VER FOTOS> |
Venres
12 comeza a xornada co primeiro dos tres partidos que este fin de
semana vai enfrontar a Calasancias e Zalaeta. Xogan ás 10:30 os equipos
cadetes, e finalizan cun resultado de 1-3 favorable ás visitantes, que
nun partido de 01h. 40m., se impuxéron cun marcador 27-25; 23-25; 15-25 e
13-25. Árbitro, A. Borrás, adestradores , local Souza, visitante D.
Hermida.
1 Ucha, 11 Castro, 10 picado e 9 Busto.
Alba , 13 Nerea, 3 Ana Mª, 1 Irene, 14 Paula B., 9 Raquel, 6 Lydia, 12 Sara ,e10 Carla.
Partido tenso, no que non xogaron ben ningún dos dous equipos.
Comezaron gañando as do Instituto para deixarse remontar no marcador e
perder o set nos últimos puntos. O 2º foi parecido ao anterior, ambos
equipos íanse alternando no tanteo sen que o Zalaeta fose capaz de
decidir claramente o partido ao seu favor, con erros en case todas as
facetas do xogo, fallos no saque que impedían tomar vantaxe. Prodúcese o
empate a uns e nos restantes parciais, as rotaciones que realiza o
técnico David Hermida dan resultado, melloran o xogo e fanse co
resultado final de 1-3. Vitoria ao final merecida, pero cun xogo que
debe mellorar. CLASIFICACIÓN
VER FOTOS> |
A continuación enfrontáronse os equipos xuvenís nun partido que tivo
unha duración de 01h 04m e foi dirixido por A. Borrás, Adestradores,
Local, Rumbo, visitante, Barrero. Resultado 0-3, con parciais 8-25;
20-25 e 11-25.
9 Alonso, 16 Dopazo, 13 Domingo, 15 Opazo, 8 Pérez, 7 Castro e 10 Romero.
8 Maca © 18 Paula, 3 Sofía, 14 Sara D., 9 Sara R., 1 Marta, 6 Patricia, 11
Rita, 15 Andrea, 2 Alba, 7 Susana e 16 Alonso.
de trámite para o FisisomásZalaeta que foi superior en todo o encontro,
no que soamente no 2º set as locais opuxéronlle seria resitencia.
Primeiro partido oficial para este equipo que permite ás xogadoras
adaptarse ás súas posicións e ir axustándose de cara a unha competición
que será longa e esixente, para o que, ao seu técnico J. Barrero, lle
benefícia ter dispoñible unha plantilla ampla e completa.
Primeira vitoria do CVI Zalaeta 2ª Divisón logo de derrotar ao Calasancias por 1-3, en partido disputado no Pabellón da Sagrada Familia, con parciais 23-25; 26-24; 11-25 e 14-25.
Por parte de Zalaeta
xogaron: 5 Cristal, ©, 7 Susana N., 10 Sara D., 18 Paula M. (L), 6
Maca, 9 Rita, 8 Patri, 15 Andrea, 11 Susana S., 14 Alba, 12 Paula L.,
3 Sara R.,
Comeza o partido gañando o Zalaeta o primeiro set cun
marcador axustado e un xogo pouco seguro, con abundantes erros propios,
para ceder o 2º set na mesma liña , cos mesmos erros, pero que nesta
ocasión souberon aproveitar as locais. A partir de aquí, as do Instituto
pareceron reaccionar, mellorouse no saque e na recepción o que permitiu
un bo ataque, e corrixindo erros fixéronse coa vitoria.
Un
partido no que se xogou mellor, pero en que aínda parece que prevalecen
as individualidades ante o bloque, pero o habelo gañado debe de ir sumistrando tranquilidade necesaria para ir creando equipo; e así, instaladas no medio da táboa, ir preparando o partido que a próxima xornada contra o CV Bruxas, ao que recibiremos no Pavillón do Instituto, e co que estamos empatados a puntos, coa diferenza de tantos marcados ao noso favor.
PARTIDO APRAZADO FISIOMAS ZALAETA-EMEVE, LIGA GALEGA XUVENIL
VER FOTOS> |
Xa pola tarde, no Pabellón do Instituto Zalaeta, celebrábase, ás 19:00,
o partido aprazado da primeira xornada de liga entre os equipos
xuvenís EMEVE e FisiomásZalaeta.
Dirixido polos colegiados A. Suarez e F. L. Barrallo, e cunha duración
de 01h. 10m., finalizou 0-3 con parciais 16-25; 23-25 e 20-25.
Adestradores, local Jorge Barrero e visitante, José Valle.
D., Sara R., 1 Marta, 6 Patricia, 11 Rita, 15 Andrea, 2 Alba, 3 Lydia e 10
Paula L.
4 Yañez ©, 13 García, 18 Sánchez-Montaña, 14 Folgueira, 6 Bovio, 2 Araujo, 15
Martinez, 9 Rozas C., 3 Rozas B., 1 Rodriguez, 12 Carvajal e 10 Pérez.
fronte a un rival moi forte que sen fisuras no seu xogo impúxose
claramente. O equipo lucense é o actual campéon galego e dispón dun
equipo de primeira liña, moi compenetrado e con xogadoras de categoría
superior. Cunha gran recepción e moi bo xogo de ataque impuxéronse
holgadamente no primeiro set, a continuación o equipo local reaccionou, e
logrou poñerse por diante no marcador, moi ben en ataque e na rede,
axustaron o resultado, pero non foi suficiente para superar ao EMEVE. CLASIFICACIÓN
DEBÚT DO FISIOMASZALAETA CON TRIUNFO NA SF2
VER FOTOS> |
Ás 18:00 do sábado dá comezo o primeiro partido de SuperLigaFemenina2, que enfronta no primeiro derbi da tempada ao FisiomásZalaeta e ao Xuvenil Teis no Barrio das Flores. No partido, que tivo unha duración de 01h. 03m., os equipos presentaron as seguintes alineaciones:
Nancy, 11 Patricia, 13 Lydia, 15 Rocío; 5
Marta E. ©, 7 Laura, 9 Olalla, 10 Sheila e 14 Sara.
7 Lilia, 8 Rosana ©, 9 Natalia, 10 Rebeca, 13 Cristina, 18 Anía e 12 Eva.
Resultado: 3-0, con parciais 25-15; 25-10 e 25-10; foi dirixido polos
colegiados Daniel Carbajal e Duarte Borrás. Adestradores, local, J.
Barrero e JM Sánchez e visitantes, C. Veloso e M. Martinez
O
encontro desenvolveuse segundo o que se prevía, ambos equipos, vellos
coñecidos, enfrontáronse no campionato de Copa Galicia, resultando
eliminado o conxunto de Teis ante un FisiomásZalaeta que se mostrou
superior. Gañaron comodamente as locais, que sempre foron por diante no
marcador, moi centradas realizaron un gran partido, con boa recepción,
bo xogo na rede e un excelente ataque, no que cabe
destacar a achega de Patricia, 11 ptos., e Rocío con 8. A pesar do
marcador, o Xuvenil non se veu abaixo, comete poucos erros e teñen unha
defensa correosa pero non lograron superar ás coruñesas en ningún
momento.
O adestrador Jorge Barrero non realizou ningunha
rotación, xogando todo o partido co equipo inicial, a internacional
oposta Patricia Suarez, Cristina García, colocadora, Rocío Durán,
receptora, Nancy Campos, central, e as xuvenís Sofía Hidalgo ,
líbero, Marta Fraga, receptora e a tamén internacional cadete Lydia
Alonso, central.
O FisiomásZalaeta fixo
un partido completo en todas as facetas do xogo, o que unido á vitoria,
supón un bo comezo de tempada para enfrontarse na próxima xornada ao
Cantabria Deporte, equipo que vén de perder con RGC Covadonga nesta 1ª
xornada pero que pode ser dos favoritos para o final da competición.
LA OPNION DE A CORUÑA. El Zalaeta reedita la victoria en la Copa Galicia ante el Teis.
GALERIA DE LA OPINIÓN: 13Fotos