Victoria do FisiomásZalaeta sobre o CAEP Soria por 3-1 no Barrio para finalizar un fin de semana dobre de voleibol en SF2.
VER + FOTOS |
Hoxe domingo, ás 12:00 daba comezo o partido adiantado de SF2, que dirixido polos colexiados Diego Soto e Alfonso Ares e cunha duración de 01 h 39 m, finalizou 3-1 con parciais 25-23; 18-25; 25-19 y 25-15. Adestradores, local J. Barreiro e JL Sánchez e visitante, JM. Serrato e B. Saenz.
FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Marga Echevarría, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.
CAEP SORIA: 1 María Figueroa, 2 Anna Grima, 3 Judith Porras, 4 Ana Escamilla, 5 Paola Martínez, 7 Clara Canet, 8 Ludmila Duarte, 9 Aida Rodríguez, 10 Mireia Alcón, 12 Selene Lobato, 14 María A. Gomila e 17 Raquel Lázaro.
Segundo partido do fin de
semana, cando se deixaba notar o esforzo realizado no partido nada doado
do día anterior, pero era o denominador común para ambos os dous
equipos, pois os dous xogaran o sábado 5 sets cada un nas súas
respectivas citas. A pesar diso, as visitantes comezaron o primeiro set
imprimindo un bo ritmo de xogo, e inaugurando o marcador e obrigando as
coruñesas a poñerse as pilas para pouco a pouco remontar e ir adquirindo
unha vantaxe que no terceiro parcial chegou a ser de 6 puntos, aínda
que lograron pechar o set coa xusta diferenza de 25-23. O segundo set
cambiou de cor, foron as da concentración permanente as que dominaron o xogo, e sempre
por diante no marcador, empataron o partido impoñéndose claramente ao FisiomásZalaeta aproveitándose dos numerosos erros das locais.
O Zalaeta
non podía permitirse este resultado, quería os puntos e para iso tirou
de experiencia, centrouse, deixou os erros de lado, puxo a funcionar o
ataque e afinou o saque para dobregar o CAEP, impúxose claramente nos dous sets finais e levouse o partido e os tres puntos.
O terceiro e cuarto set foron os mellores das pupilas de Jorge Barrero, estiveron ben ao saque, sen erros no cuarto, e co ataque máis eficaz do partido. O CAEP Soria víuse superado polo rival a pesar do seu bo xogo na rede, superior as rivais, pero que non foi suficiente para que o equipo de Serrato lograse a segunda vitoria do fin de semana.
Destacar como anotadoras, de novo a Patricia Suarez con 21 puntos (45 o fin de semana) a mellor do partido, seguida de Ana Escamilla do CAEP con 13 puntos. Sheila e Noa, boas estatísticas en recepción. Estaremos pendentes do que digan os técnicos da RFEVB esta semana.
Catro
puntos en dous partidos, valiosos para consolidarse nesa estupenda
cuarta posición na táboa dependendo, de momento, de si mesmo.
A
próxima semana, desprazamento a Almería coa moral alta despois do bo
xogo despregado, para o que pode ser un enfrontamento co Voleibol is Life, crave de cara á clasificación.