{"id":338,"date":"2015-10-11T09:01:00","date_gmt":"2015-10-11T07:01:00","guid":{"rendered":"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/2015\/10\/11\/comenza-liga-de-sf2\/"},"modified":"2017-09-19T11:18:40","modified_gmt":"2017-09-19T09:18:40","slug":"comenza-liga-de-sf2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/2015\/10\/11\/comenza-liga-de-sf2\/","title":{"rendered":"COMENZA A LIGA DE SF2"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\">\nComeza a liga de <b>SF2<\/b> este fin de semana, xornada que ao <b>Fisiom\u00e1sZalaeta<\/b> corresp\u00f3ndelle descanso, o que lle permite alargar a pretemporada unha semana m\u00e1is que o reto de equipos.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=3.bp.blogspot.com\/-dHXLKpveYmk\/VhleHbPSbuI\/AAAAAAAAVcc\/wMNW4I3blMU\/s1600\/K5IM1138_1_R.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" border=\"0\" height=\"426\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/K5IM1138_1_R.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n&nbsp; Pretemporada na que xogou o seu \u00faltimo partido de preparaci\u00f3n ante o <b>RGC Covadonga<\/b> o pasado fin de semana, o primeiro e \u00fanico no Barrio cun resultado de 2-3, e no que houbo de todo, bos e malos momentos, pero vaise notando xa que o ritmo de competici\u00f3n \u00e9 m\u00e1is elevado e aprox\u00edmase ao que se espera do equipo nos pr\u00f3ximos encontros cos puntos en xogo.&nbsp;&nbsp;<br \/>\n&nbsp; Para Fernando Cueto,&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <i>\u00abSeguramente o ritmo e a t\u00f3nica do partido foron a de estar a acabar a pretemporada practicamente, cabe lembrar que temos unha semana m\u00e1is que o resto de conxuntos xa que empezamos cunha xornada de descanso, pero que en ning\u00fan momento permitiranos descentrarnos da li\u00f1a que debemos seguir para que poidan chegar os triunfos esta tempada que se augura como das m\u00e1is competidas dos \u00faltimos anos.\u00bb <\/i><br \/>\n&nbsp; Unha tempada m\u00e1is militando en <a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.rfevb.com\/superliga-femenina-2-grupo-A-clasificacion\" target=\"_blank\"><b>SF2<\/b><\/a>, a segunda categor\u00eda do Voleibol nacional, que contin\u00faa co formato de dous grupos, A e B que disputar\u00e1n unha liga de todos contra todos a dobre volta, e da que os dous primeiros clasificados de cada grupo pasar\u00e1n \u00e1 fase final. As\u00ed mesmo estes catro equipos poder\u00e1n participar na C\u00f3pa Princesa.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; A plantilla sofre variaci\u00f3ns respecto da tempada pasada, xa que son baixa a monfortina Sara D\u00edaz, sen recuperarse da s\u00faa lesi\u00f3n e a central Lydia Alonso que ficha polo Charleroi belga.&nbsp;<br \/>\n&nbsp; Para suplir estas ausencias, o adestrador J<b>orge Barrero<\/b>, a quen lle preguntanos polo momento do <b>Fisiom\u00e1sZalaeta<\/b>,&nbsp; move ficha.<\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: left; margin-right: 1em; text-align: left;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=2.bp.blogspot.com\/-6NRH4Owv2Ts\/Vhoqe9MmKKI\/AAAAAAAAVdA\/SlIke0QbllY\/s1600\/K5IM0885_R.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" border=\"0\" height=\"320\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/K5IM0885_R.jpg\" width=\"213\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><i><b>Jorge Barrero<\/b><\/i><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;Unha liga co mesmo formato do ano pasado, pres\u00e9ntase con algunha novidade a competici\u00f3n? <br \/>&nbsp; <i>Efectivamente, o formato \u00e9 o mesmo do ano pasado, un formato incomprensible para min doutra banda, xa que con 19 equipos inscritos, salvo os 4 que xoguen polo ascenso o resto s\u00f3 disputar\u00e1n 16 partidos, de xeito evidente insuficientes desde o punto de vista de desenvolvemento das xogadoras, e de atractivo da competici\u00f3n.<\/i><br \/>\n<i>&nbsp;<\/i><br \/>O Zalaeta compite nun grupo co\u00f1ecido, breve an\u00e1lise do grupo A.<br \/>\n&nbsp; <i>A maior parte dos equipos, efectivamente son co\u00f1ecidos, as novidades con respecto \u00e1 tempada pasada son 3, o Emeve recentemente descendido, pero que compite cun equipo moi novo, completamente renovado; o Universitario de Valladolid, un cl\u00e1sico, que tras varios anos volve \u00e1 segunda categor\u00eda, cunha mestura de veteranas e x\u00f3venes xogadoras, e o Cuesta Piedra de Tenerife, que \u00e9 o equipo que m\u00e1is se reforzou, cunha veterana central internacional, Marisa Fern\u00e1ndez, que ser\u00e1 sen d\u00fabida a estrela da liga, e Wanda Banguero, a internacional colombiana, contra a que xa xogamos cando estaba en Almer\u00eda. Estas fichaxes fan do Cuesta Piedra un dos favoritos, xunto aos cl\u00e1sicos Torrelavega e Grupo Covadonga. \u00c1 parte, pois non conta para o ascenso, creo que o CAEP Soria ser\u00e1 tam\u00e9n un dos m\u00e1is fortes este ano, sen\u00f3n o que m\u00e1is.