/SF2: FISIOMÁSZALAETA 2 CV MADRID CHAMBERÍ 3

SF2: FISIOMÁSZALAETA 2 CV MADRID CHAMBERÍ 3

  O FisiomásZalaeta puntúa ante o CV Madrid Chamberí no Barrio das Flores nun excelente partido.

  Ás 19:00 comezaba o encontro dirixido polo colexiado Cordeiro Fervenza que finalizou cun resultado de 2-3 con parciais: 18-25; 25-20; 20-25; 26-24 e 9-15.

FISIOMASZALAETAPatri Santos, Lida Gudge, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Laura vázquez, Tere O. Álvarez, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

CV MADRID CHAMBERÍ: Alissa Hunter, Silvia das Heras, Aida Etxebarría, Monika Jovanovic, Laura Calvo, Vanesa Rubio, María Revilla, Selene Lobato, Mika Rosenbaum e Marta Beltrán.
Adestrador Manuel Berdeguer.

  Comeza o partido cunhas xogadoras locais nerviosas que ceden o dominio do marcador ao rival desde o primeiro punto e que chega a alcanzar unha diferenza de 8 puntos que se converten en insalvables, aínda que no último cuarto logran maquillar un pouco o resultado dun  set que tivo uns números moi baixos con tan só 8 puntos de ataque e no que se sufriu ante o saque das visitantes.
  No segundo set chega a reacción das de Barrero, máis seguras e decididas entran na cancha, pero é o Madrid o que se adianta no marcador, ata que logran o empate no punto 5 e a partir de aí, alternancia no marcador ata o punto 17 no que comeza o despegamento das do Instituto que cun gran xogo de ataque, 19 puntos, cobran diferenza para poñer o empate no partido. No terceiro volve decaer o xogo do Zalaeta, pouca eficacia en case ningunha faceta do xogo, de novo os erros definen un set que levan as madrileñas sen realizar un gran esforzo: 10 puntos de ataque, 2 saques e 13 erros do rival.
  E chegamos ao cuarto no que as locais toman as rendas do partido desde o primeiro punto, só quedaba unha opción, gañar e empatar para puntuar e ter opcións de gañar o partido, e demostran que están niso, aguantan ben ao rival, remontan o marcador cando se pon adverso e son capaces de superarse a si mesmas nun apertado final para poñer o 2-2 nun partido complicado e emocionante.
  Chegamos a tie break no que o Madrid demostra que viñera a competir, xogábase o liderado do Grupo A e a súa clasificación para a Copa e saíron decididas a levar os puntos nun set no que un inicial 1-6 decidiu que era imposible de superar e finalmente levan o partido co que logran a súa clasificación para xogar Copa Princesa e empatan co Grupo Covadonga na cabeza da clasificación.
  Gran partido de Alba Quirós que con 22 puntos, 21 de ataque e 1 ACE, é a máxima anotadora do partido, seguida de Tania Cobos con 12 puntos e Inés Rivas con 10. Por parte do Chamberí, Jovanovic con 21 puntos, máxima anotadora seguida de Rosenbaum con 18 e Lobato con 10.
  Bo e emocionante partido dos dous equipos no Barrio das Flores, no que o Zalaeta volve reencontrarse a si mesmo e demóstrase que pode sacar algo positivo do bo xogo que é capaz de despregar. Este partido debe de ser o punto de inflexión, que cambie a tendencia que se iniciase a partir de encontro ante o CAEP e que de novo leve ás de Barrero a confiar nas súas posibilidades e a reiniciar a escalada nesta segunda volta que está a piques de comezar.
                                             …………………

                         YOUTUBE:   https://youtu.be/s8Y9MQRcZUo
 
                                              ………………..

 Último partido da primeira volta, ante un Madrid Chamberí que viña xogándose as súas últimas opcións de entrar en Copa Princesa, e asaltar o liderado do Grupo A no que ao comezar a xornada mandaba Xixón con 23 puntos seguido de Valladolid con 22 e Madrid tamén con 22. As madrileñas necesitaban gañar no Barrio e que un dos dous primeiros fallase nos seus duelos, e así foi, Valladolid non puido gañar na súa visita a Torrelavega e será o CV Madrid quen acceda á Copa.
 No encontro do Barrio enfrontábanse aspiracións, un equipo local con fame de puntos e as visitantes que apuraban, pendentes dos resultados externos,  as súas opcións de Copa. O primeiro set empezamos con moito respecto cara ao rival, as madrileñas recibían con facilidade, e cando lograban saír en primeiro tempo, era cando máis nos facían sufrir, os ataques polas ás non estaban a ser tan problemáticos para nós, elas atopábanse moi a gusto desde o saque e máis que por dureza o que lograban era movernos en recepción.
 Unha vez transcorrido o primeiro set, soubémonos adaptar ao rival, buscamos máis zonas de interferencia o cal se traduciu en menos acerto en K1 das madrileñas, producíndose numerosos puntos longos que foros caendo alternativamente, cara a ambos os bandos, neste momento logramos a nosa maior eficacia en ataque un 50% no segundo set.  O terceiro foi unha versión do primeiro pero mellorada, elas volveron estar máis cómodas en recepción e aí as nosas opcións de vitoria baixan, a pesar diso foi moito máis un o cara a cara que o primeiro, non parecía que entre os dous equipos houbese a diferenza que di a clasificación.
O cuarto set volveu ser unha boa demostración do que somos capaces, despois dun inicio titubeante, collemos unha vantaxe importante que no tramo final resultou ser fundamental e fixo ineficaz a reacción do equipo visitante. Estivemos a cambiar rapidamente no tramo central do set e iso outórgonos 4-5 puntos de vantaxe, a elas custáballes cambiar á primeira e nós no K2 iamos rascando  punto a punto. Unha reacción espectacular de CV Madrid sementou as dúbidas no final do set pero o último punto foi boa mostra do que loitou o equipo neste partido, un punto con máis de 6 intercambios que acabou da nosa parte para asegurarnos así dous sets e o punto correspondente. No quinto set un arranque moi forte do equipo contrario deixounos con moi poucas opcións, aínda así se mellorou no tramo final de set pero xa estaban demasiado lonxe para alcanzalas.
Se observamos a estatística aínda que os dous equipos acabásemos cun 32% de eficacia no ataque, elas movéronse en parciais de entre 31% e 33% mentres que as nosas oscilacións están entre o 19% e o 50% algo no que tamén inflúe a experiencia a  diferenza de idade de ambos os conxuntos. Nesta segunda volta teremos que loitar por ser moito máis regulares para conseguir afastarnos da parte máis baixa da clasificación.

Fernando Cueto.

  Resultados de Ligas Galegas.
 Os equipos do CI Zalaeta que esta xornada desprazábanse a Pontevedra, contan as súas intervencións con vitorias. Tres de tres nesta ocasión ante o CV Pontevedra cos seguintes resultados:

  1ª DIVISIÓN INFANTIL
CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS  1  CI ZALAETA  3  
                                     17-25; 25-18; 8-25 E 20-25
 
  1ª DIVISIÓN XUVENIL
CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS SA  0  AUTOS CANCELA ZALAETA  3
                                         14-25; 16-25 E 21-25

 
  1ª DIVISIÓN SENIOR
CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS SA  0  AUTOS CANCELA ZALAETA  3
                                         24-26; 17-25 E 16-25