{"id":239,"date":"2016-12-04T08:35:00","date_gmt":"2016-12-04T06:35:00","guid":{"rendered":"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/2016\/12\/04\/sf2-fisiomaszalaeta-2-cv-madrid\/"},"modified":"2017-09-19T11:17:31","modified_gmt":"2017-09-19T09:17:31","slug":"sf2-fisiomaszalaeta-2-cv-madrid","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/2016\/12\/04\/sf2-fisiomaszalaeta-2-cv-madrid\/","title":{"rendered":"SF2:  FISIOM\u00c1SZALAETA  2   CV MADRID CHAMBER\u00cd  3"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n&nbsp; O <b>Fisiom\u00e1sZalaeta<\/b> punt\u00faa ante o <b>CV Madrid Chamber\u00ed<\/b> no Barrio das Flores nun excelente partido.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=2.bp.blogspot.com\/-LIdHeGv1lvs\/WEPVMES1LiI\/AAAAAAAAWqM\/7gsYgIRnvOIL8HfLj2jET-e7bNr3vCR6wCLcB\/s1600\/IMGP9962_R.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" border=\"0\" height=\"426\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/IMGP9962_R.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/>&nbsp; \u00c1s 19:00 comezaba o encontro dirixido polo colexiado <i>Cordeiro Fervenza<\/i> que finalizou cun resultado de 2-3 con parciais: 18-25; 25-20; 20-25; 26-24 e 9-15.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/><b>FISIOMASZALAETA<\/b>:&nbsp; <i>Patri Santos, Lida Gudge, Alba Quir\u00f3s, Emma Ordo\u00f1ez, Paula Lema, Laura v\u00e1zquez, Tere O. \u00c1lvarez, Tania Cobos, Elisa \u00c1lvarez, In\u00e9s Rivas, Susana Suarez e Noa S\u00e1nchez.<\/i><br \/>Adestradores <i>Jorge Barrero <\/i>e<i> Fernando Cueto<\/i>.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/><b>CV MADRID CHAMBER\u00cd<\/b>: <i>Alissa Hunter, Silvia das Heras, Aida Etxebarr\u00eda, Monika Jovanovic, Laura Calvo, Vanesa Rubio, Mar\u00eda Revilla, Selene Lobato, Mika Rosenbaum e Marta Beltr\u00e1n.<\/i><br \/>Adestrador<i> Manuel Berdeguer<\/i>.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<br \/>&nbsp; Comeza o partido cunhas xogadoras locais nerviosas que ceden o dominio do marcador ao rival desde o primeiro punto e que chega a alcanzar unha diferenza de 8 puntos que se converten en insalvables, a\u00ednda que no \u00faltimo cuarto logran maquillar un pouco o resultado dun&nbsp; set que tivo uns n\u00fameros moi baixos con tan s\u00f3 8 puntos de ataque e no que se sufriu ante o saque das visitantes.<br \/>&nbsp; No segundo set chega a reacci\u00f3n das de <i>Barrero<\/i>, m\u00e1is seguras e decididas entran na cancha, pero \u00e9 o Madrid o que se adianta no marcador, ata que logran o empate no punto 5 e a partir de a\u00ed, alternancia no marcador ata o punto 17 no que comeza o despegamento das do Instituto que cun gran xogo de ataque, 19 puntos, cobran diferenza para po\u00f1er o empate no partido. No terceiro volve decaer o xogo do Zalaeta, pouca eficacia en case ningunha faceta do xogo, de novo os erros definen un set que levan as madrile\u00f1as sen realizar un gran esforzo: 10 puntos de ataque, 2 saques e 13 erros do rival.<br \/>&nbsp; E chegamos ao cuarto no que as locais toman as rendas do partido desde o primeiro punto, s\u00f3 quedaba unha opci\u00f3n, ga\u00f1ar e empatar para puntuar e ter opci\u00f3ns de ga\u00f1ar o partido, e demostran que est\u00e1n niso, aguantan ben ao rival, remontan o marcador cando se pon adverso e son capaces de superarse a si mesmas nun apertado final para po\u00f1er o 2-2 nun partido complicado e emocionante.<br \/>&nbsp; Chegamos a tie break no que o Madrid demostra que vi\u00f1era a competir, xog\u00e1base o liderado do Grupo A e a s\u00faa clasificaci\u00f3n para a Copa e sa\u00edron decididas a levar os puntos nun set no que un inicial 1-6 decidiu que era imposible de superar e finalmente levan o partido co que logran a s\u00faa clasificaci\u00f3n para xogar Copa Princesa e empatan co Grupo Covadonga na cabeza da <a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.rfevb.com\/superliga-femenina-2-grupo-A-clasificacion\" target=\"_blank\">clasificaci\u00f3n<\/a>.