Celebrado o sábado no Barrio das Flores o encontro de SF2 correspondente á xornada nº 18 que enfrontaba aos equipos Autos Cancela Zalaeta co Universidad de Valladolid. Comezaba puntualmente ás 19:00 dirixido polos colexiados J. Olea e F. Barrallo, e finalizaba cunha duración de 01 h 41 minutos cun resultado favorable ás locais de 3-2, con parciais 25-19; 22-25; 20-25; 25-18 e 15-12 (107-99).
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Noemí Vázquez, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
UNIVERSIDADE DE VALLADOLID: Sonia Martín, Aida Illerías, Elisa Galán, Mª Vitoria López, Ángela González, Raquel de Pedro, Marita López de Vega, Anaís Álvarez de Granada, Lucía Olmedo, Paula Santamaría, Rebeca García e Jimena Tamayo. Adestradores Álvaro Hernández e D. González.
O Zalaeta imponse nun primeiro set que comezaba igualado e no que aos poucos as locais vanse distanciando ata alcanzar unha diferenza de 6 puntos (18-12) que van dosificando ata o final, cun bo ataque, 16 puntos, ante a escasa bagaxe anotadora do rival.
No segundo as universitarias superan ao Zalaeta, nun set que discorre igualado, as visitantes non deixan que o rival cobre vantaxe e no tramo final do set remontan un 21-18 que pon o 1-1 no marcador con maior eficacia anotadora pola súa banda.
O terceiro debería de ser o da recuperación das do Instituto, pero non son capaces de recuperar ante un equipo crecido pola vitoria no set anterior que supera o ataque local cos mellores números do partido, 17 puntos, ante un decaído rival que realiza o peor set do encontro, só 10 puntos de ataque, a pesar dos 4 ACES de Laura no set (5 no partido).
O conxunto de Barrero debe de reaccionar se non quere ceder os puntos en xogo, e aproveita a oportunidade realizando o mellor set do partido. Distánciase paulatinamente do rival ata alcanzar unha diferenza de 18-10 que é suficiente para lograr o empate cos mellores números en recepción, 67% e ataque, 18 puntos. Chegamos ao quinto set para decidir quen queda cos 2 puntos, e o Zalaeta adiántase, pero non hai grandes diferenzas, empate a 10 puntos, pero as locais levan a iniciativa dominando o marcador ata o definitivo 15-12.
Vitoria local e repartición de puntos no Barrio, 1 para as visitantes e 2 para o Autos Cancela Zalaeta que lle permiten conservar a 5ª posición na táboa.
Bo partido do Zalaeta que tivo que sufrir ante un Valladolid que non se entregou en ningún momento, cun acerto en ataque do 41% e 64 puntos, 7 ACES e 10 bloqueos completou un longo partido de 5 sets. Por parte do Zalaeta Alba Quirós con 27 puntos (24 de ataque), máxima anotadora do encontro, seguida de Laura Vázquez con 18, Tania Cobos con 13 (que reaparecía neste partido) e Lidia Gudge con 10 puntos. Polo Universidad de Valladolid Aida Illerías máxima anotadora con 17 puntos, seguida de Elisa Galán con 16 e Victoria López con 14.
O próximo partido será en Soria ante o CAEP, despois de dúas xornadas consecutivas en casa toca desprazamento para xogar ante o 2ª clasificado.
VIDEO DO PARTIDO: https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/8wBsspooEvM
En partido xogado o sábado no Pavillón do Instituto de Zalaeta, o equipo cadete Autos Cancela Zalaeta cultivou unha sufrida merecida vitoria ante o Fisioterapia Cinesia Noia por 3-2, o que lle permite manterse na 4ª posición da táboa a falta de dúas xornadas para que finalice a liga regular.
2ª DIVISIÓN CADETES
Autos Cancela Zalaeta 3 Fisioterapia Cinesia Noia 2 (23-25; 25-17; 21-25; 25-22 e 15-6)
1ª DIVISIÓN INFANTÍL
Autos Cancela Zalaeta 0 Hosp. Veter. Acea Olga EMEVE 3 (15-25; 20-25 e 20-25)
1ª DIVISIÓN XUVENIL
Autos Cancela Zalaeta 0 Hosp. Veter. Acea Olga EMEVE 3 (19-25; 18-25 e 16-25)
1ª DIVISIÓN SENIOR
Autos Cancela Zalaeta 3 Fisio Che Ben S. Sadurniño 2 (17-25; 21-25; 26-24; 25-18 e 15-5)