{"id":306,"date":"2016-01-17T10:39:00","date_gmt":"2016-01-17T08:39:00","guid":{"rendered":"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/2016\/01\/17\/vitoria-por-3-2-do-fisiomaszalaeta-no\/"},"modified":"2017-09-19T11:18:18","modified_gmt":"2017-09-19T09:18:18","slug":"vitoria-por-3-2-do-fisiomaszalaeta-no","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/2016\/01\/17\/vitoria-por-3-2-do-fisiomaszalaeta-no\/","title":{"rendered":"VITORIA POR 3-2 DO FISIOM\u00c1SZALAETA NO BARRIO ANTE O LIDER CV TORRELAVEGA."},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/>\n&nbsp; \u00c1s 19:00 comezaba no Barrio das Flores o encontro correspondente \u00e1 12\u00aa xornada de<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.rfevb.com\/superliga-femenina-2-grupo-A-clasificacion\" target=\"_blank\"> <b>SF2<\/b><\/a>, que dirixido polo colexiado Pedro Puy e cunha duraci\u00f3n de 01h 48m finalizou cun resultado de 3-2 con parciais 16-25; 25-17; 11-25; 25-16 e 15-12.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=4.bp.blogspot.com\/-QOcLzDra61Y\/Vptui_szW6I\/AAAAAAAAV40\/8-QGuQmuxd8\/s1600\/K5IM1819_R.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" border=\"0\" height=\"344\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/K5IM1819_R.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/><b>FISIOM\u00c1SZALAETA<\/b>: <i>Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sof\u00eda Hidalgo, Alba Quir\u00f3s, Paula Castro, Irene V\u00e1zquez, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila \u00c1rias, Teresa \u00c1lvarez, Susana Suarez e Noa S\u00e1nchez. <\/i><br \/>Adestradores, <i>J. Barrero, F. Cueto e JM S\u00e1nchez Abru\u00f1edo.<\/i><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/><b>CV TORRELAVEGA<\/b>: <i>Mar\u00eda Segovia, Ana Gonz\u00e1lez, Alba Salazar, Aida Iller\u00edas, \u00c1ngela Becerril, Cristina Sanz, Noelia Neila, Lida Dacui\u00f1a, Susana Garc\u00eda, Isabel Egusquiza e Cristina Fermosa.<\/i><br \/>Adestradores, <i>A. R\u00edo e R. Piquet<\/i>.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/>&nbsp; Ambiente serio onte no Barrio coa visita do Torrelavega para un&nbsp; partido que se presentaba dif\u00edcil e coa necesidade de puntuar para tratar de manter ou acurtar&nbsp; as diferenzas na clasificaci\u00f3n. <br \/>&nbsp; Comeza o partido e o Zalaeta despr\u00e9ndese dos complexos e adi\u00e1ntase no marcador cun primeiro parcial de 8-6, pero o rival mant\u00e9n a calma, recup\u00e9rase e a partir do segundo parcial domina o set e pon o 1-0. Parec\u00eda que o l\u00edder encarrilaba o partido, que coa s\u00faa solvencia habitual \u00eda resolver ao seu favor, pero de novo as locais saen decididas e adi\u00e1ntanse no marcador esta vez sen deixarse superar, marcan diferenzas en todos os parciais ao seu favor, e empatan o partido cun xogo que aos poucos vai cobrando seguridade e non converte nunha quimera a posibilidade de puntuar.<br \/>&nbsp; O terceiro set volve mostrar a igualdade do encontro entre ambos os contendentes, nesta ocasi\u00f3n as c\u00e1ntabras remontan no marcador, un set igual que o anterior pero de cor visitante no que as de Barrero comenten o maior n\u00ba de erros do partido e levan a maior diferenza do encontro nun set: 11-25.<br \/>&nbsp; Chegamos ao cuarto, non se pode deixar pasar a oportunidade, as coru\u00f1esas non perden a calma nin a concentraci\u00f3n e neste set non dan opci\u00f3n ao rival, sup\u00e9rano en todos os parciais: \u00e9 o set no que m\u00e1is erros cometen as de Torrelavega, a tensi\u00f3n p\u00f3dese ver a primeira ollada e \u00edmonos ao quinto, ao desempate cos equipos entregados ao espect\u00e1culo e o p\u00fablico como protagonista sen deixar de animar levando ao seu equipo en volandas.<br \/>&nbsp; Comeza o quinto, tensi\u00f3n en aumento, nervios, adi\u00e1ntase o <b>Fisiom\u00e1sZalaeta<\/b>, domina a primeira parte antes do cambio de campo cun 8-6.&nbsp; A situaci\u00f3n s\u00e1ese do gui\u00f3n, as campioas de copa van perdendo, afloran os nervios, unha xogada mal entendida como un invasi\u00f3n provoca as airadas protestas do adestrador visitante que lle carrexan o cart\u00f3n vermello e punto para as locais, m\u00e1is protestas da capit\u00e1 de Torrelavega enrarecen o ambiente e causan un final de partido confuso.&nbsp;<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n&nbsp; Contin\u00faa o xogo, domina o Zalaeta co final ao alcance da man, 14-9 e erro arbitral, nun bal\u00f3n que sae por f\u00f3ra da varilla p\u00edtase punto que significa o fin do encontro, para anulalo a continuaci\u00f3n, par\u00f3n, protestas, confusi\u00f3n e un novo cart\u00f3n vermello, nesta ocasi\u00f3n para o adestrador local e punto para as visitantes. Saque para <b>CV Torrelavega<\/b> que apura as s\u00faas oportunidades, parece que remonta 14-12, pero nunha loita na rede, o bal\u00f3n cae ao lado local e \u00e9 salvado in extremis polo Zalaeta que o devolve ao campo contrario, e cando as de Torrelavega xa estaban a celebrar o tanto, perden a b\u00f3la, o punto e o partido.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n&nbsp; Bo partido de ambos os equipos, moi igualado no que a superioridade das locais no quinto set deixou os puntos no Barrio das Flores. A xogadora <i>Ana Gonz\u00e1lez<\/i> do Torrelavega con 18 puntos foi a m\u00e1xima anotadora do encontro, seguida de <i>\u00c1ngela Becerril<\/i> con 15.<br \/>&nbsp; Por parte do Zalaeta, a s\u00faa m\u00e1xima anotadora foi a oposta xuvenil <i>Paula Castro<\/i> con 14, seguida da receptora <i>Susana Suarez<\/i> con 12. Mencionar as ausencias de \u00faltima hora por motivos persoais das xogadoras <i>Roc\u00edo Dur\u00e1n<\/i> e <i>Tania Cobos<\/i>.<br \/>&nbsp; Poucos erros cometidos por ambos os equipos: 29-31, ben no saque, moi poucos fallos 9-5 e baixas porcentaxes de ataque: 27% e 33%.<\/p>\n<p><\/p>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=2.bp.blogspot.com\/-EWKxogab864\/Vptt3tYQlUI\/AAAAAAAAV4s\/A2zEKr-AvZs\/s1600\/LOGOS%2BVARIOS.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" border=\"0\" height=\"48\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/LOGOSVARIOS-5.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<p>\n\u00ab<i>Gran vitoria a desta 12\u00aa xornada da <b>SF2<\/b>, ante nin m\u00e1is nin menos que o l\u00edder da categor\u00eda, que ven de proclamarse campi\u00f3n da C\u00f3pa Princesa a semana pasada en Guadalaxara. <br \/>Un partido no que a repartici\u00f3n do xogo colectivo pola nosa banda foi unha das pezas fundamentais na vitoria contra Torrelavega, unido a que fomos capaces de diminu\u00edr moito os nosos erros non forzados, algo que nos estaba lastrando nas \u00faltimas xornadas, e que nos privou de poder puntuar en Avil\u00e9s.<br \/>Como vi\u00f1a dicindo, a repartici\u00f3n do xogo p\u00f3dese ver no que reflicte a estat\u00edstica, 5 xogadoras do noso equipo por encima dos 10 puntos, e con 2 xogadoras, Susana Suarez e Paula Castro que era a primeira vez que completaban un partido nesta categor\u00eda. Ambas sa\u00edron airosas desta \u00abproba\u00bb, a Susana comez\u00e1rona buscando en saque, sendo a xogadora que m\u00e1is veces recibiu, con 38 acci\u00f3ns, cunha porcentaxe que se mantivo na li\u00f1a do equipo, e por parte da \u00abbenxamin\u00bb do equipo, Paula, sinalar o seu excelente quinto set, sobre todo cando entrou ao saque con 10-9 que apertou \u00e1s c\u00e1ntabras ata deixar o marcador en 14-10 nun final de set moi pol\u00e9mico. <br \/>Se seguimos observando a estat\u00edstica, poderemos ver que ga\u00f1amos sendo inferiores en ataque e en bloqueo, sobre todo en ataque, xa que estando por baixo do 32% c\u00fastanos moito e neste partido estivemos nun 27%. <br \/>Desde o meu punto de vista, o m\u00e1is importante foi ver un grupo que quixo ga\u00f1ar, que mostrou vontade e ganas de vencer, e esperemos que siga as\u00ed neste sprint final da liga.\u00bb <\/i>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/genensal-2.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" border=\"0\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/01\/genensal-2.png\" \/><\/a>&nbsp;<i><b>Fernando Cueto,<\/b><\/i><\/p>\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div class=\"newspaper-x-tags\"><strong>ETIQUETAS: <\/strong><span><a href=\"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/tag\/resultados\/\" rel=\"tag\">RESULTADOS<\/a> <\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; \u00c1s 19:00 comezaba no Barrio das Flores o encontro correspondente \u00e1 12\u00aa xornada de SF2, que dirixido polo colexiado Pedro Puy e cunha duraci\u00f3n de 01h 48m finalizou cun resultado de 3-2 con parciais 16-25; 25-17; 11-25; 25-16 e 15-12. FISIOM\u00c1SZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sof\u00eda Hidalgo, Alba Quir\u00f3s, Paula Castro, Irene V\u00e1zquez, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1340,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[41],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/306"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=306"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/306\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1340"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=306"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=306"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=306"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}