/PECHE DE TEMPADA PARA O INFANTIL PROVINCIAL

PECHE DE TEMPADA PARA O INFANTIL PROVINCIAL

O Infantil B finaliza a súa primeira tempada e xoga dous amistosos co Colexio Montespiño.
   Asemade da
representación dun equipo infantil en Liga Galega, este ano contamos co número
suficiente de rapazas como para presentar un equipo tamén na Liga Provincial.
O equipo Infantil B coas súas compañieras alevíns en Monte das Moas.

   
   O Infantil B
conformouse entón co grupo de iniciación (nadas no 2002), rapazas para as que
este era o seu primeiro ano de voleibol, e para as que esta tempada supuxo a
‘toma de contacto’. 
  
   Monte das Moas sería o escenario no que xogarían os seus
primeiros partidos, e nos que acostumarían a competir os sábados de cada mes,
até o peche o pasado 10 de Maio da liga regular. 

   “A
pesares de que os resultados non acompañaron
– dinos a súa adestradora, Andrea
xa que non conseguimos estrear o casilleiro de vitorias, os obxetivos
conseguíronse con creces
“. Aprender os fundamentos básicos e a competir, e
descubrir o que supón o xogo en equipo e facer deporte.

   
   “A
inexperiencia foi o noso maior lastre, pero a evolución, dende aquel primeiro
partido até o final, foi máis que notable. Queda tan só seguir traballando,
moito, e día a día.
 

   Como peche
de tempada, e xa que continuarán os adestramentos durante os meses de maio e
xuño, xogáronse dous partidos amistosos co Colexio Montespiño, un, o pasado
xoves 14 de Maio, e outro, onte. 
   Ambos remataron con vitoria para o equipo
local, 2-1 e 2-0 e, a pesares do resultado, con parciais moi axustados e bos
refachos de xogo por parte de ambos equipos.

   Pero
resalta, sobretodo, o bo ambiente deportivo vivido, cun graderío moi animado e
unha merenda final para compartir experiencias e facer novas amizades, co volei
como nexo.
Merenda despois do segundo (e último este ano) amistoso con Montespiño.

   
  A plantilla
do Infantil B
está formada polas seguintes xogadoras: Icía, Andrea, Sara,
Sabela, Lucía, María, Ana, Marga, Laura, Vero, Rosalía, Lola, Nicole, Paula,
Inés e Celia.
Noraboa a todas e… volvemos en Setembro!