Disputábase o sábado 16/12 no Barrio das Flores o partido de liga de SF2 correspondente á 13ª xornada, 2ª da segunda volta, entre o Autos Cancela Zalaeta, equipo local e o Cuesta Piedra Tenerife. En encontro dirixido pola colexiada Aroa García comezaba as 19:00 e cunha duración de 01 h. 45m. finalizaba cun resultado favorable a de 3-1 con parciais: 25-12; 25-21; 27-29 e 25-20.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos,Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema,, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Lida Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sanchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
CUESTA PIEDRA TENERIFE: Yolanda Amoedo, Doce Gestoso, Sara González, Idaira González, María Pérez. Lara, González, Alba Beira, Marlen Martín, Lorena Martín. Adestrador Juan Fco. Hernández e Javier Carracedo.
A práctica ausencia de erros danlle ao Autos Cancela Zalaeta o primeiro set sen paliativos. Un só erro cometido de saque, un 38% de ataque que supoñen 12 puntos e 11 erros das visitantes poñen o 1-0 no marcador e franquean o camiño para que o equipo do Instituto poida sumar no último partido do ano no Barrio das Flores ante o seu público. No segundo set as visitantes tratan de remontar e ofrecen maior resistencia nun set que a pesar de cometer máis erros que no anterior, o Zalaeta domina o marcador.
No terceiro, Cuesta Piedra xoga a súa última baza, as do Instituto controlan os parciais, pero as canarias son capaces de remontar un adverso 21-17 para impoñerse no set máis axustado e mais longo do partido e apurar as súas opcións. Pero non pode ser, a pesar do bo comezo das xogadoras de Hernández, as coruñesas impóñense no 4º set e con el levan o partido e os 3 puntos.
Alba Quirós unha vez máis máxima anotadora do encontro con 25 puntos, seguida de Marta Fraga con 14, Susana Suarez con 12 e Inés Rivas con 10. Polo Cuesta Piedra Tenerife, Marlene Martín con 18 puntos, Idaira González 12 e María Pérez 11.