<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n&nbsp; Gran partido de<i> Alba Quir\u00f3s<\/i> que con 22 puntos, 21 de ataque e 1 ACE, \u00e9 a m\u00e1xima anotadora do partido, seguida de <i>Tania<\/i> <i>Cobos<\/i> con 12 puntos e <i>In\u00e9s Rivas<\/i> con 10. Por parte do Chamber\u00ed, <i>Jovanovic <\/i>con 21 puntos, m\u00e1xima anotadora seguida de <i>Rosenbaum<\/i> con 18 e <i>Lobato<\/i> con 10.<br \/>&nbsp; Bo e emocionante partido dos dous equipos no Barrio das Flores, no que o Zalaeta volve reencontrarse a si mesmo e dem\u00f3strase que pode sacar algo positivo do bo xogo que \u00e9 capaz de despregar. Este partido debe de ser o punto de inflexi\u00f3n, que cambie a tendencia que se iniciase a partir de encontro ante o CAEP e que de novo leve \u00e1s de Barrero a confiar nas s\u00faas posibilidades e a reiniciar a escalada nesta segunda volta que est\u00e1 a piques de comezar.<br \/>\n&nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp;&nbsp; &#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230; <\/p>\n<p><i><b>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/b><\/i><u><i><b>YOUTUBE<\/b><\/i><\/u>: &nbsp; <a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=youtu.be\/s8Y9MQRcZUo\"><i>https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=youtu.be\/s8Y9MQRcZUo<\/i><\/a><br \/>\n<i>&nbsp;<\/i><br \/>\n&nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;&#8230;..<\/p>\n<p><i>&nbsp;\u00daltimo partido da primeira volta, ante un Madrid Chamber\u00ed que vi\u00f1a xog\u00e1ndose as s\u00faas \u00faltimas opci\u00f3ns de entrar en Copa Princesa, e asaltar o liderado do Grupo A no que ao comezar a xornada mandaba Xix\u00f3n con 23 puntos seguido de Valladolid con 22 e Madrid tam\u00e9n con 22. As madrile\u00f1as necesitaban ga\u00f1ar no Barrio e que un dos dous primeiros fallase nos seus duelos, e as\u00ed foi, Valladolid non puido ga\u00f1ar na s\u00faa visita a Torrelavega e ser\u00e1 o CV Madrid quen acceda \u00e1 Copa.<br \/>&nbsp;No encontro do Barrio enfront\u00e1banse aspiraci\u00f3ns, un equipo local con fame de puntos e as visitantes que apuraban, pendentes dos resultados externos,&nbsp; as s\u00faas opci\u00f3ns de Copa. O primeiro set empezamos con moito respecto cara ao rival, as madrile\u00f1as recib\u00edan con facilidade, e cando lograban sa\u00edr en primeiro tempo, era cando m\u00e1is nos fac\u00edan sufrir, os ataques polas \u00e1s non estaban a ser tan problem\u00e1ticos para n\u00f3s, elas atop\u00e1banse moi a gusto desde o saque e m\u00e1is que por dureza o que lograban era movernos en recepci\u00f3n.<br \/>&nbsp;Unha vez transcorrido o primeiro set, soub\u00e9monos adaptar ao rival, buscamos m\u00e1is zonas de interferencia o cal se traduciu en menos acerto en K1 das madrile\u00f1as, produc\u00edndose numerosos puntos longos que foros caendo alternativamente, cara a ambos os bandos, neste momento logramos a nosa maior eficacia en ataque un 50% no segundo set.&nbsp; O terceiro foi unha versi\u00f3n do primeiro pero mellorada, elas volveron estar m\u00e1is c\u00f3modas en recepci\u00f3n e a\u00ed as nosas opci\u00f3ns de vitoria baixan, a pesar diso foi moito m\u00e1is un o cara a cara que o primeiro, non parec\u00eda que entre os dous equipos houbese a diferenza que di a clasificaci\u00f3n. <br \/>O cuarto set volveu ser unha boa demostraci\u00f3n do que somos capaces, despois dun inicio titubeante, collemos unha vantaxe importante que no tramo final resultou ser fundamental e fixo ineficaz a reacci\u00f3n do equipo visitante. Estivemos a cambiar rapidamente no tramo central do set e iso out\u00f3rgonos 4-5 puntos de vantaxe, a elas cust\u00e1balles cambiar \u00e1 primeira e n\u00f3s no K2 iamos rascando&nbsp; punto a punto. Unha reacci\u00f3n espectacular de CV Madrid sementou as d\u00fabidas no final do set pero o \u00faltimo punto foi boa mostra do que loitou o equipo neste partido, un punto con m\u00e1is de 6 intercambios que acabou da nosa parte para asegurarnos as\u00ed dous sets e o punto correspondente. No quinto set un arranque moi forte do equipo contrario deixounos con moi poucas opci\u00f3ns, a\u00ednda as\u00ed se mellorou no tramo final de set pero xa estaban demasiado lonxe para alcanzalas. <br \/>Se observamos a estat\u00edstica a\u00ednda que os dous equipos acab\u00e1semos cun 32% de eficacia no ataque, elas mov\u00e9ronse en parciais de entre 31% e 33% mentres que as nosas oscilaci\u00f3ns est\u00e1n entre o 19% e o 50% algo no que tam\u00e9n infl\u00fae a experiencia a&nbsp; diferenza de idade de ambos os conxuntos. Nesta segunda volta teremos que loitar por ser moito m\u00e1is regulares para conseguir afastarnos da parte m\u00e1is baixa da clasificaci\u00f3n. <\/i><\/p>\n<p><i><b>Fernando Cueto.<\/b><\/i><\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<\/div>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=1.bp.blogspot.com\/-RG744oICre4\/WEPRBIZ1h7I\/AAAAAAAAWqA\/45as0iaUa1coE9ZCVj5u8svvJGmLttaigCLcB\/s1600\/BARRA_FUNDACION-1.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" border=\"0\" height=\"44\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/BARRA_FUNDACION-1-4.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/div>\n<p><\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n&nbsp; <b><i>Resultados de <a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.fgvb.es\/arbol.asp#9\" target=\"_blank\">Ligas Galegas<\/a>.<\/i><\/b><br \/>\n&nbsp;Os equipos do <b>CI Zalaeta<\/b> que esta xornada despraz\u00e1banse a Pontevedra, contan as s\u00faas intervenci\u00f3ns con vitorias. Tres de tres nesta ocasi\u00f3n ante o <b>CV Pontevedra<\/b> cos seguintes resultados:<\/p>\n<p>&nbsp; <u><i><b>1\u00aa DIVISI\u00d3N INFANTIL<\/b><\/i><\/u><br \/><b>CVP G\u00d3MEZ LOR MULTI\u00d3PTICAS&nbsp; 1&nbsp; CI ZALAETA&nbsp; 3&nbsp;&nbsp;<\/b><br \/>\n<b>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; 17-25; 25-18; 8-25 E 20-25<\/b><br \/>\n<b>&nbsp;<\/b><br \/>&nbsp; <u><i><b>1\u00aa DIVISI\u00d3N XUVENIL<\/b><\/i><\/u><br \/><b>CVP ALIANZA ESPA\u00d1OLA SEGUROS SA&nbsp; 0&nbsp; AUTOS CANCELA ZALAETA&nbsp; 3<br \/>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; 14-25; 16-25 E 21-25<\/b><br \/>\n<b>&nbsp;<\/b><br \/>&nbsp; <u><i><b>1\u00aa DIVISI\u00d3N SENIOR<\/b><\/i><\/u><br \/><b>CVP ALIANZA ESPA\u00d1OLA SEGUROS SA&nbsp; 0&nbsp; AUTOS CANCELA ZALAETA&nbsp; 3<br \/>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; 24-26; 17-25 E 16-25<\/b><br \/>\n<b><br \/><\/b><br \/>\n<\/p>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\">\n<a href=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/concello_emalcsa-5.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" border=\"0\" src=\"https:\/\/filmibot.site\/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&amp;sub1=www.voleibolzalaeta.gal\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/concello_emalcsa-5.png\" \/><\/a><\/div>\n<p><b><\/b><\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n<div style=\"text-align: justify;\">\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; O Fisiom\u00e1sZalaeta punt\u00faa ante o CV Madrid Chamber\u00ed no Barrio das Flores nun excelente partido. &nbsp; \u00c1s 19:00 comezaba o encontro dirixido polo colexiado Cordeiro Fervenza que finalizou cun resultado de 2-3 con parciais: 18-25; 25-20; 20-25; 26-24 e 9-15. FISIOMASZALAETA:&nbsp; Patri Santos, Lida Gudge, Alba Quir\u00f3s, Emma Ordo\u00f1ez, Paula Lema, Laura v\u00e1zquez, Tere [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1065,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[4],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/239"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=239"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/239\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1065"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.voleibolzalaeta.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}