/CAMPAÑA DE ABONOS: FAITE SOCI@!

CAMPAÑA DE ABONOS: FAITE SOCI@!

En marcha dende esta semana a campaña de abonos da tempada 2020/2021.

O obxectivo é dobre: por una banda, garantir a seguridade nas gradas e no pavillón nos encontros desta edición da #SF2 marcada polo covid-19. Pola outra, un chamamento a tod@s vós, incondicionais dos sábados no Barrio, a colaborar e apoiar ao voso equipo nestes tempos que nos tocan vivir!

Seguindo as indicacións do protocolo sanitario proposto dende a Federación e a Xunta de Galicia, o aforo agen sbobet do pavillón do Barrio das Flores está limitado e controlado. Polo tanto, para facilitar a xestión e organización do acceso, dende o Clube establecéronse dúas modalidades:

ENTRADA ordinaria, válida só para ese encontro, e de compra o mesmo día no propio pabellón do Barrio das Flores. Prezo: 3€.

ABONO INDIVIDUAL, válido para todos os encontros (10 en total) da tempada 2020/2021. Prezo: 20€.

ABONO FAMILIAR (a partir dun terceiro membro da unidade familiar), válido para todos os encontros (10 en total) da tempada 2020/2021. Prezo: 40€. 

MENORES DE IDADE E XOGADORAS DAS CATEGORÍAS INFERIORES, ENTRADA GRATIS.

**Independentemente de acceder con entrada, abono ou de balde, será necesaria a inscrición previa nunha "listaxe de público" para facilitar os controis de aforo. Agradecementos de antemán!

  Non o dubides: FAITE SOCI@!

  Como consigo o meu abono? En tres sinxelos pasos:
  1. Abona o ingreso [20€/tempada] no seguinte número de conta:

ES23 2100 4610 2022 0004 9850 La Caixa

  1. Envia un correo electrónico a administracion@voleibolzalaeta.gal co xustificante de pago e os seguintes datos:
  • Apelidos e nome
  • Dirección
  • C.P.
  • DNI
  • Teléfono
  • E-mail
  1. Recolle o teu carné no partido deste sábado no Barrio das Flores!


Contacta con nós para máis información:
651 360 683 (Cristina García Bermejo)
contacto@voleibolzalaeta.gal