/SF2: RGC COVADONGA 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

SF2: RGC COVADONGA 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

  Vitoria do Autos Cancela Zalaeta en Xixón ante o RGC Covadonga coa que suma 3 puntos e avanza un posto na clasificación.

  O partido correspondente á 7ª xornada de SF2 celebrábase no Braulio García de Xixón o sábado a partir da 17:00. Dirixido polo colexiado Bruno Correa, e cunha duración de 01 h 40 m, finalizou cun resultado favorable ás coruñesas de 1-3, con parciais 22-25; 25-18; 20-25 e 12-25 (79-93).

RGC COVADONGA Miriam Diéguez, Cristina García, Lidia Pérez, Cecilia González, Ana Martín, Paula Sánchez, Mariña Branco, Gloria Santos, Paula Lorenzana, Marta Fernández, Elena Rodríguez, María Martín, Covadonga Mitre e Cecilia Rodríguez. Adestrador Saúl Pérez.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Antela Couceiro, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  O Zalaeta impúxose nun primeiro set moi igualado no que había escasas diferenzas e alternancia no marcador, ata que un empate a 21 rómpeno as visitantes con catro ataques que lles permiten finalizar e poñer o 0-1 no luminoso. Reacciona o Grupo no 2º, comeza por diante querendo corrixir o marcador , e un parcial de 5-0 pon o 14-8 co que as locais obteñen unha diferenza que só teñen que administrar e sacar rendemento aos erros do rival para empatar o partido.

  No 3º, mais centradas as de Barrero, é o set que menos erros cometen, soamente 2, dominan o marcador e aos poucos van obtendo vantaxe para finalizar gañando o set. Este set proporciónalles 1 punto e a tranquilidade de puntuar xa a domicilio, e iso sérvelle para encarar o 4º con máis decisión e lograr o mellor parcial do partido.

  Neste set son netamente superiores ás de Xixón en ataque, saque e bloqueo, o que lles permite obter a maior diferenza do partido e os tres puntos en xogo.

  Para Jorge Barrero, o seu equipo “realizou un bo partido, moi centradas e eficientes en ataque, con moi bo xogo na rede e bloqueo. A pesar de realizar uns cambios tácticos, por lesión de Tania Cobos, Eleonora Guzzi pasou nesta ocasión para xogar de oposta dando entrada á central Andrea Rivas, o xogo do equipo non se viu afectado e superamos ao Grupo”.

  Bos números para o Zalaeta, a un 47% de eficiencia en ataque (47 puntos), hai que sumar os 14 bloqueos, 8 de Lidia Gudge, e 8 puntos de saque, e a ter en conta os poucos erros cometidos, unicamente 18.

  En xeral boa actuación das xogadoras coruñesas, das que destacamos os 24 puntos de Emma Ordoñez, 22 ataques e 2 bloqueos; Laura Vázquez 12 puntos, 9 ataques e 3 ACES e Lidia Gudge 16 puntos, 8 ataques e 8 bloqueos.  Por parte do RGC Covadonga, Cecilia González 13, Miriam Diéguez e Ana Martín 12 e Gloria Santos 11.

  Este resultado suponlle avanzar un posto na clasificación, 6ª posición para o Autos Cancela Zalaeta, nun tramo da táboa comprimido no que 5 equipos móvense en 3 puntos de diferenza, e a ter en conta que o próximo partido traerá ao Barrio ao VP Madrid agora mesmo 3º con 15 puntos.