Terceira xornada de SF2 que toca fóra de casa na Habana Vieja ante o CV Torrelavega.
Primeiro desprazamento da tempada para xogar ante un dos equipos máis fortes da categoría, o CV Torrelavega, que ata o momento presenta un balance dun partido gañado e outro perdido, pois a semana pasada encaixou un 3-1 como visitante en Tenerife ante o Cuesta Piedra, outro dos favoritos que conta con importantes reforzos para a actual campaña.
“O Torrelavega, dinos Jorge Barrero, é un dos equipos máis fortes da categoría, aínda que creo que non está ao nivel da tempada pasada con algunha baixa como a da central Aroa, segue sendo un potente conxunto moi difícil de bater a pesar de perder en Tenerife, o que era previsible. Será un partido complicado para o FisiomásZalaeta, teremos que mellorar o rendemento do sábado pasado para ter opcións nunha cancha tan complicada e co desprazamento por medio”.
Coa moral alta despois da vitoria ante La Curtidora, o FisiomásZalaeta viaxa a Torrelavega a xogar un dos partidos máis complicados a comezo de tempada con só un partido xogado, e a pesar de mostrar bo ritmo de competición en diferentes momentos do xogo, ao equipo faille falta mais rodaxe.
O Partido, CV Torrelavega Vs FisiomásZalaeta, sábado ás 18:00 no Municipal La Habana Vieja de Torrelavega.
LIGAS GALEGAS
Os equipos do CV Zalaeta de Liga Galega xogarán o seguintes partidos:
1ª Div Senior: CVP Alianza Española Seguros SA Vs Autos Cancela Zalaeta ás 19:30
1ª Div Xuvenil: CVP Alianza Española Seguros SA Vs Autos Cancela Zalaeta ás 17:30
2ª Div Cadete: CV Pontevedra Vs CV Zalaeta ás 17:30
Sábado 24 non Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra.
1ª Div Infantil: Fisioterapia Cinesia Noia Vs CV Zalaeta ás 12:00
Sábado 24 non Municipal Alonso Rodriguez de Noia.