O excelente partido realizado pola colocadora na vitoria do FisiomásZalaeta ante o CV Torrelavega, motiva aos técnicos da RFEVB para a súa elección como MVP da xornada.
Unha efectividade en ataque do 47% con 7 puntos, 2 Aces e un bloqueo para un total de 10 puntos, os seus números no partido, hai que engadirlles o seu carisma e boa dirección do equipo na vitoria do sábado ante un complicado conxunto como o cántabro que exerce de líder do grupo e de campión de copa á vez.
É a primeira vez que se distingue a unha xogadora do FisiomásZalaeta como MVP na presente tempada, pero a mención de diferentes xogadoras do conxunto que dirixe J. Barrero é frecuente nas diferentes categorías, e nesta ocasión, unha vez máis se ve referendada a boa actuación do equipo coa inclusión, por terceira vez na tempada, da central Andrea Rivas no Sete Ideal de Xornada que ademais encabeza a clasificación de Mellor Bloqueadora. 1 Ace, 4 ataques, 6 bloqueos e unha boa actuación ao saque, son os seus números no partido, ademais da súa importante achega no cuarto e quinto set ao xogo do equipo.
Parabéns! a estas xogadora pola distinción e ao resto do equipo polo gran partido disputado. Esta é a liña, xogo de equipo para facer do Barrio unha praza complicada, un fortín para calquera equipo que nos visite.
Do minuto 00:35:21 al 00:40:45. Coruña Deportiva (20/01/16)