Primeiro partido da segunda volta de SF2 na que o FisiomásZalaeta descansa, tócalle na primeira xornada igual que na volta anterior, e na que pase o que pase non verá alterada a súa clasificación.
Fin de semana que vén ben para o descanso e continuar co bo nivel de adestramentos, coa vista posta no próximo partido que lle enfrontará a domicilio coa A. D. La Curtidora de Avilés, equipo que lle segue na clasificación e que a bon seguro quererá recortar diferenzas.
Nas Ligas Galegas, partidos o sábado na casa, o equipo infantíl de 1ª Div xogará o derby local co Calasancias no que tratará de sumar na súa cancha. No resto das categorías recibiremos a visita do Xuvenil de Teis contra o que o equipo cadete de 2ª Div loitará por conservar a 2ª posición e meterlle presión ao CV Ourense primeiro clasificado.
Máis complicado preséntase para as xuvenís, en quinta posición enfróntase ao segundo clasificado, nun encontro no que as do Instituto tratarán de facer valer o factor cancha para quedar cos puntos que lles permitan seguir o ronsel do grupo de cabeza.
En 1ª Div senior o Autos Cancela Zalaeta ocupa a 3ª praza, e non debería ver perigar a súa posición, no seu enfrontamento ante o 8º clasificado parte como favorito.

1ª DIV INFANTÍL
10:30 CV ZALAETA Vs CALASANCIAS CORUÑA PAVILLÓN DO INSTITUTO

1ª DIV XUVENIL
12:15 AUTOS CANCELA ZALAETA Vs P.TRES PUERTAS X.TEIS PAVILLÓN DO INSTITUTO
2ª DIV CADETE
16:00 CV ZALAETA Vs XUVENIL TEIS C PAVILLÓN BARRIO DAS FLORES
1ª DIV SENIOR
16:00 AUTOS CANCELA ZALAETA VS SECRETO GALAICO X. TEIS PAVILLÓN BARRIO DAS FLORES