/FASE FINAL DA LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA

FASE FINAL DA LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA

 EMEVE Laboratotios NUPEL de Lugo campión galego 2012.

EMEVE LABORATORIOS NUPEL

  18 Lucía,  14 Sara Folgueira, 4 Irene Yañez, 10 Marina Pérez, 6 Lúa Melina,  9 Claudia Rozas, 13 Carmen García, 3 Blanca Rozas e 12 Carmen Carvajal.  Adestradores Bibí e José Valle.
FISIOMAS ZALAETA
12 Andrea Rivas, 11 Rita Prieto, 7 Marta Fraga, 9 Antía Rodriguez, 17 Lydia Alonso, 5 Jessica López, 6 Patricia Santos, 10 Maca Corbo, 3 Sofía Hidalgo, 18 Paula Martinez, 2 Amara Santos e 1 Paula Lema.  
   Adestradores, Fernando Cueto e Jorge Barrero.
A.D. A PINGUELA
9 Cintia López, 14 Susana Bahamonde, 7 Antía Penoucos, 8 Nerea Novo, 16 Eleonora Guzzi, 2 Mariño, 5 Guedella, 18 Regueiro, 13 Julia López, 6 Fernández M., 3 Andrea Fernández  e 10 Noemí Vázquez.
   Adestradores, Tendi e Martín Cardozo.
XUVENIL TEIS
6 Cristina Vázquez, 9 Natalia Fernández, 13 Dominguez, 5 Varela, 1 Eva Lois, 12 Noemí Araujo, 10 Laura  Rodriguez, 15 González, 14 Carmen Rodriguez, 8 Xulia Larrán, 2 Clemente e 3 Rivas.
   Adestrador,  Rodolfo Lago.
  Gran xornada de Voleibol a vivida hoxe no ó longo de todo o día  no P. da Sagrada Familia da Coruña con motivo da celebración da fase final da Liga Xuvenil Feminina, na que se deron cita os catro primeiros equipos da Liga Regular. Con gran afluencia de público, xogáronse as semifinais pola mañán e as finais pola tarde, nas que se impuxo o equipo lucense EMEVE Labotarorios Nupel.
   Os encontros estiveron dirixidos polos colexiados Laura Lago, Irene Vázquez, Fco.Luis Barrallo, Justo Olea e Alberto Suarez.
   O primeiro partido deu comezo ás 10:00, e enfrontou ós equipos A Pinguela e Fisiomás Zalaeta que finalizou cun resultado favorable as locais por 3-2, que deste modo desfixo o empate que caracterizou a estes equipos na presente campaña. Nun encontro de máxima tensión, vimos os dous equipos entregarse ó máximo desplegando un gran e emocionante xogo, cun marcador moi axustado, que se decidiu no “tie-break”. No primeiro parcial impuxéronse as monfortinas 19-25, para remontar as xogadoras de Fernando Cueto no 2º,25-19,e 3º set, 25-20. O 4º parcial foi para A Pinguela, 25-23, que forzou o “tie-break” cando xa parecía que o Zalaeta se alzaba co triunfo. Comezou o desempate cás xogadoras do Instituto por diante, pero co 8-6, as pupilas de Tendi reaccionaron e lograron poñerse por diante no marcador, para ofrecernos un final de infarto, que rematou 17-15 favorable ás coruñesas. Destacar a ausencia da xogadora de Monforte, Sara Díaz, oposta, que finalmente non puido acudir a cita.
   A segunda semifinal enfrontou os otros dous equipos, EMEVE e Xuvenil, que parecía ter previamente o guión escrito. O equipo de Vigo presentouse con dúas baixas importantes, a colocadora Xiana e a receptora Lili, que a bon seguro botou de menos o seu adestrador Rodolfo Lago. Foi este un partido de trámite para as lucenses que se impuxeron por 3-0, na sua liña habitual da tempada, sen dar opción as rivais.
   Deste xeito, quedaron conformadas as finais, polo 3º e 4º posto, disputaron  Xuvenil de Teis e A Pinguela , con vitoria para ás segundas por 0-3; 18-25, 12-25 e 12-25. E na final, enfrontáronse Zalaeta e EMEVE con vitoria final das de Lugo tamén por 3-0; 11-25, 18-25 e 17-25.
VER FOTOS

   Deste xeito remata a tempada o equipo de José Valle despois de unha gran competición, na que non perdeu ningún encontro, realizando un gran xogo, cunha plantilla moi experimentada e conxuntada que ten unha grande proxección. Realizan un gran xogo en defensa o que lles permite organizar o ataque como queren, pois recursos non lles faltan para sorprender ó rival con calquera improvisación ou xogada ensaiada. Proclámase campión un gran equipo que ademais divirtese xogando ó voleibol. 

   Noraboa ás campionas, ós seus adestradores e directiva do EMEVE.

   O Presidente do CV I Zalaeta, D. Jesús Hidalgo, fai entrega do trofeo 1º clasificado a capitana de EMEVE Laboratorios Nupel de Lugo.
TAGS: