/CAMPUS DE VOLEIBOL DE SEMANA SANTA

CAMPUS DE VOLEIBOL DE SEMANA SANTA

Vai celebrarse o Campus de Semana Santa de Voleibol de Zalaeta no Pavillón do Instituto Zalaeta os próximos días 26, 27 e 28 de marzo no que haberá 15 prazas de categoría infantil (nadas nos anos 2004 e 2005) e 20 prazas de minivolei (nadas entre 2006 e 2009).

  O horario será de 10:30 a 14:00. A inscrición poderá realizarse no mesmo Pavillón os luns e mércores de 18:30 a 20:30 ou no Polideportivo da Sagrada Familia os venres de 18:30 a 20:30. Será necesaria unha fotocopia do cartón sanitario. Para masi información Cristina telf. 651 360 683 ou ben cv.zalaeta1@gmail.com

 O prezo do Campus é de 25 E., 20 para os socios ou deportistas do C.I. Zalaeta, e o pago efectuarase en efectivo no momento da inscrición.

  A recepción será o luns 26 de marzo no Pavillón do Instituto c/ Mª Vitoria Fernández de España, nº 2, e recoméndase aos participantes que leven calzado e roupa deportiva así como unha merenda e unha botella de auga.

Boletín de inscrición…… pinchando aquí