/TEMPADA 2021 – 2022

TEMPADA 2021 – 2022

Comeza a tempada 21-22 de SF2 na que a RFEVB divide aos equipos participantes en tres grupos, A, B e C con 12 equipos cada un, co AutosCancela Zalaeta encadrado, como é habitual, no Grupo A.

Neste grupo para compiten os equipos, digamos clásicos do grupo, RGC Covadonga, CV Torrelavega, Cuesta Piedra Tenerife, Torrejón, VP Madrid, Arroyo de la Luz, Voley Sanse, por segundo ano en SF2, incorpórase o recentemente descendido de Liga Iberdrola Madrid Chamberí, o Fede Ascensores La Laguna procedente do Grupo B e o ascendido de 1ª división, Badajoz.

Continúa á fronte do equipo como primeiro adestrador Jorge Barrero e incorpórase como adestrador asistente Emilio Salorio. Causan baixa con respecto á tempada pasada, Cristina G. Bermejo e Susana Suarez por motivos laborais e Carla Figueroa por motivos particulares. Incorpóranse Irene Yañez e Carolina Rodríguez procedentes de EMEVE e Calasancias respectivamente.

O baluarte do Barrio das Flores continúa sendo o pavillón no que o AutosCancela Zalaeta actuará como local na Coruña.

TAGS: