/CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE ARRIONDAS

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE ARRIONDAS

  Finalizada a primeira xornada
do Campionato de España de Arriondas, e
vanse cumprindo vos obxectivos, dous partidos xogados e dúas vitorias.
 
Na mañá de onte debutouse ante o CAI VB Teruel, no que
era o partido da toma de contacto coa competición, despois dunha curta
preparación unha vez finalizado do Campionato Galego. Serviu para deixar de lado
os nervios e comezar a xogar que é ao que viñeramos. Encontro típico de comezo
de campionato, no que as cousas van saíndo pouco a pouco, imprecisións e erros
que se van corrixindo sobre a marcha, a pesar das cales se domina o partido,
ofrecendo bos momentos de xogo e sobre todo controlando os tempos sen deixar que
o rival se distancie no marcador e pechando todos os set favorablemente para
obter un resultado de 0-3, con parciais 17-25; 24-26 y 20-25.
  
Sumábanse os primeiros puntos e mantíñase a cuadrícula a 0 para enfrontarnos ao Haro pola tarde. Esta primeira vitoria eliminaba a tensión,
e respirábase tranquilidade para o segundo partido, o que podería significar o
pase á seguinte rolda, ante unhas rioxanas que perderan os seus primeiros puntos
pola mañá ante o Aguere. O partido xogouse sen tensión
o que contribuíu a mellorar o xogo da mañá e solucionouse con outro 0-3, con
parciais 21-25; 16-25 y 15-25. Paralelamente, o CAI impoñíase
por 3-2 ao Aguere, o que supoñía un empate na segunda
e terceira posición entre ambos os dous equipos, mentres Zalaeta
se pon en primeiro lugar con 4 puntos.
 
Hoxe xóganse os partidos que restan para finalizar a primeira rolda, e saberánse
os cruzamentos da segunda fase. Pola súa banda o EMEVE
de Lugo tamén gañou os seus compromisos de onte e
posiciónase primeiro do seu grupo, o cal podería deparar un novo enfrontamento
entre ambos os dous conxuntos, se os dous se colocan primeiros dos seus
respectivos grupos.
 
Esta mañá non toca madrugar, o partido correspondente xógaseás 13:00 ante o Aguere de Tenerife.
Aloxámonos no Hotel Rural El Texu, un sitio
encantador en medio da natureza, no que estamos a ser tratados de modo moi
familiar que nos fai sentirnos como na casa.
TAGS: