/2ª XORNADA DE LIGAS GALEGAS

2ª XORNADA DE LIGAS GALEGAS

  Onte xogáronse os partidos das Ligas Galegas correspondentes á segunda xornada de Xuvenís e Senior, ambos de 1ª División, que se saldaron con dous novos triunfos dos equipos do Instituto.

  Recibiamos a visita dos equipos Senior e Xuvenís do CV Pontevedra Alianza Española de Seguros S.A. para xogar senllos partidos no Pavillón do Instituto, que finalizaron con vitoria local cos seguintes resultados, en Xuvenís:

CV Zalaeta 3   CVP Alianza Española de Seguros S.A. 0    (25-17; 25-14 e 25-15)

No partido de senior:

Autos Cancela Zalaeta 3   CVP Alianza Española de Seguros 1    (25-19; 25-20; 17-25 e 25-21)

FOTOS DO PARTIDO DE XUVENÍS DE J. VÁZQUEZ   PINCHA   AQUÍ

FOTOS DO PARTIDO SENIOR DE J. VÁZQUEZ  PINCHA   AQUÍ

  A xornada prolongouse na mañá do domingo no que se xogaron os partidos de Infantís de 2ª, e Cadetes de 1ª división tamén ante o CV Pontevedra.

  O equipo de David Hermida conclúe esta 2ª xornada sen encaixar un set e sitúase na segunda posición da táboa empatado a puntos co líder o Aldebarán de S. Sadurniño:

CV ZalaetaClub Voleibol Pontevedra B 0      (25-7; 25-18 e 27-25).

  As pupilas de Cristina tamén continúan co seu marcador a 0 sets recibidos e despois desta vitoria ocupan a 2ª posición empatadas a puntos co Ribeira Sacra:

CV ZalaetaCVP POMASA 0    (25-11; 25-15 e 26-24).