/RESULTADOS 1ª XORNADA COPA GALICIA

RESULTADOS 1ª XORNADA COPA GALICIA

VER + FOTOS

  Celebrada a primeira xornada de Copa Galicia no Barrio da Flores da Coruña.
  Ás 10:00 comezaba unha xornada de voleibol na que se xogaron tres partidos entre os equipos galegos de Super Liga, EMEVE de Lugo, que militará a próxima campaña en SFV, Xuvenil de Teis e o club anfitrión, FisiomásZalaeta,
estes dous de SF2. Os enfrontamentos a tres sets de 25 puntos serviron
para calibrar a posta a punto dos conxuntos e para gozar do espectáculo
do Voleibol nunha sesión na que se disputaron todos os puntos de cada
set, con marcadores moi axustados.
  Malia a igualdade no marcador, non houbo lugar á sorpresa, as de José Valle cumpriron o prognóstico e impuxéronse nos dous partidos disputados, e o Zalaeta impúxose ao Xuvenil.

  
Os resultados foron os seguintes:  
       

          FisisomásZalaeta 1 – EMEVE 2         (22-25; 25-22 y 21-25).
          EMEVE 2 – Xuvenil Teis 1                 (25-11; 25-19 e 23-25).
          Xuvenil Teis 1 – FisiomásZalaeta 2  (25-23; 23-25 y 21-25).

  FisiomásZalaeta:  Sara Díaz, Rocío
Durán, Lydia Alonso, Cristina G. Bermejo, Andrea Rivas, Alba Quirós, Tania
Cobos, Patri Santos, Sofi Hidalgo, Noa Sánchez Irene Vázquez Sheyla Arias, y
Tere Vázquez , adestradores: Jorge Barrero e Fernando Cueto.
  EMEVE:  Garrido, Folgueira,
Villasante, Carvajal, Gancedo, Pena, Novo, Rodríguez A., Araujo, Rodríguez M.,
Saa y Prol; adestradores, José Valle e Fátima Valle.
  Xuvenil Teis: Hernández, Fernández, Araujo, Adra, Conde, Pérez, Fuentes,
Larrán, González N., Rodríguez, González A., Veiga y Lois; adestradores, Peixón e Martínez.
   Encontros dirixidos polos colexiados: Laura Lago Rivas, Francisco L. Barrallo y Duarte Borrás.

  Nesta ocasión contamos coa inestimable colaboración do adestrador Fernando Cueto:

 “Interesante xornada a vivida
onte no pavillón do Barrio das Flores, este novo formato de competición
permitiu ver máis facetas do equipo que os formatos de anos anteriores. O
poder xogar contra dous equipos que teñen dous estilos de xogo moi
distintos  permitiunos poder analizar o estado do equipo máis a fondo. Este ano estase a facer máis fincapé
no apartado físico, e os resultados
no xogo notáronse, máis mobilidade en defensa, maior intensidade no
xogo e chegar con máis oportunidades a finais de set, e máis este ano no
que se presupón unha competición de SF2 moi igualada, onde a maioría
de equipos serán moi guerrilleiros, e quizais tal e como
nos nos pasa a nos, algo máis minguados en ataque. 
  Nesta última faceta, dende o
corpo técnico levámonos unha grata sorpresa ante a resposta do equipo a
estas alturas dado que, a campaña pasada contabamos con Patricia Suárez,
a cal achegaba boas cifras ao conxunto neste aspecto. De todos os
xeitos este domingo vimos unha gran mellora no aspecto defensivo, que
como contabamos antes seguramente veña acompañada esta mellora dende o
avance no aspecto físico. Pola contra o equipo segue lastrado en saque,
seguimos tendo un grande hándicap, que como se viu
o ano pasado, que fomos o equipo con máis saques fallados na tempada,
algo que nos lastra no marcador e que moitas veces faga que este non
reflicta a realidade do xogo, sen ir máis lonxe no día de onte tivemos
sets nos cales chegamos a errar 9 saques, en sets nos que perdemos por 2
ou 3 puntos. De todos os xeitos as sensacións son boas a falta dun mes
para empezar a competición, parece que estamos a traballar nunha boa
liña e que os obxectivos que se está a poñer o equipo nesta pre-tempada
se están a cumprir”.

 

TAGS: