VER FOTOS> |
Esta tarde disputouse no Municipal de Lugo, a final de Copa Galicia categoría feminina, entre os equipos EMEVE de Lugo e FisiomásZalaeta de A Coruña, no que as coruñesas se alzaron co primeiro triunfo da tempada ao vencer por 2-3 un disputado encontro.
Partido intenso, como
corresponde a unha final desta categoría, na que os dous finalistas
compiten en SF2 e se coñecen ben e entre os que existe unha forte
rivalidade deportiva. Este é o primeiro dos derbys autonómicos que
protagonizarán ambos os dous equipos xa que compiten no mesmo grupo da
Superliga.

Comezaron a lucenses por diante no marcador xogando un primeiro set moi concentradas, cunha gran defensa que puxo neviosas as rivais, que non encontraban oco claro para o seu ataque, o que
lles fixo cometer numerosos erros e así entregar este parcial que
finalizou nun axustado 25-23.

A partir deste momento, o FisisomásZalaeta
foi encontrando o seu lugar na cancha e grazas ao seu potente ataque
logrou que as rivais perdesen concentración e comezasen a ter
fisuras na súa férrea defensa, o que lles fixo ceder o set: 24-26. O
seguinte parcial xa foi de claro dominio visitante que parecía atopar
o seu xogo, e cunha boa distribución de balóns, revitalizou o ataque
acompañado dunha boa actuación na rede e sen fallos en defensa, sendo,
nesta ocasión, o saque o seu punto débil. Leváronse o set cun folgado 15-25. Así as cousas, o partido parecía abocado ao final, cun cadro coruñés lanzado pola vitoria, pero o EMEVE, unha vez mais, foi capaz de frear a remontada e recuperando o seu xogo inicial, forzou o “Tie-Break”
ao vencer por 25-23. O quinto set tivo dúas partes diferenciadas, sendo
unha para cada equipo, logrando impoñerse na segunda o FisiomásZalaeta por un axustado e emocionante 14-16. Ambos os dous equipos acusaron a viaxe e os partidos disputados o día anterior no Trofeo Villa de Aviles, polo que tanto José Valle coma Jorge Barrero houberon de botar man do banco para dar descanso e alternar as súas respectivas xogadoras.

Por
parte do FisiomásZalaeta xogaron: Marta Esperanza, Marta Fraga, Lydia Alonso, Rita
Prieto, Nancy Campos, Cristina García, Sofía Hidalgo, Macarena Corbo, Patricia Suarez,
Olalla García, Sheila Arias e Rocío Durán. Adestradores: Jorge Barrero e José
Mª “Chisco” Sánchez.

Finaliza así a pretempada para o equipo de Jorge Barrero,
que en última semana protagonizou cinco encontros con equipos da
categoría obtendo catro vitorias e unha derrota. O próximo partido xa
será de competición ligueira, na casa contra o Xuvenil Teis.

PARABÉNS ÁS XOGADORAS E CADRO TÉCNICO POLA CONQUISTA DESTE PRESTIXIOSO TROFEO.
Noticias na prensa:
La voz de Galicia: En la final de Copa Galicia femenina, Emevé y Zalaeta…..
La Opinion de A Coruña: El Zalaeta, campeón de la Copa Xunta tras ganar al Emevé en la final….
Lugo Deportes: VOLEIBOL. Cara e cruz do EMEVE na Copa Galicia.