VITORIA DO ZALAETA EN GIJÓN, (1-3) NO PRIMEIRO PARTIDO DA PRETEMPADA.
VER + FOTOS |
O CV Zalaeta desprazouse
a Gijón para enfrontarse ao RGC Covadonga no
primeiro encontro de preparación en que se impuxo ás locais por 3 a 2, nun
partido, que se xogou finalmente a cinco sets e 25 puntos.

O
adestrador Jorge Barrero convocou as seguintes xogadoras:
Rocío Durán, Andrea Rivas, Lydia Alonso, Alba Quirós, Sara
Díaz, Tania Cobos, Patricia Santos, Sofia Hidalgo, Noa
Sánchez, Sheila Arias e Irene Vázquez, para un encontro no que
todas as xogadoras tiveron minutos.

Foi un test típico de pretempada, no que ambos os dous equipos mostraron unha
falta de rodaxe propia destas alturas da tempada, se ben
o Zalaeta puxo de manifesto unha posta a punto máis avanzada e unha
maior complicidade entre as súas xogadoras.
A un primeiro set moi igualado, con
alternancia no marcador, que se decidiu nos últimos puntos a favor das
coruñesas, 24-26, seguiulle o segundo de dominio visitante, que dominou o xogo
con facilidade e impúxose claramente: 16-25, poñendo o 2-0 no marcdor. No
terceiro reláxanse as de Barrero e o Grupo vénse arriba, gaña o parcial, 25-23,
e ímonos ao cuarto no que de novo se
impón o Zalaeta situando no marcador o 1-3, momento no que os adestradores
deciden alongar o partido cun quinto set a 25 puntos que resultou moi igualado,
finalizando o partido como comenzara, pero nesta ocasión ao favor
das gijonesas, 26-24.

Encontro sen moita tensión no que vimos bos momentos de xogo, puntos moi
disputados e traballados, no que ambos conxuntos tiveron a suas oportunidades,
e que serviu aos técnicos para realizar todas as rotacións que consideraron
oportunas para sacar conclusións que aplicar aos adestramentos.
Continúan a preparación diaria no Barrio, que segue sendo a cancha na que
o Zalaeta actúa de local, á espera do calendario da Copa Galicia
e das datas dos encontros planificados de pretempada.