Importante partido para ambos os conxuntos ao que chegan as de Teis con dúas derrotas consecutivas e as coruñesas nun refacho ascendente con dúas vitorias nos dous últimos partidos disputados.
As xogadoras de Barrero están dispostas a dar a cara, “sairemos a gañar, dinos o técnico, a por os tres puntos, trataremos de facer boa serie de xogo na que nos atopamos para sumar os tres puntos en xogo que nos permitan adiantar na clasificación ao Xuvenil e ofrecer un bo peche de tempada á nosa afección no Barrio”.
Un derbi sempre é un derbi, e a pesar do incerto que pode ser o resultado, as locais quererán devolver a moeda ao Teis, que na primeira volta gañou o partido ante o Zalaeta por 3-1, e deste xeito continuar escalando postos na clasificación.
Emoción e espectáculo non faltarán no Barrio este sábado a partir das 19:00 onde esperamos contar co apoio tan necesario da afección para despedir a tempada en casa cunha vitoria nun choque ten especial como un derbi galego.
1ª DIVISIÓN SENIOR
MAXI PEDROSO S. SADURNIÑO Vs AUTOSCANCELA ZALAETA SÁBADO 17:00 MUNICIPAL S. SADURNIÑO
1ª DIVISIÓN XUVENIL
CV RIBEIRA SACRA Vs AUTOSCANCELA ZALAETA DOMINGO 13:00 PM A PINGUELA
2ª DIVISIÓN CADETE
CV RIBEIRA SACRA Vs CI ZALAETA DOMINGO 11:30 PM A PINGUELA
1ª DIVISIÓN INFANTIL
CV RIBEIRA SACRA Vs CI ZALAETA DOMINGO 10:00 PM A PINGUELA
VOLVE A COMPETICIÓN DO DEPORTE EN IDADE ESCOLAR XOGADE A MONTE DÁS MOAS COS SEGUINTES PARTIDOS:
ALEVÍNS
ZALAETA A Vs LICEO C SÁBADO 10:00 MOAS 3
ZALAETA A Vs NARÓN VOLEA SÁBADO 12:20 MOAS 2
ZALAETA B Vs CALASANCIAS C SÁBADO 12:20 MOAS 3