/FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

VER + FOTOS

  Finaliza a competición para o Zalaeta cun último partido contra o Elche, no que se xogan o 9º posto. O equipo alicantino gañáralle ao Collado-Villalba pola mañá, e ás 20:30, tamén en Cangas, comezaba o partido que nos proporcionaría a clasificación definitiva.
  O ánimo parece o mesmo que o da mañá, as do Instituto non se centran, o que aproveitan as de Elche para poñerse por diante cun 20-25. Pero a reacción non se fai esperar, e o Zalaeta
ponse as pilas para arriscar o menos posible, e un set de diferenza xa é
bastante, funciona o equipo, recíbese e atácase para lograr un empate
pola vía rápida cun 25-15, o primeiro doutra serie de tres: 25-19 y
25-22. Esta vitoria por 3-1, leva as coruñesas a colocarse na novena
posición, cun balance de catro vitorias e tres derrotas.
  Paralelamente xogábanse as semifinais, dous encontros que enfrontaban a Sant Cugat co Barça, duelo catalán no que se impuxo o Sant Cugat por un axustado 3-2; e ao EMEVE co Alcobendas.
Ambos os dous equipos empregáronse a tope nun disputado encontro que
non se decidiu ata os últimos momentos. Altérnanse as vitorias nos sets
sen que haxa un dominador claro, decídese no quinto, no que se impoñen
as madrileñas por un axustado 15-12.
  Xogan, polo tanto o terceiro e cuarto posto o EMEVE co Barça, con triunfo para as barcelonesas por 3-1, e a final xógase entre o Sant Cugat e o Alcobendas, partido que solucionou o equipo madrileño cun contundente 3-0, proclamándose Campión de España por segundo ano consecutivo.

  Finaliza a nosa estanza en Arriondas onde nos hospedamos no Hotel El Texu, no que puidemos gozar da amabilidade e dos almorzos de Mari Paz e Rolando, e tamén do bo trato recibido no cámping de Arriondas.
Deportivamente
non se mellora a clasificación obtida a anterior edición, quinta praza,
pero foi unha experiencia positiva que se saldou sen incidentes nin
problemas de ningún tipo. Boa organización e actitude do grupo que se
desprazou dende A Coruña depararon unha estanza agradable en Arriondas e Cangas de Onis.

  Parabéns a todas as participantes e felicidades ás gañadoras Professional Answer Alcobendas.!!!

TAGS: