/CI ZALAETA BRONCE NA SUPERLIGA JUNIOR 2018

CI ZALAETA BRONCE NA SUPERLIGA JUNIOR 2018

 

     Celébrase en San Cugat del Vallés, do 15 ao 18 de febreiro, a Superliga Feminina 2018 no que se dan cita 16 dos mellores equipos xuvenís das diferentes ligas autonómicas. Divididos en 4 grupos o equipo do instituto encádrase no Grupo A con o Haris de Tenerife, o Esplugues e o club organizador Sant Cugat. O equipo desprazado para este campionato está dirixido por Jorge Barrero e as adestradoras Tania Cobos e Cristina G. Bermejo e compóñeno as seguintes xogadoras:

CLUB INSTITUTO ZALAETA: Lidia Gudge, Emma Ordoñez, Jimena Fernández, María Pedreira, Iria González , Antía Vallecas, Lidia Mareque, Lucía Alonso, Alejandra Regos, Paula Rey, Sara Carpintero e Laura Vázquez.

   Reseñar a incorporación ao equipo das xogadoras da Concentración Permanente de Soria , a coruñesa Jimena Fernández e a monfortina Antía Vallecas, que xa forman parte do equipo do Instituto na presente tempada.

  Na primeira fase clasifícanse os dous primeiros, o  Zalaeta en segundo lugar despois dos seguintes resultados:

 O primeiro encontro, xogado o xoves ás 10:00 ante o CV Esplugues resolveuse ben cun resultado de 3-1 favorable ás do Instituto con parciais. 25-16; 18-25; 25-21 e 25-13. Pola tarde ás 20:00 xogábase o segundo encontro, clave para a clasificación pois unha vitoria daría o paso á segunda fase para disputar os postos de 1º ao 8º,. O partido ante o Pérez Aparicio Haris resultou complicado, as tinerfeñas perderan pola mañá ante o DSV CV San Cugat e necesitaban a vitoria para ter opcións de situarse entre as mellores en seguinte rolda. O Zalaeta debía de xogar con tranquilidade, contaba con vantaxe, imponse no primeiro set pero o rival reacciona e empata o partido e ponse por diante cun 1-2. No cuarto a reacción das coruñesas non pode facerse esperar e nun disputado set empatan e ímonos ao quinto no que as de Tania Cobos superan ao Haris con diferenza, 3-2 con parciais 25-21; 21-25; 19-25; 25-23 e 15-6.

  A vitoria daba a segunda posición provisional ao Zalaeta á espera do partido ante o organizador Sant Cugat, que tería lugar ás 11:30 do venres. Pouco había en xogo, soamente os cruces na seguinte eliminatoria, ambos os conxuntos metéronse no grupo dos mellores e as locais impóñense nun partido complicado e axustado no que unicamente estivo claro o último set: 3-1 con parciais: 32-30; 25-13; 23-25 e 25-13.

  O cruzamento en cuartos de final é coas canarias do IBSA CV CCO 7 Palmas, o partido dispútase o venres pola tarde, é complicado, pase a semifinais con opción de disputar unha das medallas en xogo. Hai alternancia no marcador, non cede ningún dos dous contendentes e finalmente acábanse impoñendo as coruñesas cun 2-3 con parciais 22-25; 25-18; 25-27; 25-19 e 11-15.

  O CI Zalaeta xa está en semifinais, acompañado de CVB Barça, DSV Sant Cugat e RGC Covadonga. O cruzamento é co Barça e xógase o sábado pola tarde nun encontro no que se impoñen as barcelonesas cun resultado de 3-1 con parciais 25-18; 25-18; 20-25 e 25-18. Na outra semifinal que enfrontaba ao equipo organizador e ás xixonesas do Grupo, imponse o Sant Cugat por 3-2, resultado que lles dá o pase á final.

  As finais xóganse o domingo pola mañá, os dous equipos cataláns xóganse o título do 2018 nun partido no que se impón o CVB Barça por 1-3 ás organizadoras proclamándose campioas da Superliga Junior 2018.

  Previamente xogábase o partido polo bronce entre dous equipos que se coñecen ben, as xixonesas do RGC Covadonga e o Club Instituto Zalaeta. As coruñesas saen decididas e a por todo e superan claramente ao rival cunha ampla vantaxe que marcaría o partido. No segundo o Grupo reacciona e aperta nun set moi disputado que perden no límite, pero é no terceiro cando logran superar ás do Instituto, 1-2. Chegamos ao cuarto que é o do triunfo do Club Instituto Zalaeta que non deixa escapar a oportunidade de gañar o partido cun resultado de 1-3 con parciais 9-25; 26-28; 25-21 e 19-25, e con el a Medalla de Bronce desta Superliga Junior 2018.

 Parabéns ao equipo de xuvenís do Instituto Zalaeta, a todas as súas compoñentes e todo o cadro técnico do Club por esta excelente actuación na competición de San Cugat.

 Noraboa ás Campioas CVB Barça e asimesmo felicidades tamén ao Club organizador DSV CV Sant Cugat pola segunda posición e pola gran organización deste torneo da Superliga Junior 2018.