VER + FOTOS |
Ás
12:00 comezaba no Barrio das Flores o que sería o último partido de
Liga regular do FisiomasZalaeta na presente tempada ante o seu público,
dirixido polos colexiados Pedro Pidal e José R. Baña e Nuria Mahía
na mesa, que cunha duración de 01 h 16 m finalizou cun resultado de
3-0, con parciais: 25-189; 25-18 y 25-16. Adestradores, local Jorge Barrero e José Mª Sánchez e visitante, Celso Veloso e Miguel Martínez.
FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Marga Echevarría, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.
XUVENIL TEIS: 1 Lucía Pérez, 2 Noemí Araujo, 6 Lorena Cruz, 8 Rosana Conde, 9 Natalia Fernández, 10 Rebeca Hernández, 11 Asia Adra, 12 Eva Lois, 13 Anía González, 14 Xulia Larrán e 15 Carmen Rodríguez.
Bo partido das pupilas de Jorge Barrero que superaron as de Teis
no derby co que pechan a tempada na casa. Soamente no comezo do
primeiro e terceiro set as visitantes conseguiron adiantarse no
marcador, para de inmediato verse superada polo FisiomásZalaeta.
As locais, que xogaron un partido sen complicacións, con maior acerto
que os seus rivais, dominaron todos os sets a partir do segundo parcial e
pecharon cunha cómoda vantaxe ante un equipo que ía a menos a medida
que avanzaba o partido. Superaron o Xuvenil
en todas as facetas do xogo, maior acerto en ataque e eficacia no
saque, 12 ACES, mellor porcentaxe en recepción e bo traballo na rede
sumando un total de 11 bloqueos.
As mellores do partido foron Patricia Suarez con 12 puntos, 9 de ataque, Lydia Alonso, 12 puntos, 5 bloqueos e Sheila Arias con 10 puntos, 7 de ataque. Polo Xuvenil, Lorena Cruz, 8 puntos e Lucía Pérez, con 7.
Tres puntos suma o Zalaeta
que lle serven para consolidar a cuarta posición e asegurala
matematicamente á vista dos resultados dos equipos perseguidores nesta
xornada. O próximo día 29, finaliza a Liga, con desprazamento a Torrelavega, equipo que celebrará coa súa afección o ascenso de categoría conseguido esta xornada coa súa vitoria en Aviles ante La Curtidora.
Onte sábado resultou o día
máis longo da tempada. Dous compromisos necesitaban dun longo
desprazamento para a súa realización.
O primeiro deles era en Monforte ante a AD A Pinguela con cuxo equipo de xuvenís tiñamos un partido pendente. Ás 12:00 partiu da Coruña no bus de Autos Cancela a expedición para xogar no Municipal de Monforte, o partido correspondente á xornada 21 da Liga Galega de Xuvenis, que comezaba ás 15:30 dirixido polos colexiados J. Bouza e M. Fernández. Finalizou cun resultado de 1-3 e con parciais: 18-25; 20-25; 25-19 y 19-25. Adestradores, local González e visitante, D. Hermida e T. Cobos.
AD A PINGUELA: 10 Vázquez, 13 López, 3 Fernández, 2 Mariño, 11 Cortiña, 9 Rodríguez, 18 Díaz G., 6 Díaz N. 17 Verao.
FISISOMÁSZALAETA: 8 Patri Santos, 3 Paula Lema, 1 Susana Suarez, 2 Nerea Tabeayo, 4 Alba Quirós, 6 Raquel Rey, 7 Inés Rivas, 9 Sara Amarelle, 10 Alba Fernández, 12 Sara Armesto, 13 Ana Calvo e 15 Andrea Rivas.
Comezou o partido con igualdade no marcador ata o segundo parcial no que o Zalaeta
se distancia e pecha o set ao seu favor. Sucédense así os dous
primeiros sets nos que as locais se aproximan pero sen conseguir superar
ás do Instituto, ata que no terceiro invértense os papeis e son as de Monforte
as que levan a iniciativa e se impoñen ás visitantes que xa querían dar
por finalizado o partido e ven como se poñen co 1-2 e posibilidades de
empate se non reaccionan.
Prodúcese no cuarto set un cambio de actitude no FisiomásZalaeta,
necesario se querían finalizar o partido cun resultado favorable, e
nesta manga notase un dominio das coruñesas dispostas a finalizar o
set e o partido. Fíxose notar o ataque, no que son superiores a Pinguela, para solucionar o partido no cuarto de xeito claro e definitivo.
Xogo irregular por parte do Zalaeta
no que destaca a súa capacidade de ataque para resolver, e aínda que
cometeron bastantes erros, foi suficiente para conseguir os puntos.
Funcionaron ben os cambios realizados que achegaron frescura ao equipo e
fixérono reaccionar.
Polas locais, Pinguela estivo ben o saque e cunha defensa ordenada e eficaz, deu a cara en todo o partido cun equipo novo gañando experiencia na liga.
Próximo partido, na casa, ante Calasancias Coruña.
…………………………….
A continuación continuábase a viaxe con destino a Vigo para xogar o partido correspondente á xornada 21 de 2ª Div. A ant o ELLAEL Vigo Voley no Pavillón de Coia.
Comezaba ás 20:00 dirixido polo colexiado José L. Dominguez, e cunha duración de 01 h 10 m, finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 13-25; 20-25 y 21-25. Adestradores, local, Falagan e visitante, D. Hermida e T. Cobos.
ELLAEL VIGO VOLEIBOL: 11 Abelleira,15 Niessen, 2 Sánchez, 9 Fandiño, 3 López, 10 Pérez, 7 Martínez, 8 Lorenzo, 5 Alcántara e 4 Chachero.
AUTOS CANCELA ZALAETA: 8 Patri Santos, 6 Paula Lema, 1 Susana Suarez, 2 Nerea Tabeayo, 4 Alba Quirós, 18 Raquel Rey, 7 Inés Rivas, 9 Sara Amarelle, 3 Ana Calvo, 13 Andrea Rivas, 16 Irene Villaverde e 10 Ana Mª Ceba.
Inicia o partido o Autos Cancela Zalaeta
decidido a finalizar rapidamente levándose a vitoria, e pouco a pouco
vai abrindo oco e pon o 0-1 coa maior diferenza do encontro, 13-25. Pero
non era tan doado, as locais reaccionan e non deixan dominar dese
xeito. No segundo set o Zalaeta logra un parcial inicial de 1-5, pero as de Vigo
recortan diferenzas e aproxímanse no marcador premendo as visitantes,
pero estas pechan o set ao seu favor nos momentos finais. No terceiro, o
ELLAEL, sabedor de que é a súa última oportunidade, non se dá por vencido, insiste e logra o mellor set de partido pero cede nos puntos finais.
Bo
partido das coruñesas que estiveron moi centradas levando o tempo do
encontro cun ataque moi eficiente e bo xogo na rede. Ben o conxunto e bo
rendemento dos cambios realizados polos adestradores. Pola súa banda o ELLAEL
realizou un bo encontro no segundo e terceiro sets, ordenadas e con
ganas, pero falloulles por momentos a distribución e encontráronse cun
bloqueo que lles custaba superar e un ataque que lles facía dano.
No transcurso do terceiro set produciuse un incidente nun lance de xogo no que se viu involucrada a xogadora do Autos Cancela Zalaeta, Ana Calvo, que detivo o xogo e a relegou ao banco, pero que finalmente non tivo mais transcendencia.
A próxima xornada finalizamos a Liga Regular cun interesante encontro na casa ante o Calasancias Coruña, segundo clasificado