{"id":2981,"date":"2017-09-26T21:09:42","date_gmt":"2017-09-26T19:09:42","guid":{"rendered":"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&#038;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/?p=2981"},"modified":"2022-11-26T17:52:21","modified_gmt":"2022-11-26T15:52:21","slug":"2981","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/2017\/09\/26\/2981\/","title":{"rendered":"VICTORIA DO AUTOS CANCELA ZALAETA NA PRIMEIRA XORNADA DE LIGA ANTE O CV TORRELAVEGA"},"content":{"rendered":"<h1><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-2982 alignleft\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/IMK30985_R-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" \/><\/h1>\n<p>\u00c1s 19:00 comezaba a liga 2017 &#8211; 2018 de SF2 no Barrio das Flores cun partido que enfrontaba ao equipo titular da cancha, Autos Cancela Zalaeta co CV Torrelavega, e que se saldaba co primeiro triunfo do conxunto herculino por 3-1 (25-17; 13-25; 25-22 e 25-19), nun partido dirixido polo colexiado Xusto Olea que tivo unha duraci\u00f3n de 01h 41m.<\/p>\n<p>AUTOSCANCELA ZALAETA:\u00a0 Patri Santos, Mar\u00eda Pedreira, Alba Quir\u00f3s, Enma Ordo\u00f1ez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura V\u00e1zquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lida Gudge, In\u00e9s Rivas, Susana Suarez e Noa S\u00e1nchez.<\/p>\n<p>Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.<\/p>\n<p>CV TORRELAVEGA:\u00a0 Mar\u00eda Segovia, Carolina Fern\u00e1ndez, Cristina Fermosa, Alba Salazar, Paola Garc\u00eda, Ana Vergara, Aroa S\u00e1nchez, Lara D\u00edaz, Noelia Neila, Mar\u00eda Carcaba e Isabel Egusquiza.<\/p>\n<p>Adestrador Rub\u00e9n Piquet.<\/p>\n<p>Bo debut na<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.rfevb.com\/superliga-femenina-2-grupo-a-clasificacion\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> competici\u00f3n<\/a> do equipo de Jorge Barrero cunha vitoria ante o seu p\u00fablico no Barrio e sobre un conxunto aspirante aos primeiros postos da t\u00e1boa.<\/p>\n<p>No primeiro set as locais saen decididas e superan ao rival desde os inicios, sempre por diante en todos os parciais po\u00f1en o 1-0 con relativa facilidade, superando a Torrelavega en recepci\u00f3n e porcentaxe de ataque.<\/p>\n<p>Pero as c\u00e1ntabras non \u00edan deixar que este ritmo continuase e no segundo danlle a volta e dev\u00f3lvenlle a moeda ao Zalaeta, melloran o seu ataque e recepci\u00f3n e imp\u00f3\u00f1ense claramente coa maior diferenza de set do partido, 13-25 e empate no marcador.<\/p>\n<p>O terceiro \u00e9 moi igualado, ambos os equipos xa est\u00e1n metidos no partido e non se deixan dominar, uns comezos alentadores por parte das do Zalaeta p\u00f3\u00f1enas por diante, pero reaccionan as de Piquet e adi\u00e1ntanse, 20-15 no marcador do set, parece encarrilado, pero un parcial do Zalaeta de 5-0 sit\u00faa o marcador en 20 iguais, e a partir de a\u00ed dominio local que finaliza o set con outro parcial de 4-0.<\/p>\n<p>E chegamos a cuarto e ao cabo o definitivo, igualdade total, un ou dous puntos de diferenza entre os equipos\u00a0 alternativamente, o Zalaeta aguanta ben, conf\u00eda nas s\u00faas posibilidades e no\u00a0 \u00faltimo cuarto do set uns erros visitantes e o acerto no ataque local fanlle cobrar vantaxe e pechar o partido cun 3-1 que supo\u00f1en os 3 primeiros puntos da competici\u00f3n e deixan un bo sabor \u00e1 afecci\u00f3n.<\/p>\n<p>A ambos os conxuntos f\u00e1ltalles nivel de competici\u00f3n, foi un partido t\u00edpico de comezo de tempada, falto da tensi\u00f3n da tempada m\u00e1is avanzada, pero tivo emoci\u00f3n e a igualdade na cancha propiciou o goce nas bancadas.<\/p>\n<p>O conxunto local, sen un sexteto titular a\u00ednda definido, tivo un excelente rendemento, superaron ao rival en recepci\u00f3n e en ataque , cunhas porcentaxes parecidas, realizaron m\u00e1is puntos. Controlaron ben os tempos sobre todo no terceiro set no que puido estar a clave da vitoria realizando unha boa parte final para impo\u00f1erse no marcador. En saque comet\u00e9ronse menos erros que as c\u00e1ntabras e logrouse mais efectividade, 7 puntos directos ante 3.<\/p>\n<p>Eguisquiza foi a m\u00e1xima anotadora do Torrelavega e do encontro con 16 puntos, seguida de Neila con 12 puntos.<\/p>\n<p>Polo Autos Cancela Zalaeta, Tania con 12 puntos m\u00e1xima anotadora, seguida de Emma 11 puntos, Alba 10 (3 ACES) e Marta 9 puntos (4 ACES).<\/p>\n<p>&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;..<\/p>\n<p><span style=\"font-family: 'verdana',sans-serif;\" data-blogger-escaped-style=\"font-family: &quot;verdana&quot; , sans-serif;\"><i><span style=\"color: #0000ff;\" data-blogger-escaped-style=\"color: blue;\"><span style=\"font-family: 'trebuchet ms',sans-serif;\" data-blogger-escaped-style=\"font-family: &quot;trebuchet ms&quot; , sans-serif;\">Primeira xornada da tempada 17-18, unha tempada a priori marcada pola igualdade dos equipos participantes e na que os puntos ser\u00e1n caros. Partido ante o CV Torrelavega, un cl\u00e1sico xa na nosa liga, que vi\u00f1a cun equipo algo renovado respecto das plantillas confeccionadas tempadas pasadas. N\u00f3s coa base do equipo do ano pasado con 2 baixas,Teresa e Elisa. Plant\u00e1monos no partido ben, empezamos mandando pronto no marcador, moito ritmo desde o saque que non permit\u00eda \u00e1s c\u00e1ntabras elaborar o xogo con facilidade, impedi\u00e1moslles constru\u00edr primeiros tempos que son unha das s\u00faas armas m\u00e1is perigosas e obrig\u00e1molas a sa\u00edr con bal\u00f3ns altos con bloque ben montado o cal nos permit\u00eda recuperar bal\u00f3ns desde a defensa e puntuar en K2.<\/span><\/span><\/i><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: 'verdana',sans-serif;\" data-blogger-escaped-style=\"font-family: &quot;verdana&quot; , sans-serif;\"><i><span style=\"color: #0000ff;\" data-blogger-escaped-style=\"color: blue;\"><span style=\"font-family: 'trebuchet ms',sans-serif;\" data-blogger-escaped-style=\"font-family: &quot;trebuchet ms&quot; , sans-serif;\">\u00a0Fomos perdendo algo de ritmo ao final deste primeiro set, o cal nos levou a empezar con altibaixos o segundo. Torrelavega recib\u00eda con moita m\u00e1is facilidade e puntu\u00e1banos r\u00e1pido en sa\u00eddas de K1, o cal lles deu vantaxe rapidamente e permitiulles levar facilmente o set 13-25.<br \/>\nNo terceiro set melloramos algo respecto ao anterior, pero estabamos con problemas para sa\u00edr de recepci\u00f3n e cambiar o saque, chegamos a ir 15-20 por baixo no marcador, pero nese momento un refacho de saque de Alba que nos deixa a un s\u00f3 punto das visitantes, 20-21, nese momento e co xogo en auxe lev\u00e1monos 25-22 un set que a priori ti\u00f1amos perdido. No cuarto e \u00faltimo set a pesar de non arrincar cun xogo moi flu\u00eddo, puid\u00e9monos aproveitar dun CV Torrelavega noqueado, e cun bo final de set lev\u00e1monos 3 puntos moi importantes.\u00a0<\/span><\/span><\/i><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: 'verdana',sans-serif;\" data-blogger-escaped-style=\"font-family: &quot;verdana&quot; , sans-serif;\"><span data-blogger-escaped-style=\"color: blue;\"><span style=\"font-family: 'trebuchet ms',sans-serif;\" data-blogger-escaped-style=\"font-family: &quot;trebuchet ms&quot; , sans-serif;\"><b>Fernando Cueto<\/b><\/span><\/span><i><span style=\"color: #0000ff;\" data-blogger-escaped-style=\"color: blue;\"><span style=\"font-family: 'trebuchet ms',sans-serif;\" data-blogger-escaped-style=\"font-family: &quot;trebuchet ms&quot; , sans-serif;\">. <\/span><\/span><\/i><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #000000;\"><strong>Fotos de <span style=\"color: #0000ff;\"><em>J. V\u00e1zuez<\/em><\/span><\/strong>:\u00a0<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=photos.app.goo.gl\/tiVK21t7ZdfW3qeK2\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><em> https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=photos.app.goo.gl\/tiVK21t7ZdfW3qeK2<\/em><\/a><\/span><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-3027 aligncenter\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/BARRA_FUNDACI\u00d3N-300x21.png\" alt=\"\" width=\"643\" height=\"45\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c1s 19:00 comezaba a liga 2017 &#8211; 2018 de SF2 no Barrio das Flores cun partido que enfrontaba ao equipo titular da cancha, Autos Cancela Zalaeta co CV Torrelavega, e que se saldaba co primeiro triunfo do conxunto herculino por 3-1 (25-17; 13-25; 25-22 e 25-19), nun partido dirixido polo colexiado Xusto Olea que tivo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3075,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[4,41],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2981"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2981"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2981\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3075"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2981"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2981"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2981"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}