntos se fixeron coa vitoria e os puntos en xogo.
Liga Xuvenil: Calasancias Coruña 0 – FisiomásZalaeta 3 (16-25; 18-25 y 19-25).
FisiomásZalaeta: Susana Suarez, Paula Lema, Noemí Vázquez, Ana Calvo, Raquel Rey, Inés Rivas, Nerea Tabeayo, Ana Mª Ceba, Alba Quirós e Lidia Gudge. Adestrador, David Hermida.
2ª División A: Calasancias Coruña 2 – Autos Cancela Zalaeta 3 (25-27; 25-23; 13-25; 25-22 y 5-15).
Autos Cancela Zalaeta: Sara R. Amarelle, Paula Lema, Noemí Giudice, Susana Suarez, Noemé Vázquez, Ana Calvo, Raquel Rey, Inés Rivas, Nerea Tabeayo, Ana Mª Ceba e Lidia Gudge.