<\/i><\/p>\n<p>Est\u00e1s satisfeito da pretemporada, consegu\u00edronse os obxectivos que se pretend\u00eda?<br \/>&nbsp; <i>Respecto da pretemporada,&nbsp;<\/i><i><i> houberame gustado<\/i> xogar un par de partidos m\u00e1is, pero&nbsp; o tema econ\u00f3mico manda, e tam\u00e9n o feito de que tivemos problemas no posto de colocadora, coas lesi\u00f3ns de Patri e Tere, o que nos impediu prantexar un calendario m\u00e1is completo. En canto ao traballo desenvolvido, non estou descontento, xa que coa renovaci\u00f3n do equipo, a\u00ednda nos falta moito para alcanzar o nivel que quero, espero que a competici\u00f3n nos vaia axudando neste sentido.<\/i><br \/>\n<i>&nbsp;<\/i><br \/>Baixas e altas na plantilla, trab\u00e1llase a canteira coru\u00f1esa?<br \/>&nbsp; <i>As baixas son as xa co\u00f1ecidas e importantes de Lydia, que se foi a xogar a B\u00e9lxica, e a m\u00e1is desgraciada de Sara, polos seus problemas no ombreiro. Incorporamos a Susana, do equipo xuvenil, para o posto de 4 e a Paula Castro como oposta, proveniente do xuvenil de Calasancias.&nbsp; Ademais xa estou a contar e seguireino facendo con Paula Lema para o posto de l\u00edbero, Noem\u00ed como colocadora e Xiana para completar o posto de central.<br \/>&nbsp; Respecto da canteira, nos \u00faltimos anos foi o Liceo o que foi sacando un maior n\u00famero de xogadoras de bastante bo nivel,&nbsp; moitas xa forman parte do noso primeiro equipo (Sof\u00eda, Noa, Alba, Patri, etc) e o seu subcampeonato de Espa\u00f1a infantil da tempada pasada as\u00ed o acredita. N\u00f3s temos un volume moito menor de xogadoras, pero algunha das m\u00e1is destacadas sa\u00edron da nosa canteira, como Marta Fraga (que xoga en USA), Lydia Alonso (Charleroi belga) e Andrea Rivas, que o ano pasado foi unha das centrais m\u00e1is detacadas da <b>SF2<\/b>. O outro n\u00facleo importante por n\u00famero \u00e9 o Colexio Calasancias, con gran cantidade de equipos, que a\u00ednda que nos \u00faltimos anos non tiveron as xeraci\u00f3ns de outrora, c\u00f3nstame que se est\u00e1n estruturando para corrixir esa situaci\u00f3n. Ademais temos un novo club pr\u00f3ximo \u00e1 cidade como \u00e9 o CV Oleiros, que en pouco tempo xa est\u00e1 a manexar un bo volume de nenas. En resumo creo que hai un bo volume de xogadoras, e a pouco que melloremos o traballo que se fai con elas as substituci\u00f3ns est\u00e1n asegurados a medio prazo.<\/i><br \/>\n<i>&nbsp;<\/i><br \/>Que se pretende deportivamente nesta liga?<br \/>&nbsp; <i>En canto aos obxectivos deportivos nesta liga, non me marco unha posici\u00f3n concreta \u00e1 que aspirar, temos claro que \u00e9 un ano no que xogadoras novas ou con menos experiencia van gozar de m\u00e1is oportunidades e asumir m\u00e1is responsabilidades que as \u00faltimas tempadas, e tentaremos conxugar ese obxectivo principal con ga\u00f1ar o maior n\u00famero de partidos posible.<\/i><i>&nbsp;<\/i><\/p>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=2.bp.blogspot.com\/-fLxtB7-SG-g\/VholTv-GKKI\/AAAAAAAAVcw\/kQshxKdf9Q8\/s1600\/LOGOS%2BVARIOS.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" border=\"0\" height=\"48\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/LOGOSVARIOS-5.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<p><\/div>\n<div class=\"newspaper-x-tags\"><strong>ETIQUETAS: <\/strong><span><a href=\"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/tag\/noticias\/\" rel=\"tag\">Noticias<\/a> <\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comeza a liga de SF2 este fin de semana, xornada que ao Fisiom\u00e1sZalaeta corresp\u00f3ndelle descanso, o que lle permite alargar a pretemporada unha semana m\u00e1is que o reto de equipos. &nbsp; Pretemporada na que xogou o seu \u00faltimo partido de preparaci\u00f3n ante o RGC Covadonga o pasado fin de semana, o primeiro e \u00fanico no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1496,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[4],"tags":[30],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/338"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=338"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/338\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1496"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=338"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=338"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=338"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}