Calasancias Coruña clasifícase para a Fase de Ascenso despois dunha sufrida vitoria sobre o Autos Cancela Zalaeta: 2-3, esta mañá no Pavillón da Sagrada Familia.
VER + FOTOS |
Ás 12:30 comezaba o partido dirixido polos colexiados Duarte Borrás e Laura Lago e na mesa Nerea García,
que cunha duración de 01 h 56 m finalizou cun resultado de 2-3 e
parciais: 20-25; 18-25; 25-21; 25-20 y 9-15. Adestradores, local D. Hermida e T. Cobos e visitante, Suarez.
AUTOS CANCELA ZALAETA: 8 Patri Santos, 6 Paula Lema, 14 Irene Vázquez, 10 Ana Mª Ceba, 2 Nerea Tabeayo, 18 Alba Fernández, 9 Sara Rivera, 1 Susana Suarez, 13 Andrea Rivas, 4 Alba Quirós, 7 Inés Rivas e 167 Irene Villaverde.
CALASANCIAS CORUÑA: 11 Buján, 2 Quintas, 3 Piñeiro, 17 Calic, 8 Cainzos, 5 Oliveira, 9 Lojo, 10 Lago, 4 Rumbo, 13 Guimarey e 1 García.
O Calasancias necesita polo menos un punto para continuar en segunda posición e por ende
manter unha das prazas que dan opción a xogar a fase de ascenso, e
saltaron á cancha decididas a lograr o seu obxectivo. Dende o primeiro
momento toman a dianteira no marcador e controlan o tempo do partido sen
deixar que as do Instituto as superen en ningún momento e finalizan o
set cun cómodo 20-25. O segundo é unha continuación do primeiro, o
equipo visitante ten un fin e van a por iso, nesta ocasión ampliando a
vantaxe: 18-25.
Obxectivo cumprido, o Calasancias Coruña
é o segundo clasificado. Pero o partido non se rematara, parecía que
fora doado e que se finalizaría cun 0-3, cumprida revancha da primeira
volta (1-3); o terceiro set desenvolvíase de forma favorable ás
visitantes, pero lonxe de poder manter a tensión todo este tempo, un bo
refacho de saque do equipo de D. Hermida facilitou unha remontada, 15-20, que ninguén nas bancadas se imaxinaba, o Autos Cancela Zalaeta toma a inciativa
e pecha o set cun 25-21. Chegamos ao cuarto, coma se se tratase de dous
tempos de dous sets, un para cada equipo, e este set tamén en clave de
remontada supón o empate no marcador e estamos como ao principio, o
decidimos no tie-break. E no quinto, as pupilas de Charlie non deixan escapar a súa oportunidade, e impóñense claramente dende o comezo para finalizar gañando o set e o partido.
Un partido que respondeu ás expectativas, con xogo e alternancia no
marcador e emoción, que ao longo das súas case dúas horas de duración
mantivo en vilo ao público que encheu as bancadas da Sagrada gozando dunha mañá de Voleibol.
O Calasancias Coruña
xogou moi ordenado realizando ben todas as facetas do xogo en
particular ao saque, e cunha ausencia case total de erros, mentres que o
Autos Cancela Zalaeta unha vez máis fixo
gala do seu xogo de ataque, pero alternando con fases irregulares de
xogo na que os fallos lle facían perder o ritmo do partido.
Punto final a Liga Regular da presente tempada que nos deixa ao Galitrans Viajes Embajador UDC como primeiro clasificado, a Calasancias Coruña en segundo lugar, ambos os dous equipos con praza para a Fase de Ascenso, e o Autos Cancela Zalaeta en terceira posición.

FOTOS DE: ALEJANDRO FEIJOO