/O EQUIPO CADETE ASCENDE DE CATEGORÍA

O EQUIPO CADETE ASCENDE DE CATEGORÍA

  O venres xogábase no Pavillón do instituto o partido de volta da fase final entre o CV Zalaeta e o CV Bruxas no que se decidía unha praza de ascenso á 1ª División.

  O equipo do Instituto viña con vantaxe ao gañar o partido de ida a domicilio por 1-3 e facendo valer o feito de xogar en casa impúxose con claridade por idéntico resultado, 3-1 con parciais 25-21; 25-15; 24-26 e 25-14.

  Partido disputado a pesar da aparencia do marcador no que o Zalaeta impúxose demostrando un mellor momento de forma a un rival que non regalou nada e que tratou en todo momento superar a eliminatoria. O equipo de Cristina realizou unha tempada de menos a máis para alcanzar a fase de ascenso no mellor estado posible, “a clave, dinos a adestradora, estivo na eliminación do Boiro, perdemos na casa pero gañamos a domicilio e a diferenza no marcador deunos a eliminatoria a nós e deunos ás para rematar a fase con vitoria e unha praza en 1ª para a próxima tempada”.

  O equipo de Zalaeta formarono: Rebeca,Sui, Sara, Lidia, Laura, Iria, Icía, Lucía, Alba, Alma e Paula.  Adestradora, Cristina G. Bermejo.

  Felicidades ás xogadoras, artífices do éxito deportivo que desenvolveron unha excelente campaña e foron capaces de superarse a si mesmas con tenacidade e constancia no adestramento. Parabéns tamén ao cadro técnico polo bo labor realizado e sorte na próxima tempada na máxima categoría autonómica.