/CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO 2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO 2018

  Está a disputarse o Campionato de España Universitario de Voleibol en Málaga de 23 ao 26 do presente mes con representación galega a cargo da Universidade de Vigo en categoría masculina e do Universidade da Coruña en categoría feminina.

  A competición desenvólvese en tres xornadas cos equipos divididos en dous grupos nos que xogan en formato de liguiña a unha volta e na que os campións de cada grupo enfrontaranse nunha cuarta xornada, que terá lugar o xoves 26, para dilucidar o Campión Universitario 2018.

  En categoría feminina o equipo da UDC está encadrado no Grupo A con a Universidad de Málaga, Universidad de Valencia e Universidad de Barcelona. A expedición da UDC desprázase o mesmo día de inicio da competición para chegar a Málaga a tempo para enfrontarse ao primeiro rival, U. de Barcelona.

  A pesar da viaxe as xogadoras chegan con ganas de disputar o encontro e impóñense claramente ás rivais cun resultado de 1-3 con parciais 25-23; 24-26; 18-25 e 22-25 mentres no mesmo grupo Valencia gáñalle a Málaga por 3-0. Este resultado dálle tranquilidade á UDC que lle permite descansar e gozar da estancia en Málaga para preparar o seguinte enfrontamento. Na segunda xornada o cruzamento é con Valencia, equipo superior que demostra na cancha a súa valía impoñéndose por 0-3 ás coruñesa con parciais 14-25; 16-25 e 11-25.

  Nesta primeira fase resta un enfrontamento ante as anfitrioas coa ilusión dunha vitoria e que no outro emparellamento do grupo se impóña Barcelona. Pero non é así, a herculinas cumpren e gañan a Málaga por 1-3 con parciais 25-20; 14-25; 22-25 e 12-25, con todo Valencia logra a vitoria ante Barcelona cun resultado de 3-0 e isto decide a clasificación do grupo A: 1ª Valencia e 2º Coruña.

  No grupo B Murcia logra 3 vitorias que lle dan o primeiro posto e co pase á final que disputará con Valencia, mentres que Granada con 2 vitorias 1 derrota queda en 2ª posición e comparte o terceiro posto e a medalla coa UDC.

  Boa traxectoria do equipo coruñés que lograron nas fases previas a clasificación para a rolda final e aquí un empate en lle terceiro posto coa Universidade de Granada. Para o adestrador Julio Vázquez, “a clave estivo no primeiro partido que logramos superalo a pesar de realizar un longo desprazamento para chegar a Málaga pola tarde sen apenas tempo para descansar. Xa no segundo o cruzamento con Valencia demostrouse moi difícil, un equipo superior ao que non puidemos opoñer moita resistencia, de feito xogarase a final co favorito, a UCAM, que se que ten un conxunto moi potente con xogadoras de renome que claramente van a por o título”.

  Con Julio Vázquez como xefe da expedición, e Tania Cobos como xogadora-adestradora, esta é a composición do equipo da UDC: 9Tania Cobos, 1 Noa Sánchez, 10 Jessi López, 8 Patri Santos, 6 Noemí Vázquez, 3 Alejandra Galbán, 4 Alba Quirós, 2 Lidia Gudge e 7 Emma Ordoñez. Todas elas con ficha polo Club Instituto Zalaeta Voleibol.

   No apartado masculino a UVigo logra a 2ª praza no grupo A con dúas vitorias e 1 derrota, compartirá o terceiro posto con Universidad de Almeria. A final xogarana, unha vez mais, UCAM ante Universidad de Valladolid.

  Parabéns¡¡ polos logros conseguidos e feliz regreso.

Para ver fotos de J. Vázquez, preme  aquí e aquí