/EMEVE CAMPIÓN DE COPA GALICIA

EMEVE CAMPIÓN DE COPA GALICIA

   EMEVE vence ao FISIOMÁSZALAETA por 3-1 na final da Copa Galicia celebrada no Municipal de Lugo.

VER + FOTOS

  Non puido ser, intentouse pero o EMEVE foi mellor no partido da final. Hoxe ás 18:00 daba comezo no Municipal de Lugo
o encontro do que sairía o Campión deste ano entre os mesmos finalistas
que a edición anterior, que formaron cos seguintes equipos:
  
EMEVE: 1 María Rodriguez, 2 Nerea Novo, 3 Laura Villasante, 4 Irene
Yañez, 5 Mª José Garrido, 7 Mª Fé Pena, 9 Claudia rozas, 11 Carmen Morales, 12
Carmen Carvajal, 13 Paula Lorenzo, 14 Sara Folgueira e 17 Carmen Saa.

  
   Sete inicial por el  EMEVE
Irene Yáñez, Carmen Carvajal, Carmen Morales, Sara Fogueira, Nerea Novo,
Laura Villasante y líbero Mª Fe Pena.
.
 
FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina García, 3 Sofía Hidalgo,
6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suárez, 12 Paula
Lema, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.
  Sete incial por FISIOMÁSZALAETA:  Cristina Bermejo, Patricia Suárez, Rocío
Durán, Sheila Arias, Andrea Rivas, Sara Díaz y líbero Sofía Hidalgo. 
   
O resultado foi de 3-1, con
parciais: 25-18; 25-17; 24-26 y 25-21. Adestradores, local, José Valle; visitante, Jorge Barrero e José Mª
Sánchez. O encontro foi dirixido polo colexiado José Real, e tivo unha
duración de 01h 47m.

 

  O primeiro set comezou cun 2-2, pero o bo saque do as locais, que puxo o parcial 8-2, non permitiu que as herculinas
se metesen no partido. A defensa levantaba bólas, pero non funcionaba
ben, o ataque carecía de agresividade ou se fallaba,… o que fixo que o
rival se acomodase e puidese despregar o seu xogo sen problemas, para
finalizar co marcador a favor: 1-0. O segundo set seguiu a mesma
dinámica que o anterior, o EMEVE, cun xogo
moi compacto, ben en defensa e sen problemas na recepción, doadamente
realizaba un ataque ordenado e efectivo, o que, de novo, o levaba a
impoñerse ao contrario, e poñer o partido 2-0. Semellaba que o encontro xa estaba decidido do lado lucense, pero o Zalaeta
reacciona e, partindo dunha primeira parte de set moi igualada (10-10),
consegue superar por primeira vez no marcador as locais, e impoñerse
cun resultado moi apertado: 24-26. Neste momento parecía que o partido
non estaba tan claro como a priori: as de Jorge Barrero
empezaban a meterse no xogo e apurando as súas posibilidades,
conseguían alongar o encontro. No cuarto e último set víronse as dúas
caras do Zalaeta, cun comezo moi axustado, alternándose no marcador ata que, mediado o set, o EMEVE cobra unha diferenza de 16-13, que ao cabo resultaría insalvable para as herculinas,
as cales, a pesar de todo, intentaron remontar o set e o partido, pero
sen conseguilo, para finalizar cun 25-21 que lle outorga o triunfo ao EMEVE.
  O equipo de Jose Valle
mantivo un bo nivel de xogo ao longo de todo o encontro, mostrándose
cómodo e agresivo, cun equipo que está funcionando ben e que se presenta
como un rival moi importante de cara á Liga que está a punto de
comezar.

  Pola súa banda, as de Jorge Barrero non se encontraron moi a gusto na cancha, cun xogo intermitente, e con demasiados erros propios. 

  Cunha semana por diante para rematar a posta a punto, o obxectivo é o comezo de Liga, o sábado 5 de Outubro en Áviles, ante La Curtidora; esperando recuperar a todas as xogadoras e presentar o equipo herculino ao completo.
  Mencionar o debut das xogadoras xuvenís do Zalaeta en partido oficial: Patricia Santos e Paula Lema.

        Parabéns ao EMEVE por un merecido triunfo na “Copa Galicia 2013”.