/VITORIA NA PRIMEIRA XORNADA DE LIGA

VITORIA NA PRIMEIRA XORNADA DE LIGA

       Arranque de Liga SF2 con vitoria a domicilio ante La Curtidora de Avilés en Los Canapés nun disputado e emocionante partido.

VER + FOTOS

   As 17:30 daba comenzo o encontro que finalizaría cun resultado de 1-3, con parciais. 22-25; 25-23; 20-25 e 17-25. Dirixido polos colexiados R. Martín e C. Rodriguez, tivo unha duración de 01h 46m. Adestradores, local, David Sánchez e Verónica Sánchez, visitante, Jorge Barrero e José Mª Sánchez.
   AD La Curtidora: 1 Sundai Weston, 2 Patricia Franco, 3 Claudia Rodríguez, 4 Sarai Vieites, 5 Gloria Santos, 7 Celia Flórez, 9 Carlota García, 11 Renee Murray, 12 Covadonga Busto, 14 Paula García e 16 Mª Teresa Martínez. 
   FisiomásZalaeta: 1 Patricia Santos, 2 Cristina García, 3 Sofía Hidalgo, 5 Maca Corbo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez. 

   Sete incial: Cristina García, Patricia Suarez, Andrea Rivas, Rocío Durán, Sheila Arias, Sara Díaz e Sofía Hidalgo. 
    
   Bo comezo de Liga con vitoria fose de casa que despexa dúbidas e confirma unha pretempada en ascenso. Para Jorge Barrero
“o mellor do encontro foi que fomos capaces de superarnos, e despois
dun inicio de partido frouxo, con bastantes erros sobre todo no saque,
fómonos corrixindo ata lograr un bo xogo en todas as facetas e sen
deixarnos intimidar superamos o adversario claramente, logrando unha
vitoria moi importante nesta arranque de competición, indo claramente de
menos a máis,”.

  O primeiro set estivo marcado pola igualdade, no que o xogo do FisiomásZalaeta viuse lastrado polos erros cometidos en saque que lle impedían
distanciarse no marcador, pero a pesar do cal logrou unha pequena
diferenza para poñer o 1-0. O segundo set, parecido ao primeiro, as
coruñesas caeron vítimas dos seus erros ante un equipo local que non
desaproveitou as súas ocasións e que parecía que ía a máis a medida que
avanzaba o encontro, e que encontraba nos puntos da receptora Murray a súa mellor opción, aínda que a igualdade era a tónica dominante: 1-1.
   Co transcurso do partido, o Zalaeta
foi afianzándose no seu xogo, e sen perder a calma mellorou as súas
prestacións, mellorou a defensa e diminuíu os erros, fíxose dono da
cancha e lograba gañarlle a partida a La Curtidora,
que se caía por momentos ante un equipo visitante con ganas de gañar e
que se mostraba compacto e cun ataque eficaz distanciábase no marcador
ata poñer o 1-2. O cuarto e definitivo foi de dominio completo das herculinas,
sempre por diante no marcador cun xogo moi completo superando ás
locais, realizaron o mellor set do partido e logrando a maior diferenza:
17-25.
   Cristina García dinos que “o
máis importante foi que estivemos metidas no partido dende o comezo, non
perdemos a concentración ao longo do encontro logrando mellorar e
realizar uns moi bos sets finais”.

Destacamos a achega de Patricia Suarez, 22 puntos, e o labor de Sheila Arias en defensa, así como a actitude do equipo que non deixou de dar a cara en todo o encontro. Pola súa banda, a xogadora de La Curtidora, Murray, máxima anotadora do encontro con 24 puntos.
   A próxima xornada, no Barrio das Flores, recibiremos o Sant Boi, equipo que estrea categoría e que vén coa súa primeira vitoria conseguida ante CAEP Soria.
                                                RFEVB  ESTATÍSTICAS DA XORNADA

      COMENTARIOS DA XORNADA:    EL COMERCIO.ES      laopinioncoruna.es
       
      CONSULTA O CALENDARIO DE SF2
TAGS: