Desenvolveuse a segunda xornada da Liga regular que enfrontou aos conxuntos Cantabria Deporte e FisiomásZalaeta, hoxe sábado ás 18:00 na La Habana Vieja, nas que as coruñesas obtiveron a 2ª vitoria consecutiva, ao impoñerse por 1-3 con parciais 24-26; 22-25; 25-16 e 20-25 nun encontro de 01h. 50m. de duración. Adestradores, local, M. de Estefano e E. Díaz e visitante, J. Barrero e JM. Sánchez.
Deporte: 1 Segovia, 2 Villegas, 3 Gonzalez, 4 Salazar (L), 5 Hoyas, 7 Aroa, 8 Díaz,
9 Neila, 10 Dacuiña, 11 García, 12 Soto (L) e 15 Del Olmo.
Sofía (L), 5 Marta E., 6 Nancy, 9 Olalla, 10 Sheila, 12 Maca, 13 Lydia, 14 Sara
D., 15 Rocío e 18 Noa(L).
Importante vitoria a domicilio a lograda polo Zalaeta no seu desprazamento a Torrelavega para enfrontarse ao Cantabria Deporte, nun partido no que as locais comezaban por diante no marcador cun parcial de 8-5, pero que foi remontado polas visitantes que mediado o set puxéronse 13-16 para finalizar gañando o set. O segundo parcial sempre foi de Zalaeta que non deu opción ás cántabras superándoas claramente cun mellor ataque e eficaz xogo na rede. Deste xeito chegamos ao terceiro set, que nos deparou a peor cara das coruñesas, que malia comezar con parcial favorable de 6-8, pero que a mellóra no xogo do Cantabria Deporte, que cometeu menos erros e se centrou en defensa, fíxolle ceder o parcial malia que Jorge Barrero, técnico visitante, tratou de revitalizar o xogo do seu equipo cunha serie de rotacions que non deron resultado: 25-16. No último set, o partido volveu ao seu curso e o FisiomásZalaeta fíxose dono do xogo, e sen ceder no marcador, e con con menos erros impúxose no parcial e no partido.
VER FOTOS> |
Disputada a terceira xornada de 2ª División A, cun encontro entre CVI
Zalaeta e CV Bruxas, no Pabellón do Instituto, que finalizou con vitoria
das locais por 3-0, con parciais 25-10; 26-24 e 25-23. Cunha duración
de 01h. 13m., o partido foi dirixido polos colegiados A. Borrás, L. Lago
e L. Lago. Adestradores, local A. García de Dios e visitante, Bouza.
CVI Zalaeta:
3 Sara R. ©, 13 Paula R.(L), 8 Paula M. (L), 10 Sara D., 12 Marga, 2
Susana B., 11 Susana S., 8 Patri, 6 Amara, 9 Rita, 15 Andrea e 14 Alba.
CV Bruxas:
13 Noya ©, 6 Aboy, 8 Gonzalez, 9 Gonzalez V., 17 De Deus, 14 Martinez, 3
Lizuain, 18 Rivas, 10 Rodriguez, 1 Sánchez-Biezma, 16 Caamaño e 5
Bouza.
Nova vitoria do Zalaeta no seu terceiro partido de liga, competición na
que van atopando o seu sitio as pupilas de Asier García. Partido
claramente favorable ás locais, que no primeiro
set foron superiores cun xogo ben organizado e efectivo en todas as
facetas do xogo. O segundo xa foi diferente, o Zalaeta mostrou outra
cara, con múltiples fallos e erros en recepción, deixáronse dominar
polo Bruxas aínda que ao final conseguiron impoñerse cun axustado
marcador: 26-24. No terceiro set, ambos equipos melloraron o seu xogo,
as coruñesas defenderon ben e fixeron valer o seu mellor ataque para
impoñerse a un rival que disputou todos os puntos defendendo todos os
balóns.
O CVI Zalaeta aos poucos vaise asentando, e a medida que vai disputando
encontros vai mellorando o seu xogo, pasando do nerviosismo inicial, a
ser un grupo cada vez mais conxuntado que progresa, faino mellor en ataque e no saque e reduce os fallos, e ao mesmo tempo vai facendo rotacións e dando entrada a todas as xogadoras.
Ausencias, Susana por lesión e Cristal. Próximo partido, contra o XAV Cambados.
VER FOTOS> |
A continuación xogouse o partido da 3ª xornada da Liga Galega de Xuvenís, tamén entre os mesmos equipos, FisiomásZalaeta e IES Ames. Encontro que resolveron as locais sen apuros cun 3-0 e parciais: 25-8; 25-9 e 25-15.
Sen ningún tipo de presión, as xogadoras de Jorge Barrero fixeron o seu partido, sen erros, ben en ataque e recepción, sen fallos no saque. Zalaeta marcou en todo momento o ritmo do encontro, aproveitando para incluír novidades no xogo e tratando de manter a intensidade.
Con este resultado vaise situando na parte alta da clasificación, e preparando a viaxe da próxima xornada para enfrontarse ao XAV Cambados.
Por Zalaeta xogaron: 8 Maca ©, 1 Marta F., 9 Sara R., 6 Patri, 11 Rita, 18 Paula (L), 15 Andrea, 17 Susana, e 2 Alba.
VER FOTOS> |
Ás 12:30 daba comezo no PM Sagrada Familia o encontro de categoría Cadete entre os equipos CVI Zalaeta e Liceo A Paz, que foi dirixido polo colegiado FL Barrallo e cunha duración de 01h. 33m., finalizou cun resultado de 3-0, con parciais 25-16; 25-21 e 25-22. Adestradores, local, D. Hermida,, visitante, Pérez.
CVI Zalaeta: 11 Paula L. ©, 17 Ana Mª(L), 13 Nerea, 1 Irene, 5 Inés, 6 Lydia, 12 Sara, 7 Alba, 9 Raquel, 14 Paula b. e 10 Carla.
Liceo La Paz: 1 Calvo ©, 5 Santiago(L), 11 Patiño, 3 Salinero, 2 Suarez, 6 Guerra, 10 Domínguez, 8 Da Fonte
Primeira derrota do Liceo, nun derbi que sempre tivo cor local, no que o Zalaeta realizou o seu xogo e impúxose claramente. O técnico David Hermida, está tratando de conxuntar o equipo dando entrada a todas as xogadoras e conseguindo que mellore día a día.
No primeiro set Zalaeta foi sempre por diante, cun saque moi eficaz, que o Liceo non foi capaz de recepcionar ben. O segundo parcial tivo outra cara, as do Instituto reláxanse e deixan que o rival se póña por diante en varias ocasións para ao final, ter que remontar. Neste set o adestrador local comezou coas rotaciones, que continuaron no terceiro, dando entrada a todas as xogadoras.
Esta vitoria permite ao equipo de David Hermida poñerse á fronte da CLASIFICACIÓN empatado co segundo, o VoleyOurense. A próxima xornada, visita ao XAV Cambados.